jueves, 26 de enero de 2012

Control Tema 6 " A enerxía "

Para os que leedes o blog:
Por mor dos ensaios do día da PAZ, vaise producir o cambio de data do control do tema 6. Ía ser mañan venres ás 9:30, e pasa para o luns ás 9:30 h.
De tódolos xeitos mañan comunicareino o entrar para o resto, xa que temos o ensaio da Paz a esa hora e foi decidido polo claustro agora pola tarde.

O martes 31 comezamos o tema 7: " A electricidade e magnetismo". Introducción.
Lectura comprensiva e posta en común das páxinas 84, 85, 86, 87. E faremos dúas actividades da páx.: 87

miércoles, 25 de enero de 2012

Tema 6: Como funciona unha central hidroeléctrica

Este video nos mostra o funcionamento dun central hidroeléctrica para obter enerxía eléctrica a partir da transformación da enerxía cinética (do movemento da auga sobre as turbinas) en enerxía eléctrica.
É do Perú.

lunes, 23 de enero de 2012

Tareas semana 23 ao 27 de xaneiro.Tema 6: A enerxía"

Estas serán as tareas da semana que comeza mañan: luns 23 ata o venres 27.
Luns 23:
-Finalizan a exposición do tema 5, os 2 grupos que faltan.
-Revisión de libretas aos que se esqueceron ou non tiñan feitas as tareas ata o venres pasado: actividades, reflexión e apuntes.Cada un xa sabe o que fixo!!.
-Corrección de actividades páx. 81, (6,7,8) que eran para facer no fin de semana.
-Lectura e comprensión sobre a producción da electricidade, central térmicas, hidroeléctricas,e usos da enerxía,páxinas (76,77,78,79).
-Exercicios páxina 77, (1, 2 e 3).
Martes 24:
-Lectura e comprensión literal, interpretativa e crítica das páxinas 82 e 83. Pon a proba a túas competencias: "a factura da luz", "a electricidade esgótase". Debate, e solucións de forma oral.
-Copia dos 3 recadros da páxina 80, Aprende a aprender.
-Exercicios páxina 81, (9,10,11, e 13).
Mércores 25:
-Repaso: corrección, revisión libretas, apuntes.
-Videos: Central térmica, hidroeléctrica,biomasa,c.nuclear,o petróleo e enerxías renovables.
Venres 27:
-Proba ou control tema 6. Haberá unha pregunta sobre os videos que consistirá nun reflexión, crítica ou comprensión sobre o que viron.Valórase a capacidade de síntesis e comprensión.

domingo, 22 de enero de 2012

Tema 6: Reflexión: "o sol fonte de enerxía vital"

O sol é a nosa principal fonte de enerxía e intervén en multitude de procesos do noso redor.
O sol é a orixe das demáis fontes de enerxía.

Por tanto: " Como cres que inflúe o sol na enerxía que proporcionan os alimentos?"
Por exemplo os vexetais, que nos serven de alimento, crecen grazas á actividade fotosintética que usa a enerxía da luz do sol (fotosintesis).Os animais que, á súa vez, se alimentan das plantas.Ademáis, todos os animais respiaran o osíxeno producido polos vexetais grazas á actividade fotosintética que utiliza a enerxía da luz do sol.
O sol fai que se evapore a augua,e se produza a condensación nas nubes, participando no ciclo da auga tamén....etc...

miércoles, 18 de enero de 2012

Video sobre unha central térmica: As Pontes


Neste video pódese ver o funcionamento dunha central térmica (neste caso dunha mina de carbón),é a da As Pontes de García Rodriguez na provincia de A Coruña, e pertence o grupo Endesa. 

lunes, 16 de enero de 2012

Tema 6 " A enerxía ao noso redor " Apuntes

Neste tema imos a tratar sobre que é a enerxía,manifestacións,transformacións, propiedades,tipos, e fontes de obtención.Estudamos a electricidade,os problemas do uso da enerxía, beneficios,solucións, e lembramos que debemos aforrar a enerxía, reducindo,reciclando,reutilizando e sendo sensibles co medio ambiente.Responsabilidade,valoración crítica,actitudes formarán parte da nosa toma de conciencia dos impactos ambientais.

1.-¿Que é a enerxía?Que entendemos por elo?
A enerxía é unha propiedade asociada aos obxectos e substancias e maniféstase nas transformacións que acontecen na natureza. Por tanto podemos dicir que é a capacidade que teñen os corpos de producir cambios ao seu redor.


Unha forma de enerxía pode transformarse noutras formas distintas de enerxía

A enerxía maniféstase nos cambios físicos, por exemplo, ao elevar un obxecto, transportalo, deformalo ou quentalo.

A enerxía está presente tamén nos cambios químicos, como ao queimar un anaco de madeira ou na descomposición de auga mediante a corrente eléctrica.

A enerxía é unha magnitude cuxa unidade de medida no Sistema Internacional é o xullo (J)

 A Enerxía pode manifestarse de diferentes maneiras (hai varias formas de enerxía): en forma de movemento (cinética), de posición (potencial), de calor, de electricidade, de radiacións electromagnéticas, etc. Segundo sexa o proceso, a enerxía denomínase: 
-mecánica ou cinética,
-luminosa,
-nuclear,
-química,
-sonora,
-eléctrica,
-térmica ou calorífica.

 A Enerxía térmica débese ao movemento das partículas que constitúen a materia. Un corpo a baixa temperatura terá menos enerxía térmica que outro que estea a maior temperatura.

 A transferencia de enerxía térmica dun corpo a outro debido a unha diferenza de temperatura denomínase calor.

 A Enerxía eléctrica é causada polo movemento das cargas eléctricas no interior dos materiais condutores. Esta enerxía produce, fundamentalmente, 3 efectos: luminoso, térmico e magnético. Ej.: A transportada pola corrente eléctrica nas nosas casas e que se manifesta ao acender unha lámpada.
É unha das formas de enerxía máis empregadas na vida cotiá.

Para saber máis!!!.
A materia está formada por átomos, que son partículas moi pequenas, invisibles para nós. Os átomos están formados por un núcleo central e unha corteza externa. No núcleo hai dous tipos de partículas: protóns (carga positiva) e neutróns (sen carga), mentras que, na corteza hai electróns (carga negativa) que xiran ao redor do núcleo.



O Principio de conservación da enerxía indica que a enerxía non se crea nin se destrúe; só se transforma dunhas formas noutras. Nestas transformacións, a enerxía total permanece constante; é dicir, a enerxía total é a mesma antes e despois de cada transformación.

Unhas formas de enerxía poden transformarse noutras. Nestas transformacións a enerxía degrádase, perde calidade. En toda transformación, parte da enerxía convértese en calor ou enerxía calirífica.
Calquera tipo de enerxía pode transformarse integramente en calor; pero, este non pode transformarse integramente noutro tipo de enerxía. Dise, entón, que a calor é unha forma degradada de enerxía. Son exemplos:

A enerxía eléctrica, ao pasar por unha resistencia.
A enerxía química, na combustión dalgunhas substancias.
A enerxía mecánica, por choque ou rozamento.

Defínese, polo tanto, o Rendemento como a relación (en % por cento) entre a enerxía útil obtida e a enerxía achegada nunha transformación.


APUNTES!!!!


As Fontes de enerxía son os recursos existentes na natureza dos que a humanidade pode obter enerxía utilizable nas súas actividades.

A orixe de case todas as fontes de enerxía é o Sol, que "recarga os depósitos de enerxía". As fontes de enerxía clasifícanse en dous grandes grupos: renovables e non renovables; segundo sexan recursos "ilimitados" ou "limitados".




As Fontes de enerxía renovables son aquelas que, tras ser utilizadas, se poden rexenerar de xeito natural ou artificial. Algunhas destas fontes renovables están sometidas a ciclos que se manteñen de forma máis ou menos constante na natureza.
Existen varias fontes de enerxía renovables, como son:

Enerxía mareomotora (mareas)
Enerxía hidráulica (encoros)
Enerxía eólica (vento)
Enerxía solar (Sol)
Enerxía da biomasa (vexetación).


 As Fontes de enerxía non renovables son aquelas que se encontran de forma limitada no planeta e cuxa velocidade de consumo é maior que a da súa rexeneración. 
Existen varias fontes de enerxía non renovables, como son:

Os combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural)
A enerxía nuclear (fisión e fusión nuclear)


2.-Fontes de enerxía máis empregadas:
1.-Os combustibles: ao queimalos transfórmanse a enerxía química en enerxía térmica.Os máis frecuentes son:
-O carbón: das minas, para electricidade e para obter calefacción.
-O gas natural: atópase en depósitos subterráneos, extráese mediante pozos e lévase por tubos.Para calefación, auga quente..
-O petróleo: extráese mediante pozos, distribúese en barrís.Obtense gasóleo,gasolina e outros derivados.
2.-A auga: a enerxía cinética dos saltos de auga dos encoros para producir electricidade.
3.-O vento: tamén nos parques eólicos aproveitase a enerxía cinética do vento en movemento para obter electricidade.
4.-O uranio e o plutonio: son materiais radioactivos para producir enerxía térmica nas centrais nucleares. 


Outras fontesmenos utilizadas: (ver os videos)
-O sol: xenera enerxía térmica e luminosa mediante as placas solares transformase en enerxía eléctrica.
-A biomasa: procede dos residuos orgánicos, transfórmase en enerxía térmica mediante combustión.
-Rochas e augas de zonas volcánicas:conteñen gran cantidade de enerxía térmica que se transforma en enerxía eléctrica.
-Ondada e mareas: posúen enerxía cinética que se aproveita para obter enerxía eléctrica.

3.-A producción de electricidade:
A electricidade é unha forma de enerxía que non se obten directamente da natureza.Prodúcese nas centrais eléctricas a partir de distintas fontes de enerxía.
Clasificación segundo a fonte de enerxía que utilizan, as centrais eléctricas poden ser:
a).-Centrais hidroeléctricas: as máis comúns.Utilizan a enerxía dos saltos de auga,encoros,a auga cae con forza por uns tubos a gran presión nas turbinas, que xiran (hélices) que producen enerxía eléctrica
b).-Centrais térmicas:queiman combustibles,carbón,petróleo..Coa enerxía térmica da combustión quéntase auga que se transforma en vapor, e este move unha turbina que xira e produce electricidade.
c).-Centrais nucleares:parecida a anterior pero os combustible son o uranio e o plutonio.
d).-Centrais solares:a enerxía do sol en electricidade grazas os dispositivos chamados placas fotovoltaicas.
e).-Parques eólicos:usan a enerxía cinética (do movemento) do vento.Move as aspas dos muiños chamados aeroxeradores,o movemento transmítese a un xerador que produce electricidade.


4.-Usos da enerxía:
Problemas que ocasiona o uso da enerxía e a súa produción son variados, entre eles temos:
-Cambios na paisaxe: construcción de encoros,alagáronse vales,poboados,campos de cultivo...
-Efectos negativos sobre os seres vivos: migración de peixes nos encoros, o perigo para as aves dos tendidos eléctricos...
-Contaminación: a queima de combustibles polos medios de transporte ou nas centrais térmicas producen gases, feluxe que ensucian o aire.Aumento do dióxido de carbono no atmósfera,que contribúe o quecemento global do planeta (efecto invernadoiro).Outras particulas unense co vapor de auga provocando a chuvia ácida.
Os residuos das centrais nucleares tamén son perigosos, xa que contaminan o medio ambiente.
-Esgotamento das fontes de enerxía non renovables.Os combustibles non se renovan e por tanto poden esgotarse co tempo.

5.-Usos adecuados da enerxía!!!
Gran parte da enerxía que consumimos procede de fontes non renovables.É moi importante fomentar o aforro de enerxía para reducir as necesidades de produción e a contaminación ambiental.
Podemos facer para aforrar enerxía:
-Apagar as luces cando non se necesitan,e aproveitar a luz natural do día.
-Utilizar o transporte público,bicicleta,camiñar....
-Apagar a calefacción ou o aire acondicionado cando a temperatura sexa adecuada.Illar as vivendas da calor en verán e do frio en inverno,ventanas,portas..
-Evitar abrir continuamente o frigorífico, deixar correr a auga no aseo, ducha, cisterna...

Os tres R axudanos a aforrar enerxía:
Reducir (gastar so o necesario)ex:bolsas do super!!.
Reutilizar (volver a utilizar algo para outro fin distinto do orixinal) ex: follas, para debuxar!!
Reciclar: (volver a utilizar o material co que está feito un obxecto pra fabricar un novo).Ex: vidro, para novas botellas...


Tareas: Semana do 16 ao 20 de xaneiro 2012

Esta semana estamos a rematar os proxectos do tema 5. A partires de hoxe e mañá martes 17, comezaremos as exposicións.
Apuntes: son os primeiros deste Tema 6
Hoxe luns 16 fixemos o resumo das páx. 71 e 72 no encerado.Deberedes ter a información na libreta neste orde: que hai que facer?
- 1º copiar recadro amarelo da enerxía.
- 2º resumo-esquema do encerado.
- 3º copiar o segundo e terceriro recadro das pax. 71 e 72. Transformación e electricidade.
Actividades: páx 73 (1,2), páxina 81 (2,3,4,5). Eran para hoxe luns 16, maña martes comezaremos a correxilas.
Esta semana seguimos co tema 6 "A enerxía", onde veremos algún video sobre tipos de enerxía, a súa transformación, usos, e enerxías renovables. Exemplo de unha central hidroeléctrica, biomasa, solar, e eólica.

miércoles, 11 de enero de 2012

2º TRIMESTRE 2012. PROGRAMACIÓN

O 2º trimestre que comezou o luns 9 de xaneiro, e remata a finais de marzo, na área de Coñecemento do Medio abarca os temas 6,7,8,9, e 10.

A secuenciación e temporalización, así coma algunhas tareas, será a seguinte máis ou menos:

Xaneiro: temas 6 ( "A enerxía") e tema 7. Control só do tema 6.
Tareas: semana do 9 ao 13: Elaboración do proxecto (en grupos de cores) do tema 5 (O corazón, o sangue, doazóns-trasplantes,e a circulación sanguinea). Exposición o luns 16.
Control tema 5: para aqueles que ainda non o fixeron, xoves 12.

Febreiro: Temas 8 e 9. Control do tema 7 e 8.

Marzo: Temas 9 e 10. Control tema 9 e 10.