lunes, 19 de diciembre de 2011

Tareas despois de Nadal

Tareas para a volta de Nadal: 
Actividade nº 1 da páxina 61
Actividades nº 2 e 3, páxina 63
Actividades nº 7,8,9,10 páxina 65
Preparación do proxecto: corazón, circulación, sangue, doazóns, transplantes..Búsqueda de información, posto en común e reparto de tareas para realizar o proxecto e a exposición en 3 sesións.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

O aparato circulatorio

O aparato circulatorio ten varias funcións:
1.Serve para levar os alimentos e o osíxeno ás células,
2.Para recoller os refugallos metabólicos que se han de eliminar despois polos riles, nos ouriños, e polo aire exalado nos pulmóns, rico en dióxido de carbono (CO2).
De todo este labor encárgase o sangue, que está a circular constantemente. Ademais, o aparato circulatorio ten outras destacadas funcións: intervén nas defensas do organismo, regula a temperatura corporal, transporta hormonas, etc.

O sangue:
O sangue é o fluído que circula por todo o organismo a través do sistema circulatorio, formado polo corazón e un sistema de tubos ou vasos, os vasos sanguíneos.(arterias,veas,capilares sanguineos..)

O sangue describe dous circuítos complementarios chamados circulación maior ou xeral e menor ou pulmonar...

O sangue é un tecido líquido, composto por auga e substancias orgánicas e inorgánicas (sales minerais) disoltas, que forman o plasma sanguíneo e tres tipos de elementos, formes ou células sanguíneas: glóbulos vermellos, glóbulos brancos e plaquetas. Unha gota de sangue contén aproximadamente uns 5 millóns de glóbulos vermellos, de 5.000 a 10.000 glóbulos brancos e ao redor de 250.000 plaquetas



Para saber máis:

O plasma sanguíneo é a parte líquida do sangue. É salgado, de cor amarelenta e nel flotan os demais compoñentes do sangue, tamén leva os alimentos e as substancias de refugallo recollidas das células. O plasma cando se coagula o sangue, orixina o soro sanguíneo.

Os glóbulos vermellos, tamén denominados eritrocitos ou hemacias( hematíes en castelán), encárganse da distribución do osíxeno molecular (O2). Teñen forma de disco bicóncavo e son tan pequenos que en cada milímetro cúbico hai catro a cinco millóns, medindo unhas sete micróns de diámetro. Non teñen núcleo, polo que se consideran células mortas. As hemacias teñen un pigmento avermellado chamado hemoglobina que lles serve para transportar o osíxeno dende os pulmóns ás células. Unha insuficiente fabricación de hemoglobina ou de glóbulos vermellos por parte do organismo, dá lugar a unha anemia, de etioloxía variable, pois pode deberse a un déficit nutricional, a un defecto xenético ou a diversas causas máis.






Os glóbulos brancos ou leucocitos teñen unha destacada función no Sistema Inmunolóxico ao efectuar traballos de limpeza (fagocitos) e defensa (linfocitos). Son maiores que as hemacias, pero menos numerosos (uns sete mil por milímetro cúbico), son células vivas que se trasladan, sáense dos capilares e dedícanse a destruír os microbios e as células mortas que encontran polo organismo. Tamén producen anticorpos que neutralizan os microbios que producen as enfermidades infecciosas.

As plaquetas son fragmentos de células moi pequenos, serven para taponar as feridas e evitar hemorraxias.

O aparator excretor

A excreción é a eliminación dos residuos tóxicos que producen as células do noso corpo. Neste sentido, tamén os pulmóns son, ao igual que os dous riles, importantes órganos excretores, xa que eliminan un residuo tóxico, o CO2 (dióxido de carbono).
O sangue transporta outros residuos tóxicos distintos ao CO2 ata os riles e estes concéntranos ata formar un líquido ao que chamamos ouriños.




O Aparato UrinarioÉ o conxunto de órganos que producen e excretan ouriños, o principal líquido de refugallo do organismo. Esta pasa polos uréteres ata a vexiga, onde se almacena ata a micción (mexar).

Despois de almacenarse na vexiga os ouriños pasan por un conduto denominado uretra ata o exterior do organismo. A saída dos ouriños prodúcese pola relaxación involuntaria dun músculo: o esfínter vesical que se localiza entre a vexiga e a uretra, e tamén pola apertura voluntaria dun esfínter na uretra.

Non hai máis que unha diferenza entre o Aparato Urinario feminino e masculino: a uretra masculina é algo máis longa e é, ao mesmo tempo, unha vía urinaria e unha vía xenital. En cambio, a uretra feminina é un conduto exclusivamente urinario, sendo independente dos condutos xenitais








LÁMINA PARA SABER MÁIS:
Si tedes curiosidade e queredes ver como funciona e as partes dos aparatos excretores e urinarios
ollade esta lámina:

 A primeira e segunda (corte frontal e transversal) corresponde a un home.





A terceira ao aparato excretor e urinario  femenino





Tareas: do 14 ao 20 de decembro 2011

Hoxe mércores 14 de decembro volvo a recordar as tareas para o venres 16. Esta tarea foi posta o martes 13. Consiste en buscar e sintetizar información sobre o SANGUE, nun mínimo de 10  líneas, ata 15 ou 20 líneas como máximo.
Para luns 19, acordamos facer a proba do tema 5: "A nutrición: aparatos dixestivo,respiratorio,excretor e circulatorio", é dicir dende a páxina 56 ata a 60.

Para a volta de vacacións, repito outra vez, proxecto sobre o corazón,sangue,doazóns etc..que xa repartiremos por grupos aleatorios.

viernes, 9 de diciembre de 2011

Tema 5: A nutrición Tareas e actividades

Este tema, que comezamos a finais de novembro,vai a constar de dúas partes.
Unha primeira: cunha proba escrita onde vai a entrar: a nutrición, aparato dixestivo, a respiración, aparato respiratorio,a excreción e aparato excretor, e que faremos na semana do 12 ao 16 de decembro.
Unha segunda coa preparación dun proxecto para expoñer en xaneiro a volta das vacacións de nadal.
Faremos os grupos de 5 a sorteo.
Proxecto-exposición: a circulación, o aparato circulatorio e a nutrición.Constará de 3 ou 4 sesións, unha primeira na aula para organiza-lo traballo, guión, reparto de tareas, diálogo,boceto etc.
Unha sesión para consensuar, boceto do proxecto.Unha terceira para elaborar o proxecto e unha cuarta para a exposición e consulta do proxecto.
A calificación de estas dúas partes pasarán a formar parte da 2º avaliación.


Actividades:
1.-Resumo-esqemas conceptuais do aparato dixestivo,respiratorio,excretor e o seus correspondentes debuxos.Para o mércores 7, venres 9, luns 12,
2.-Actividades: 1 e 2, páxinas 57, 59, para mércores 7, luns 12.
Estas actividades serán puntuadas para esta avaliación e deben estar feitas nas datas sinaladas e na libreta, para que teñan o seu valor correspondente.
Repito o dito dende setembro sobre as normas: 3 días sen presentar as tareas, actividades,exercicios ou deberes, será sancionado cun punto menos na calificación correspondente a avaliación.!!!
E ollo coas faltas de ortografía, que dende novembro tamén repercutirán negativamente nas calificacións das probas!!!.

Tema 5: Nutrición. 1.- Aparato dixestivo

Na nutrición o corpo humano emprega 4 aparatos, que son o conxunto de órganos que realizan a mesma función.E son: aparato dixestivo, aparato respiratorio, aparato circulatorio e o aparato excretor.

Non significa o mesmo alimentación ca nutrición.A alimentación: é un proceso voluntario e consciente a través do cal as personas proporcionanse sustancias aptas para o consumo, as modifica partíndoas, cociñándoas, introducíndoas na boca, masticándoas e deglutindoas. É a partir deste momento que acaba a alimentación e comeza a nutrición.
A nutrición, propiamente dita, é o conxunto de procesos mediante os cales o organismo recibe, transforma e utiliza as sustancias nutritivas que conten os alimentos.A nutrición consiste nunha función máis complexa e non é voluntaria.
Esta é unha imaxe sinxela do aparato dixestivo.




 Aparato respiratorio: partes, imaxe