domingo, 26 de enero de 2014

Esquema resumo tema 6 A enerxía ao noso redor


Video: Como se xenera a enerxía: hidroeléctrica, solar, térmica...



Unha central hidroeléctrica. 



Documental enerxía eólica



Tipos ou formas de enerxía






Tareas Tema 5 "A nutrición"e 6 "A enerxía". II quincena de xaneiro

Semana do 16 ao 20 de xaneiro
-Finalización dos proxectos do Tema 5 "A nutrición"e exposición por equipos.
-Na libreta persoal resumo do proxecto. 8 preguntas e respostas do tema 5.
-No diario do equipo. Explicación, guía e pautas do proxecto (secretario ou coordinador). Avaliación e autoavaliación de cada un.
-Concurso por equipos "Quen sabe máis"?.
-Elaboración de 5 preguntas dos temas 3 e/ou 5 coas respostas nos cartóns entregados a cada un.
-Comezo do tema 6 "A enerxía", lectura previa do texto e chuvía de ideas.

Semana do 27 ao 31 de xaneiro. (dependendo do tempo atmosférico)
-Horto escolar: visita laboratorio e cobertizo: elaborar semilleiros cos envases de reciclaxe, poda de frutais.
Delimitación de espazos por cursos.Preparación do terreo, limpeza, abonado e cultivo hortalizas e flores. Compostaxe (explicación), reciclado (3R). Talleres. Creación de grupos para recollida de compost nos recreos e aulas (sensabilización, concienciación)
-Explicación das fontes de enerxía, das formas e transformación da enerxía e do esgotamento das fontes de enerxía. As transformacións están suxeitas a unha importante limitación (non é posible lograr unha transformación cuxo rendemento sexa do 100%; de feito, na maioría das transformacións non se supera o 25% de rendemento, o que implica que se desperdicia un 75% da enerxía.¿Que ocorre coa enerxía desperdiciada? Non desaparece, xa que é unha magnitude que se conserva en todas as transformacións, senón que se dispersa no medio ambiente, en forma de ruído, calor, luz, vibración, rozamento etc..


Tema 6 "A enerxía ao noso redor"

6.1.- A enerxía: formas de enerxía, transformación e a electricidade.
6.2.- As fontes de enerxía: renovables ou non renovables. As máis utilizadas (combustibles, a auga, o vento, o uranio e o plutonio), outras fontes de enerxía (o sol, a biomasa, rochas e augas volcánicas, ondada e mareas ).
6.3.- A producción de electricidade (centrais hidroeléctricas, térmicas, nucleares, solares, parques eólicos). O transporte da electricidade.
6.4.- Usos da enerxía: problemas da enerxía (paisaxe, sobre os seres vivos, contaminación, esgotamento). Usos adecuados da enerxía.
Poñemos en práctica os tres R (reducir, reutilizar e reciclar) (en relación co horto escolar).

Tareas:
Elaborar un resumo do tema. Na semana do 3 ao 5 de febreiro.

Proba:
Neste tema faremos unha proba desenrolo do tema (tipo resumo) e tres preguntas curtas, na semana do 5 ao 7 de febreiro. Xa explicarei en que consiste.

jueves, 16 de enero de 2014

Tema 5 O sistema circulatorio

Breve descripción de como funciona o corazón, o  sistema circulatorio, partes, movementos, válvulas....