jueves, 29 de marzo de 2012

Mapa conceptual sobre hidrografía (os rios de España)

Aqui tedes o esquema conceptual dos rios para ler e ter presente.
A volta de vacacións explicareivos este tema, pero si tedes tempo podedes botarlle unha ollada.
Con esta parte do tema 10, faremos un xogo-concurso na clase e non teremos proba escrita.
Hidrografía de España

Proxecto: Climas tema 10:

Nesta semana do 26 ao 30 de marzo estamos a estudar e introducirase no tema dos climas de España e a hidrografía.
Debido a semana-xornadas "Ti podes, eles poden"( de sensibilización sobre a discapacidade), non tivemos clase de coñecemento martes e mércores,(e xunto a folga xeral de hoxe) por tanto debemos tratar este tema cun proxecto e empregando este blog e os enlaces correspondentes que vos deixo aqui publicados nas entradas dende o luns 26.

O proxecto (para facer na libreta ou en 2 folios, máximo) consiste en:
1.-Elaborar (de xeito moi curto) as definicións da páxinas 128/129 (rios de España)(Ollade esquema do enlace).Sería bo facer un similar ao do enlace!! ou copiadeo.

2.-Collede un mapa do tempo dun xornal e contade en poucas líneas cal é o tempo dese día ou semana en España.Por exemplo interpretación por comunidades: nuboso, soleado,precipitacións, temperaturas....

3.-Elaborar un mapa (con letra,colorea as vertentes cos seus respectivos ríos)dos ríos de España (ver os apuntes que vos pusen de ríos).Por exemplo:( ríos da mesma vertente co mesmo color como está no mapa do libro ou do enlace de hidrografía)


Para entregar, ver, revisar, evaluar (os máis perezosos) na semana do 9 ao 13 de abril.

Mañan venres, 30 de marzo, comentareino e aclararei dudas sobre este proxecto.
E publicarei algunhas pautas o indicacións si tedes algún problema para facelo.
Podedes preguntarme por correo. tito.info6@yahoo.es, ou a volta de vacacións de Semana Santa, xa que a data tope é o venres 13 de abril.

Que teñades unhas boas vacacións e a descansar!!que queda o derradeiro trimestre e algúns tedes que apretar para conseguir chegar a porto todos xuntos!!

lunes, 26 de marzo de 2012

Páxina para estudar e interpretar os climas

Neste enlace de educaplus sobre o clima Tic, podemos estudar os climas, interpretar e ver climogramas de toda Europa.
Moi interesante e práctico, serve para comprender doutro xeito este tema, dende o clima, interpretación, tempo,medicións, factores, atmósfera, elementos do clima, xogos etc..
Climogramas: Clima TIC

Outro páxina tamén sinxela e práctica: pincha neste enlace:
Coñecemento: climas.Tema 10

Tareas semana do 26 ao 30 de marzo.Tema 10

Esta semana continuamos co tema 10 : Climas e rios de España para rematar xa o 2º trimestre.
Non faremos proba escrita, ou exame.
Trateremos este tema dun xeito práctico, como interpretar un climograma, mapas sobre os climas de España, elaboración de esquemas, mapas e climogramas e interpretación de mapas do tempo, isobaras,estadísticas ben  a través da prensa , informativos e aplicacións, efecto invernadeiro, quecemento global (sensibilización medioambiental)....

A actividade de hoxe era nombrar, citar: o relevo e accidentes nun viaxe dende Santiago-Xixón-Bilbao-Zaragoza-Barcelona-Madrid-Santiago. E nunha viaxe Santiago-Fuente Dé.Saber localizar o relevo, golfos, cabos, depresións, serras, sistemas e orientalos segundo sexa a direccion e sentido da viaxe en coche.
Estos días correxiremos as posibles rutas e o que nos podemos atopar na viaxe.

Maña martes 27 e mércores 28, faremos un resumo-esquema sobre o clima, características e interpretación dun climograma comparando o de varias cidades de España, e elaboración dun mapa con colores dos climas de España.Para mañan non hai actividades para casa!!.
Teremos tamén mañan as 10 h a presentación das Xornadas Ti podes eles poden do departamento de orientación.     

domingo, 18 de marzo de 2012

Apuntes para a 2ª proba do tema 9 "O relevo de España" .

Faremos a 2º proba e derradeira deste 2º trimestre o mércores 21 de marzo ou o xoves 22 (na hora de titoria). Xa falaremos o martes 20, xa que veredes que probas tedes eses días, e buscaremos (democráticamente) o oco mellor, para realizar esta proba.
Ademáis recórdovos que tedes ata o 28 de marzo para presentar a maqueta (proxecto) do relevo (plastilina,cartón pedra, ieso...) .

Finalmente a 2ª PROBA será o xoves 22, ás 12:00 h.

Esta proba terá o seguintes contidos:
-Montañas, serras, cordilleiras e picos do libro e apuntes que tamén publico aqui.
-Costas: Golfos,cabos,deltas,baias....

Non entran nesta parte!!:
-Depresións e vales:
-Illas:




APUNTES:
Relevo::
1.- A Meseta: divida en: Submeseta norte e sur polo Sistema Central.
     1.1.- No interior da Meseta atópase o: -Sistema Central coas (Serra de Béjar e de Gata, Sª Gredos (Pico Almanzor), Sª Guadarrama (Peñalara) e Sª de Somosierra, Sª de Ayllón).
-Montes de Toledo: Sª de Guadalupe, Sª de Montánchez.

2.-Cordilleiras que rodean a Meseta:

    2.1.- Montes de León: Pico Teleno
    2.2.- C.Cantábrica: (Picos de Europa), Naranco de Bulnes e Peña Torrecerredo.
    2.3.- Sistema Ibérico: Picos de Urbión, Sª Demanda, Pico Moncayo, Sª Albarracín, Sª Maestrazgo.
    2.4.- Serra Morena: Sª de Aracena, Porto de Despeñaperros.

3.-Cordilleiras exteriores a Meseta:

    3.1.- Macizo Galaico: Cabeza Manzaneda, Pena Trevinca, Os Ancares, O Courel
    3.2.- Montes Vascos: Pico Aitzgorri, Sª Aralar, Aitxuri
    3.3.- Pirineos: Monte Perdido, Aneto.
    3.4.- C.Costeiro Catalá: Sª Montserrat e Sª Montseny.
    3.5.- Sistemas Béticos: Subético ( Sª Cazorla,Sª de La Sagra ) e Penibético (Sª Nevada, Mulhacén, Sª de Ronda)

4.-Depresións:
    4.1.- Guadalquivir
    4.2.- Ebro
    Outras: Douro, Texo, Guadiana

5.- Illas:
    5.1.- Canarias: Lanzarote, Fuerteventura,El Hierro, La Gomera, Las Palmas, La Palma, Tenerife (Teide).
    5.2.- Baleares: Mallorca (Sª Tramontana), Menorca, Eivisa, Formentera, Cabrera
    5.3.- Outras: Cies, Ons, Tabarca (Alicante),

6.-Costas:

   6.1.- Costa Cantábrica: Dende Estaca de Bares, Cabo Ortegal, Cabo de Peñas, Cabo de Ajo, C. de Matxitxaco, Ría de Bilbao, Baia de S.Sebastián, Golfo de Biscaia.
   6.2.-Costa Atlántica: 
      6.2.1.-Costa Atlántica Galega : (Dende Estaca de Bares á Desembocadura río Miño, Rías Altas e Rías Baixas).Ría Noia, Arousa, Vigo.Cabo Fisterra,
      6.2.2.-Costa Atlántica Andaluza: Cabo de Trafalgar,Golfo e baia de Cádiz, Estreito de Xibraltar e Punta Tarifa.
   6.3.- Costa Mediterránea: Cabo da Gata, Palos e Nao, A Manga do Mar Menor, Albufeira de Valencia, Golfo de Valencia, Delta do Ebro, Cabo Creus e Golfo de Roses.

jueves, 15 de marzo de 2012

Máis recursos para a xeografía de España

Mapas interactivos físicos (relevo, rios, costas...) e político (provincias, comunidades etc..).
Están en castelán e son moi interesantes.Podes aproveitalos para cursos superiores.
Como xa falamos moitas veces debemos saber buscar, seleccionar e facer una lectura comprensiva e crítica da información, grazas o emprego das TICs (técnicas da información e comunicación social)

1.- Mapa físico e político de España

2.- Mapa de provincias

miércoles, 14 de marzo de 2012

Mapas interactivos

A ver si por fin nesta páxina podemos consultar este tipo de mapas moi válidos para estudar a xeografía.!!
 http://www.luventicus.org/mapas/espana.html

Curiosidades do relevo

Aqui vos deixo un enlace para ver o relevo oceánico, quere dicir o relevo dos fondos marinos, que coma xa falamos algunha no fondo mariño existen tamén montañas por onde saen ou se producen algúns tipo de volcáns, coma o caso do rift do atlántico.
Fondo mariño: relevo  

domingo, 11 de marzo de 2012

O relevo de España a través dun video

Ollade este animación flash do relevo que vos pode axudar a estudar este tema e a empregar as TICS e a exercitar a memoria visual!!!.

Recursos dixitais do relevo de España




Apuntes:sobre o relevo
Apuntes do relevo 6º

Titoria: Recursos para as diferentes áreas de 6º

Este blog é unha ferramenta moi útil para empregar recursos para sesións ou para a pizarra dixital.
Deixovos aqui o enlace e podedes observar que ten infinidad de material interesantísimo para todos: nos, nenos, pais e nais, etc...
Ollando o blog nas diferentes etiquetas; por ciclos,áreas, programacións, recursos etc.Fai click en algún e descubriredes eses recursos que poden ser válidos para as nosas clases.
Hai vai:
Blog de recursos e máis

Xogo sobre o relevo

Aqui tedes outro xogo interactivo para estudar o relevo de España: ao abrir este enlace, pinchade anaixo a dereita onde pon mais mapas e vos redireciona á páxina principal onde atoparedes máis mapas que vos poden facer falla noutro momento o noutros cursos. É moi interesante e diferente para estudar, aproveitadea!!!!!

Xogo sobre o relevo

Proba Tema 9

Esta semana teremos a 1ª proba do tema 9.
Será o mércores 14 de marzo ás 9:30 horas.
Os contidos que entran nesta proba son: provincias e comunidades de España, e cadeas montañosas de España.
Tedes feito os mapas mudos sobre esta parte que fixemos a semana pasada e os apuntes do mércores 7 e venres 9 sobre o relevo.
Recórdovos a estructura dos apuntes das unidades do relevo:
-Meseta (submeseta norte e sur, separadas polo Sistema Central).
-Cordilleiras que rodean a Meseta: (Montes de León, C.Cantábrica, Sistema Ibérico,Serra Morena, Montes de Toledo):
-Cordilleiras exteriores a Meseta: Macizo Galaico, Mtes Vascos, Pirineos,C.Costeiro-Catalanas,
Sistema Bético: Subético e Penibético.

-Illas: Canarias (Teide) e Baleares (Serra da Tramontana)

TEMA 9 O relevo de España

Hol@ chicos
Estamos nestas datas co tema 9 ,trata do relevo de España: montañas, serras, cordilleiras, picos, depresións, costas, illas, mares,,,,etc
Como introducción fixemos un repaso a semana pasada sobre as comunidades e provincias.
Completamos dous mapas mudos, e un sobre o relevo do cuaderno de mapas do libro.

Deixovos aqui un puzzle interactivo, para practicar e memorizar as provincias e comunidades de España.
Mapa de provincias