martes, 29 de mayo de 2012

Proba 12 e tarefa complementaria


Rapaces recordo o dito na aula esta maña!!!
Hoxe, despois de entregar os resultados da proba do tema 12, e vendo os resultados obtidos decidin:
mandarlle o exame a todos para casa e completar na libreta as preguntas que non tiveran ben contestadas para reforzar os aprendizaxes e a memoria (V menos,B baixo, R..etc..).Xa o comentei na clase!!.
Devolverán e recollerei a tarefa proposta este venres 1 de xuño. Deben facelo na libreta e vir firmada co visto do pai ou nai.É puntuable e forma parte do reforzo para algúns que obtiveron un resultado negativo.
Formará parte por tanto, da calificación deste 3º trimestre!!!.
Quedan exentos de facer esta tarefa aqueles que obtiveran un B en todas as respostas.
Mañan (polas probas deportivas) e xoves non temos coñecemento e tedes tempo de sobra a facelo!!.

jueves, 24 de mayo de 2012

Video sobre Goya

Neste video narrase a vida e obra do artista Francisco de Goya, que vive a entre o s.XVIII e XIX.





Apuntes da Idade Moderna en España

1.-Idade Moderna en Europa:
    Esta época abarca dende 1492, co descubrimento de América por Cristóbal Colón, ata a Revolución Francesa en 1789. (s.XV a finais do s.XVIII).

Video do descubrimento de América por Cristobal Colón




Portugal estaba a vivir unha febre expansiva polo Atlántico, polas costas africanas,Azores, Madeira,Guinea,Sahara ata chegar as Indias dobrando o cabo de Buena Esperanza (navegantes coma Bartolomé Díaz,Vasco de Gama..).Máis tarde Brasil.
Cos Reis Católicos un mariñeiro chamado Colón consegue chegar a illa de San Salvador (A Española) no Caribe o 12 de outubro con tres carabelas (A Pinta, A Niña, e a Sta.María, sairon de Palos Huelva o 3 de agosto). Pensaron que chegaran as Indias, e realmente atoparon outro continente: América.
A partires deste momento (sobre todo Castela) comeza a colonización de América dende comezos do s.XVI: Cuba,Porto Rico,Florida, México, Perú...etc.... (exploradores e conquistadores: Vasco Nuñez, Hernán Cortés, Pizarro, Magallanes, Juan Sebastián Elcano..).
En 50 anos ( mediados do s.XVI ) explorouse e conquistouse prácticamente todo o continente americano, fundando cidades e organizando un imperio. A finais deste século, atravesouse o Pacífico ata chegar a Asia,Filipinas...
No século XVII,holandeses,ingleses, franceses asentáronse en Norteamérica e no Caribe.

De América se repartían as terras, esclavos, indios aos conquistadores.Creaouse un comercio de enormes cantidades de: sucre,coiros,patatas,ouro,prata,esmeraladas,mercurio,tomate,millo,tabaco,...e levouse para América: cabalos,vacas,ovellas,ferro,cereais...).

Houbo por tanto en Europa nesta época:
-Descubrimentos xeográficos: Asia,Africa,América por parte de Inglaterra,Portugal e Castela-Aragón.
-Desenvolvemento por tanto do comercio e das cidades: novas rutas comerciais.
-Avances tecnolóxicos: brúxula,astrolabio,carabelas,imprenta.....
-Aparición das monarquías absolutas,aumento do poder da nobreza-aristocracia.
-Xurden novas correntes relixiosas: católicos,protestantes (Lutero),anglicanos,..
-O arte recibe o nome de Renacemento (volta a cultura clásica de Grecia e Roma).En España chamase tamén Plateresco ex: en Salamanca, Alcázar de Toledo, S.Lorenzo do Escorial en Madrid...Artistas coma: O Greco,Velázquez,Cervantes, Lope de Vega, Calderón da Barca..

2.-A Idade Moderna en España:
Comeza co reinado (unión Castela e Aragón) dos Reis Católicos (Isabel e Fernando)).Que unifica a Península e os reinos cristiáns, coa expulsión do reino musulmán de Granada.
Sucedelle o seu neto Carlos I da Casa dos Austrias (Maiores) (V de Alemaña) en 1516.Gobernará parte de Europa,Italia,América..).

Carlos I: O Imperio Español



Seguiulle o seu fillo Filipe II, que continuou coa política expansionista polo mundo formando o gran Imperio Español.Foi a etapa da maior hexemonía española e conquista de Portugal (1580).Dura pugna cos turcos (batalla de Lepanto, onde participou Cervantes) e Inglaterra (coa derrota da Armada Invencible en 1588).
Despois Filipe III,IV (dende 1598-1621e 1621 a 1665).
Dende 1665 ata 1700 Carlos II, que morre sen descendencia e prodúcese a Guerra de Sucesión polo trono, que pasaría a Casa dos Borbón (da Francia de Luís XIV ) con Filipe de Anjou (Filipe V) e despois outros reis: Fernando VI,Carlos III, Carlos IV,Fernando VII,.....(dende 1700-1808 Os Borbóns).
En 1704 perdese Xibraltar cos ingleses, e territorios en Italia, Paises Baixos,(Paz de Utrech),América
..pasará a gobernar G.Bretaña no panorama mundial.




Este período S.XVII e XVIII foi:

S.XVII:
-Unha etapa de crise en España polas longas,custosas guerras e batallas en diferentes frentes.
-Diminuiu a poboación coas guerras, fame,pestes,epidemias,colleitas...
-Graves rebelións políticas: Independencia de Portugal en 1640, con Cataluña,..

-A pesar da crise a nivel cultural e artístico España viviu unha época dorada culturalmente, chamada o Século de Ouro (no s.XVII) con grandes pintores:Velázquez,Zurbarán, Murillo,O Greco,Ribera.... e en literatura: Cervantes,Góngora,Quevedo,Garcilaso da Vega, Calderón de la Barca, Tirso de Molina.. É o período de desmesura, confusión,dinamismo, exaltación todo o contrario ao clásico, chamase esta expresión artistica: O Barroco: é o arte da poderosa nobreza, aristocracia da Contrarreforma, dos católicos xa que España defendeu estas ideas coas armas derramando sangue nos campos de batalla do continente.
S.XVIII
-En 1700 a guerra de Sucesión tras morrer Carlos II sen descendencia.Houbo grandes reformas, leis novas, creación das Reais Academias,Fábricas..
-Reformismo e recuperación económico e social   no s.XVIII. É o momento da Ilustración, dos intelectuais,do novos pensamentos,avances nas ciencias,reais academias,pulo cultural,nace a Real Academia Española, periódicos,estudos,sociedades, o arte Rococo (final do Barroco) e o Neoclásico.....


Guerra de Sucesión: recreada en video moi cortiño!!







O artista por excelencia desta etapa, do S.XVIII-XIX é o pintor: Goya (1746-1828): Que reflexa a época e o arte destes séculos de xeito maxistral.En tapices, retratos,grabados,comics, pinturas negras, tauromaquia, obras coma "Fusilamentos do 2 de maio", e os "Desastres da guerra", "As Majas".....Que merece un tema a parte.

O Absolutismo dos monarcas no século XVIII en España (Os Borbóns) e Europa








miércoles, 23 de mayo de 2012

Arte Medieval: O Gótico

Naceu este arte en Francia s.XII.Grazas as transformacións económico-políticas deste século,o crecente desenrolo dos núcleos urbanos (igrexias máis grandes por ex: León, Burgos,Toledo). É un arte fundamentalmente relixioso ao o igual co románico.
Algúns trazos arquitectónicos son:
-Arco oxival
-Bóvedas de crucería (xa empregada anteriormente)
-Rosetón: vidrieras de cores que permiten a entrada de máis luz.
-Os contrafortes externos que se alexan dos muros cos arbotantes e pináculos: danlle máis altura as edificacións frente as iglesias rurales pequenas e oscuras do románico.

En escultura destacar: O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago con figuras máis humanas, naturais e de beleza ideal.



Vidrieras: luz







En contraposición co Románico:que ten estas características:
Elementos de la arquitectura románica
Materiais utilizados para a construcción: pedra de sillería, sillares.
Muros robustos de sillería, reforzados por contrafortes.
Arcos de medio punto e abocinados.
Bóveda de cañón e de crucería.
Escased de vanos, polo que o interior e moi oscuro.
No interior: grosos pilares con columnas adosadas.
As plantas:
*Basilical de tres ou cinco naves (forma rectangular). De influencia  romana.
*Poligonais, coma a da igrexia de Eunate (Navarra).
*De cruz latina: planta basilical á que se lle añade unha nave transversal chamado transepto.




martes, 22 de mayo de 2012

Arte da Idade Media: o Románico



A Catedral de Santiago na época medieval estaba asi construída, máis tarde añadiuse a parte da etapa do Barroco (XVII-XVIII)

Apuntes de Historia Medieval de España 6º

1.- Inicio da Idade Media en Europa: grandes trazos (características).
-Século III: comeza a crise do Imperio Romano de Occidente, perda do poder do emperador.
Prodúcese a chegada dos pobos xermánicos ás provincias romanas.
-Século IV-V: Invasión ou incursión de pobos xermánicos de Centroeuropa: Suevos,Alanos,Vándalos no ano 409.Francos, e Visigodos (415-418 pacto ou foedus cos romanos e instálanse na Galia con capital Tolosa.No ano 507 instalanse no centro da Peninsula con capital en Toledo.).

O cristianismo convértese na relixión oficial dos pobos e reinos novos. O Papa é máxima autoridade relixiosa.

2.-Feudalismo: é unha nova organización social, económica e política que se inicia coa caída do Imperio Romano, prodúcese unha nova etapa histórica.
Na Alta Idade Media ( s.V ao s.X )a vida urbana entrou en decadencia, en parte pola desaparición da autoridade romana, que facía posible o desenvolvemento dun intenso comercio grazas á seguridade nos camiños e nas rutas marítimas e ao uso da moeda común.
Na Idade Media gran parte da poboación vivía no campo, en comunidades autosuficientes onde se producía todo canto se consumía. No campo buscaban a seguridade e vivían en feudos (son grandes territorios organizados cerca dun castelo.
O rei era a máxima autoridade, cedíalle os feudos aos nobres e estos convertíanse nos seus vasalos.
Os privilexiados eran: nobres e clero.
E os campesiños e artesáns formaban a xente do común.Pagaban impostos e prestaban os servicios aos seus señores.


Video Caida do Imperio romano de Hispania e invasión dos pobos bárbaros: 
Os visigodos




Video resumo da Reconquista cristián da península contra ao Al-Andalus:






A partires do S.XI-XII (Baixa Idade Media) comeza o rexurdir das cidades,comercio,mercados, feiras,centro artesanais e comerciais, os gremios,catedrais,centros relixiosos e culturais.
Arte: romámico: (arco de medio punto,pranta de cruz latina...) e gótico (arco oxival e o rosetón (luz,color..)





Nas imaxes de abaixo podedes ver as diferenzas entre a Alta Idade Media (feudos,vida rural..) e Baixa I.Media (cidades,vida urbana..).


Na Idade Media prodúcese varias transformacións na sociedade, na economía e na política.
Nesta imaxe mostrase a vida nos diferentes ámbitos: Baixa I.Media



Arte Románico: pranta cruz latina, arco de medio punto,pouca luz, sobriedade....
Ex: A Catedral de Santiago de Compostela
















lunes, 21 de mayo de 2012

Proba tema 12: Idade Media e Moderna de España

A proba correspondente a este tema farémola o venres 25 ás 9:30 h..
Entra o tema 12 completo (do libro).
Haberá preguntas tipo subtema como na proba anterior, para ser capaz de elaborar respostas que exigen a comprensión do tema, ter capacidade de síntesis, unha correcta redacción e comprensión da materia ou contidos, (utilizaras as técnicas de estudo para organizar os contidos aprendidos e desenvolver a memoria).
Algunhas preguntas serán de tipo memorístico e de relacionar contidos.
Nesta semana dedicaremos o tempo a rematar a unidade, a realización de actividades do tema e reelaboración dunha liña do tempo.
Resumo coas ideas principais da Idade Moderna en España e visualización dalgún video sobre esta época.
Consulta de dúbidas, e cuestións, realización de esquemas contido e ideas principais.


viernes, 4 de mayo de 2012

Invasións romanas na Península: Numancia (celtiberos) S.III - II a.C.



Exemplo: Numancia (Soria)  de resistencia dos pobos celtiberos as invasións.
Moi interesante e ademáis está en 3D, o que o fai "atractivo" para ver vos!!. 



Visigodos e musulmáns

Video sobre a chegada de visigodos e musulmáns, representa a Alta Idade Media na Peninsula entre os séculos V e VI.
Houbo grandes transformacións políticas, sociais e económicas.
Invasións dos pobos (cultura) xermánicos e árabes.








miércoles, 2 de mayo de 2012

Tema 12: Historia Medieval e Moderna

Historia Medieval de España
Breve introducción
A historia medieval de España abarca dende a caída do Imperio romano de Occidente no século V (aínda que non deixa de ser un período de transición) ata o fin desta idade, que tradicionalmente se considera finalizada a mediados do século XV en Europa e en España marca un ano significativo o de 1492 co descubrimento do novo mundo (América) e a conquista de Granada expulsando da Península Ibérica aos musulmáns.
Tras a caída do Imperio Romano de occidente ata o s. VII España estivo integrada na Hispania wisigothorum (Reino de Toledo, reino visigodo). Partes dela dominábanas os suevos, vándalos e alanos.A España visigoda xuntou esforzos para unificala conforme á herdanza romana e conseguiu unificala finalmente co rei Suintila.


Tras a caída do Reino de Toledo polas tropas musulmás(invasión musulmana) ,nas batallas coma a de Guadalete e Cæsar Augusta (Zaragoza). Tras isto xurdiron núcleos cristiáns (reconquista) de oposición ao dominio islámico na península, como o Reino de Asturias que se fixo forte tras a batalla de Covadonga, xurdiría do reino de Asturias o reino castelán, que en principio se denominaba Condado de Castella. Xurdiron núcleos máis ao leste como o Reino de Navarra, e algúns núcleos de resistencia nos Pireneos, como Aragón, Pallars, os condados cataláns... (que serían absorbidos pola marca hispánica que representaba un protectorado e bastión cristián na península comandado polo Imperio carolinxio).

Tras isto Castela fíxose forte e independendizouse do entón Reino Astur-leonés reinando Ramiro II. Máis tarde se configurarían en España unha serie de reinos: Castela, León, Aragón e Navarra, sendo Castela o máis importante estendéndose a súa lingua (o castelán) por toda Hispania.
No s. VIII comeza unha nova mentalidade de reconquista, inspirado en recuperar a antiga Hispania visigoda, aínda que, en realidade, estes núcleos cando estaban os visigodos no poder estaban en contra deste. Dende a Hispania visigoda conseguiuse a volver unir a Hispania case na súa totalidade en 1492 coa conquista de Granada e despois de antes unirse en matrimonio os Reis Católicos. Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón.Carlos I e despois Felipe II herdaría entre multitude de territorios extrapeninsulares a Portugal uníndose así de novo totalmente a Hispania. Portugal volveríase independendizar nas simultáneas revoltas de Cataluña e Portugal.




Con estas mapas podedes ver a evolución da invasión dos pobos de centroeuropa e declive do Imperi romano dende o s.IV d.C. ata a entrada e expulsión dos musulmáns.

Mapa do Imperio Romano no S.IV-V d.C.,comezo das invasións dos pobos Xermánicos 




Invasión pobos xermánicos na peninsula s. VI d.C. : visigodos, suevos, alanos, vándalos.....



Mapa da Península Ibérica co asentamento dos pobos xermánicos S.VI d.C











Tarea da proba do tema 11

OLLO!!!
Hoxe fixemos a proba do tema 11: Prehistoria e Historia Antiga, e como xa falamos, ten unha segunda parte que debedes facer na casa entre hoxe e mañan, para entregarme o venres 4 de maio.
A proba tiña 7 preguntas, das cales, 6 eran tipo subtema (xa expliquei como eran).Este tipo de probas son as que vos atoparedes nos cursos vindeiros.Trátase de desenrolar unha parte do tema,e onde se avalía a capacidade de síntesis,expresión,redacción,comprensión e estructuración da información etc...... É dicir o dominio dos contidos e a súa transmisión escrita correctamente.(CC.BB)

Por tanto que debedes facer nesta segunda parte?:
1.-Levade o libro para casa, proba, libreta e consultade o blog.
2.-Buscade as preguntas no libro e ollade as vosas respostas na proba. 
3.-Completade ou correxide as respostas das preguntas, no folio que levades grapado do voso exame.
4.-Tedes que entregalo sin falla o venres 4 de maio, senón non terá validez e será calificado negativamente.