jueves, 23 de febrero de 2012

Tema 7 A electricidade e o magnetismo

Esta unidade e a continuación do estudo da electricidade como forma de enerxía.
A electricidade estática é un tipo de electricidade que se produce cando nalgún corpo se acumulan cargas eléctricas.
As cargas eléctricas poden ser positivas ou negativas.Segundo a a cantidade dun tipo de carga ou doutro, podemos clasificar os obxectos de dúas maneiras:
-Neutros: teñen o mesmo número de positivas e negativas.(a maioría)
-Cargados electricamente: Máis positivas(carga electrica positiva), e negativo (si ten máis carga negativa).
Coa mesma carga repélense, con distinta carga electrica, atraénse.

Máis adiante falárase das cargas positivas dos núcleos dos átomos (estructura atómica da materia) e a negativa dos electróns.

Estas cargas poden moverse polos obxectos e por iso decimos que os materiais poden ser conductores(permiten o paso de carga electrica) ou illantes senón permiten o paso das cargas polo seu interior.

A corrente eléctrica é o movemento das cargas eléctricas a través dun material conductor.
Necesitase un circuito eléctrico para que exista coorente e as cargas circulen, formado por distintos compoñentes:
-Xerador de corrente. PROPORCIONA ENERXÍA, ex. unha pila
-Fios conductores: materias metálicos por onde circula a corrente.
-Aparatos ou receptores: que utlizan a corrente para transformala noutro tipo de enerxía.
-Interruptor: abre ou pecha o circuito.
-Contador: indica a cantidade de enerxía.
-Elementos de protección ou diferenciais: interrompen de forma automática o paso da corrente nun accidente.
Usos da corrente:
-Luz.
-Imaxe
-Sonido
-Calor
-Movemento: trens, lavadoras,batedores...
-Comunicacións:radio, teléfonos,tv...

O magnetismo: a electricidade e o magnetismo están relacionados entre si.A relación que existe entre ambos chámase electromagnetismo.
Os fenómenos magnéticos eran xa coñecidos polos antigos gregos. Parece ser que foron observados por 1ª vez na cidade de Magnesia, en Asia Menor, da que tomou o nome o termo magnetismo.Sabían que certas pedras atraían o ferro e que os anacos de ferro atraídos, atraían a súa vez outros. Estas denomináronse imáns naturais.

O magnetismo produce electricidade (xeradores electromagnéticos) de dous tipos:
-o movemento dun imán entre un cable envolto en espiral ou bobina.(dinamos das bicis).
-os que aproveitan o movemento dunha bobina entre dous imáns.

Usos do electromagnetismo:
É a obtención de electricidade nas centrais eléctricas mediante xeradores electromagnéticos.formados por imáns moi grandes e potentes.Para movelos aproveitase a enerxía cinética (nas hidroeléctricas a auga), e nos eólicos o vento.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Tareas Tema 8

PARA OS QUE VEDES O BLOG:
As tareas do tema 8 " A luz e o son" son as seguintes:
Lectura e reelectura do tema 8!!.
Copiar os recadros amarelos ( 11 en total ), en apuntes.
Actividades:
-1 e 2 páxina 103.
-1,2,3 páxina 105.
-Opcional: Pequena información sobre Newton!! para comentar na clase.


Son para o venres 24 de febreiro. Levade o libro para casa estes días.Tamén revisarei as libretas ese mesmo día!!.
Tedes tempo de abondo para facelo e levar o tema 8 un pouco fresco e ao día para a proba, que faremos, o martes 28 ou mércores 29 de febreiro. De acordo!!

miércoles, 8 de febrero de 2012

Tareas Tema 7

Hoxe mércores rematamos o tema 7, electricidade e magnetismo.
Elaboramos o esquema conceptual e comezamos a facer as actividades 2, 4, 6 ,7,e 8 da páxina 95.
O venres 10, faremos a corrección e aclaración destas actividades. O que hoxe non rematou debeas ter feitas o venres pola mañán.De acordo?
O luns que ven 13 comezamos tema 8. Luz e son!!
Faremos o control dos dous temas xuntos, para avituarse a exames con máis materia coma na ESO, a finais de febreiro, 28 ou 29.(tema 7 e 8)

martes, 7 de febrero de 2012

Tareas Tema 7

Esta semana temos as seguintes tareas que mandei facer hoxe martes 7 de febreiro.
1.-Copiar en apuntes na libreta, os recadros amarelos do tema: electromagnetismo, para o venres 10.
2.-Para o luns 13, copiar o recadro do resumo e facer esquema, que comezaremos a facer o mña mércores despois de completar as actividades do tema!!.
Comezaremos tema novo, o 8, o luns 13 de febreiro.

Si algún non trouxo a maqueta, proxecto dun circuito eléctrico ten ata mañan para expoñela na clase e presentalo. O derradeiro día foi o luns 6, pero ampliamos o prazo ata mañan.Houbo unha semana.Era voluntario!!!