domingo, 27 de noviembre de 2011

Video o milagre da vida


Este video é interesante xa que fai un resumo das semanas do embarazo e as súas fases.
As imáxes son moitas a través de ecografías en 2D.
Hoxe en día as ecografías xa están en 3D ou 4D.


Outro video: este con ten moita máis información e literatura nas imáxes.

http://www.youtube.com/watch?v=1WnA73AfEQg&feature=related

Desenrolo Fetal, semana a semana


Este video dura sobre 10 minutos no que se describe o desenrolo fetal semana a semana, imáxenes do interior do ventre materno ata o parto.

Fala tamén da importancia que ten o vinculo afectivo nai- fillo durante o embarazo.



miércoles, 23 de noviembre de 2011

Actividades para venres 25 novembro e proba o 29

Seguindo co obxectivo de Aprender a aprender coas Tics e o emprego de esquemas-resumos conceptuais, tedes que facer un da páxina 48 e 49, do tema 4, "Embarazo e parto".
Recordade que o que está en negrita debe aparecer no esquema!!,e algunha palabra que vos sexa fácil para recordar ou comprender o resumo ou ideas principais.
Leede varías veces o texto, detidamente e subraiade o que sexa importante.
O venres 25, debedes traelo para revisalo.

O exame, control ou proba de este tema 4 será o martes 29 de novembro, ás 9:30 h. De acordo?.

martes, 15 de noviembre de 2011

Tema 4: A reproducción humana

Neste tema lembraremos as características da reproducción sexual, coñecemos as características dos aparatos reprodutores feminino e masculino, e descubrimos os procesos de fecundación, embarazo e parto.Asi mesmo, lembramos a importancia de non esquecer os nosos hábitos saudables durante a pubertade.
Estos contidos relacionados coa descrición dos aparatos reprodutores atraerán vivamente a vosa curiosidade, cuxa sexualidade estades empezando a espertar pola inminente entrada na pubertade (entre os 11 e 15 anos).Por elo trataremos tamén algúns contidos transversais sobre as relacións, gustos e a necesidade de establecer relacións baseadas nun trato igualitario,etc..(Por exemplo o 25 de novembro: "Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero (o asesinato das irmáns Miraval na Rep.Dominicana polo Xeneral Trujillo en 1960)", o respeto...)

A groso modo trataremos:

A reproducción humana:
1.-Caracteres sexuais: primarios e secundarios e celulas reprodutoras.
2.-Aparatos reprodutores: masculino e feminino e a fecundación.
3.-Embarazo e parto: desenvolvemento do embrión,desenvolvemento do feto e o parto.

Ampliaremos información sobre ou:
-Embarazos múltiples, xemelgos(univitelinos, bivitelinos) ,parecidos psicolóxicos,e non só físicos,e os estudos o longo da historia.

-Falaremos da sexualidade sen vergoña, naturalidade e con carácter científico,de emocións e implicacións coa axuda dos pais e nais.Empregando o diálogo, para evitar falsas crenzas e errores nas relacións.

-O papel no metabolismo, das hormonas producidas nos órganos sexuais: testosterona no home (testículos), e os estróxenos e a proxesterona na muller (ovarios).Según época,concentración,producen estados de ánimo,desexo,..en definitiva, as hormonas son un dos principais factores que determinan a forma en que unha persoa vive a súa vida.

Vocabulario para buscar e coñecer:
Carácter sexual primario: característica que diferencia o aparato reprodutor masculino e feminino.
Carácter sexual secundario: característica externa que diferencia homes e mulleres.
Cesárea: operación cirúrxica que se realiza abrindo a matriz uterina para extraer o bebé.
Cigoto: célula resultante da unión do óvulo e do espermatozoide despois da fecundación.
Flaxelo: prolongación celular lorga en forma de látego que lle permite á célula a súa mobilidade.
Pubertade: etapa do desenvolvemento  en que se desenvolven os caracteres sexuais secundarios.
acné: enfermidade da pel caracterizada por unha inflamación crónica das glándulas sebáceas que adoita producirse na pubertade. 
banco de células: lugar en que se almacenan células sanguíneas procedentes de cordón umbilical, para o seu posterior uso clínico.
Ecografía: técnica médica de exploración mediante ondas electromagnéticas ou acústicas, que rexistra o eco producido na súa propagación.(O seu mecanismo e similar a como os morcegos perciben os obstáculos na escuridade mediante a emisión de ultrasóns e a detección do seu eco).


A reproducción humana é unha función vital mediante a cal os seres humanos orixinan outros similares a eles.
É de tipo sexual, é dicir precisa da unión de  células sexuais masculina e feminina.Ademáis somos vivíparos (interna) e mamíferos.

A reproducción humana. Tema 4

Hol@ a todos de novo!!
Deixovos aqui un enlace para un xogo, xa que hoxe comezamos o Tema 4 deste curso 2011-12 sobre a reproducción humana, aparatos reproductor: masculino e feminino para ver, repasar, memorizar dun xeito lúdico.
Espero vos sirva e vos axude a comprender e estudar este tema.
Esta en castelán, pero podedes ver no libro o nome en galego ou empregar o enlace que temos no blog o traductor castelán - galego.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/56/html/datos/02_cono/act/act/u02/unidad_2.htm

martes, 8 de noviembre de 2011

Músculos Básicos

Para saber máis!!!


Cada unha das nosas articulacións dispón de, polo menos, un músculo que produce a súa flexión e doutro que produce a súa extensión;é o caso dos biceps, que producen a flexión do cóbado, e dos tríceps, que producen a súa extensión.No adestramento físico e no quecemento é moi importante traballar tanto os músculos flexores das articulacións coma os seus antagonistas, os extensores.Este traballo,necesario para compensar a tensión á que se encontran sometidas as articulacións, cobra especial importancia no caso da columna vertebral. Os músculos flexores son os abdominais, e os extensores, os lumbares, trapecios e dorsais.


Clasificación dos músculos según a súa distribución:


1.-Músculos da cabeza: maseteres (mastigar), bucinadores (labios), orbiculares (ollos)


2.-Músculos do tronco: manteñen a postura.
    2.1.-Pescozo: esternocleidomastoideos (xiran e agachan a cabeza), esplenios (levántana)
    2.2.-Parte anterior do tronco: abdominais e pectorais (flexionan o tronco),os intercostais (na respiración)
    2.3.-Parte posterior do tronco: trapecios (unen cabeza e os ombros ás costas), dorsais (levantan e xiran o tronco).


3.-Músculos das extremidades:


    3.1.-Extremidades superiores: Biceps (flexionan os brazos), triceps (estírannos),deltoides (levántanos), Extensores (estiran os dedos) e os flexores (dóbranos.)
    3.2.-Extremidades inferiores: cuadriceps ,glúteos, xemelgos

Principais ósos do esqueleto

Para este curso teremos que recoñecer e saber estes ósos.
Clasificación segundo a súa distribución:
1.-Ósos da cabeza:
     1.1.-Ósos do cranio: o frontal, dous temporais, dous parietais,e o occipital que protexen ó encefalo.

     1.2.-Ósos da cara: os nasais,os pómulos,e os maxilares.

2.-Ósos do tronco:
     2.1.-A columna vertebral: formada por vértebras,protexen a médula espiñal,e cos músculos manteñen a postura do corpo.

     2.2.-A caixa torácica: formada polas costelas e o esterno, protexe pulmóns e o corazón.

3.-Ósos das extremidades:

     3.1.-Extremidades superiores:
         3.1.1.-Brazo: úmero
         3.1.2.-Antebrazo: cúbito e radio
         3.1.3.-Pulso: ósos do carpo
         3.1.4.-Man: metacarpo
         3.1.5.-Dedos: falanxes, falanxinas (1ª falanxe,2ª falanxe)

     A clavícula e a omoplata forman a unión co tronco.

     3.2.-Extremidades inferiores:
         3.2.1.-Coxa: está o fémur
         3.2.2.-Perna: tibia e peroné
         3.2.3.-Nocello: ósos do carpo
         3.2.4.-O pé: metatarsos
         3.2.5.-Dedos: falanxes, falanxinas,falanxetas

      A cadeira é a unión co tronco e está formada por dous coxais, composto cada un por tres ósos: o ilio,o isquión e a pube.

Para saber máis!!!
"O esqueleto interno dos vertebrados ten unha longa historia evolutiva.Os primeiros vertebrados foron os peixes, descendentes de cordados primitivos,cunha notacorda,un cordón cartilaxinoso que percorría o seu corpo lonxitudinalmente.Algúns puntos da notacorda sufriron unha osificación, converténdose nas vértebras.Nos vertebrados actuais,as vértebras forman a columna vertebral, eo notocorda quedou fragmentada, formando os discos intervertebrais. A osificación na notacorda foi probablemente un proceso moi vantaxoso pola maior eficacia na inserción de músculos, o desenvolvemento dos dentes, e o depósito de calcio en forma de sales non perigosos".

Tareas para a semana do 7 ao 11 de novembro 2011

Estamos a traballar no tema 3: O aparato locomotor e as súas funcións. Onde os contidos principais son os ósos, músculos,articulacións e tendóns.
O martes 8, e o mércores 9 dedicarémolo ao concurso-xogo ¿Queres saber máis?  Participan 5 grupos de 5 alumn@s.
Consistirá en elaborar cada grupo 25 preguntas (5 cuestións cada un dos integrantes do grupo) e farán 20 preguntas a cada un do resto dos integrantes dos grupos. 
 Exemplo:
O grupo 1( composto por a,b,c,d,e, onde cada un ten 4 preguntas para facer ao resto: total 20): pregunta: a grupo 2 (composto f,g,h,i,j)
a pregunta a f
b pregunta a g
c pregunta a h
d pregunta a i
e pregunta a j
continuan asi co resto dos grupos. Cando remate o grupo 1, comeza a súa serie o grupo 2, ata que todo o grupo pregunte a todos.
Acerto 1 ponto.Pode pedir comodín,consiste en que os seus compañeiros lle axuden a responder,aconsellen ou informen, si acertan vale medio ponto.Pódense empregar dous comodíns en cada serie de preguntas.Gaña o equipo que máis pontos sumen.
Debedes consultar o libro, e o blog para elaborar as preguntas que deben versar sobre o tema 3: ósos, músculos,articulacións e tendóns e a súas funcións.

O venres 11 remataremos o concurso-xogo e comezaremos co tema 4: A reprodución humana

O luns 14, haberá o exame do tema 3.