miércoles, 23 de abril de 2014

3º trimestre curso 2013/2014. Xeografía e Historia. Temporalización.

Comezo o martes 22 de abril do 2014 o 3º trimestre deste curso escolar.
Temas a desenrolar e tratar: Xeografía e Historia de España
Tema 10: Climas e ríos
Tema 11: Prehistoria e Hª Antiga de España: faremos un traballo escrito.
Tema 12: Idade Media e Moderna de España
Tema 13: Idade Contemporánea
Tema 14 e 15: Poboación e sectores económicos de España .Continente europeo e Unión Europea ( proxecto final ).

Temporalización:
Semana do (22 ao 25 de abril) e semana do (28 de abril ao 2 de maio)
-Apuntes e elaboración de mapas físicos de climas e ríos de España.Consulta no blog e na PDI.
-Crear un cuadro das características dos climas de España.
-Seguimento a través da libreta, avaliación da mesma (ata 2 puntos), comprobación do traballo realizado.
-Pasar os apuntes dos ríos e das costas a un mapa mudo.Comprobar a correcta colocación dos datos.
-Proba escrita de 5 cuestións sobre climas e vertientes hidrográficas.Será o 30 de abril.



TEMA  10 

"CLIMAS E RÍOS DE ESPAÑA"

PARTE A: CLIMAS:

Introducción.Vocabulario da unidade.
1.-Definición de clima e tempo. É o tempo atmosférico que predomina nunha zona ao longo de varios anos.
1.1.-Características do clima :
-Temperaturas (Tª media anual, Tª máxima e mínima, diurnas e nocturnas).
-Precipitacións: co pluviómetro (l/m2).
1.2.-Factores do clima:
-A latitude: distancia dun punto da Terra ao ecuador. Tres zonas climáticas: cálida, temperada, fría.
-A altitude: distancia vertical dun punto sobre o nivel do mar.
-A distancia ao mar: suaviza as temperaturas (tarda máis tempo en arrefriar e quecer ca terra)
-O relevo: nas zonas montañas chove máis (chocan as nubes coas montañas)
1.3.- Factores do clima en España:
-Ten diferentes latitudes.Zona temperada e zona cálida
-O relevo de España: ten diferenzas de altitude.
-A distancia ao mar: ten zonas de costa e interior.
A influencia destes factores provoca a existencia de varios climas en España.na maioría do territorio existe o clima mediterráneo, no norte, é oceánico, nas zonas elevadas, de montaña, e en Canarias, subtropical.

2.-Tipos de climas:Variedades. Dominios dos climas de España (localización):
-Oceánico: no norte e noroeste (mar Cantábrico e do océano Atlántico). Temperaturas suaves (mar), baixan en inverno. Precipitacións frecuentes todo o ano.


-Mediterráneo (típico, continental e seco):

*Mediterráneo Típico:na costa do mediterráneo, Estremadura, Andalucia occidental
Temperaturas suaves en inverno e altas altas no verán. Chuvias escasas sobre todo no verán e no outono só,torrencialmente. 

*Mediterráneo de interior ou continental: Na Meseta, depresión do Ebro, interior de Cataluña, noroeste de Andalucía.
Temperaturas altas no verán e baixas no inverno (ex: en Madrid).Chuvias escasas, máis frecuentes na primavera e outono.Inverno pode nevar.

*Mediterráneo Seco: sudeste da Península.Temperaturas suaves no inverno e altas no verán.Precipitacións moi escasas. (ex: Almería (os westerns, acordádevos??)


-De montaña:a partir dos 1500 mts.temperaturas frescas no verán, e moi baixas en inverno (neve).

-Subtropical.Nas illas Canarias.temperaturas suaves todo o ano, chuvias escasas (nos cumios e norte dalgunhas illas poden ser abundantes.)




PARTE B: RIOS

RÍOS DE ESPAÑA

0.-Definición. Características:

Río: son correntes continuas de auga que desembocan no mar, lago ou noutro río.
Curso: Percorrido dun río.. Leito:zona por onde discorren as augas.Divídese en partes: curso alto, medio e curso baixo.
Caudal:é a cantidade de auga que transporta o río.
-Réxime: é a variación da cantidade de auga ao longo do ano. 
-A disminución do caudal no verán chámase estiaxe.
Vertente: superficie de terreo polo cal discorren os ríos que van a desembocar ao mesmo mar.

 

Vertentes:

1.-Vertente Cantábrica: os ríos son curtos e caudalosos, de réxime regular, xa que están proximas as montañas ao mar e o  clima da zona é Oceánico (precipitacións frecuentes).
Ríos: Eo, Navia, Nalón (Asturias), Pas (Cantabria), Nervión, Bidasoa (P.Vasco)(6)


2.-Vertente Atlántica é a máis extensa.Por tanto ten diferentes características (De Galicia a Andalucía Occidental (Huelva-Sevilla-Cádiz)).
Galicia:
2.1.-Ríos galegos: curtos e caudalosos. ( Clima Oceánico ).Exs: Miño, Sil, Ulla, Tambre, Sar, Eume, Mandeo,Avia, Limia..

2.2.-Ríos da Meseta: réxime ou caudal irregular, en verán sofren estiaxe.
*Douro: (afluentes: Pisuerga, Esla, Tormes..) desemboca en Oporto (Portugal).
*Texo: é o río máis longo da Península. Nace na Sª Albarracín e desemboca en Lisboa (Portugal).Afluentes: Xarama, Guadarrama..
*Guadiana :
2.3.-Ríos de Andalucía occidental: a maioría son curtos, e de réxime irregular e sofren longas estiaxes.
*Guadalquivir (é longo),outros ríos: Xenil, Guadalete, Guadalimar, Tinto,,


3.-Vertente Mediterránea:réxime ou caudal irregular (polo clima mediterráneo)e estiaxe en verán.Inundacións ou crecidas bruscas, en outono.
Ríos: Ebro (é o máis caudaloso e longo de España). Afluentes: Segre, Cinca, Gállego, Aragón..
Ter, Llobregat (Cataluña). O Xúcar, Turia e Segura (C.Valenciana). Guadalhorce (Andalucía).


Nalgunhas zonas do clima mediterráneo y subtropical, en que as precipitacións son irregulares provocan leitos con auga intermitente chamados torrentes, corgas ou barrancos.Por exemplo nas illas e no suroeste da Península.
-Torrentes das Baleares: (Na Borges, Muro)
-Barrancos de Canarias. Taburiente (na Palma), Masca (Tenerife), La Aldea (Gran Canaria).
-Corgas na costa mediterránea: como as de Nogalte en Murcia, La Colaita en Valencia...


No hay comentarios:

Publicar un comentario