lunes, 19 de diciembre de 2011

Tareas despois de Nadal

Tareas para a volta de Nadal: 
Actividade nº 1 da páxina 61
Actividades nº 2 e 3, páxina 63
Actividades nº 7,8,9,10 páxina 65
Preparación do proxecto: corazón, circulación, sangue, doazóns, transplantes..Búsqueda de información, posto en común e reparto de tareas para realizar o proxecto e a exposición en 3 sesións.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

O aparato circulatorio

O aparato circulatorio ten varias funcións:
1.Serve para levar os alimentos e o osíxeno ás células,
2.Para recoller os refugallos metabólicos que se han de eliminar despois polos riles, nos ouriños, e polo aire exalado nos pulmóns, rico en dióxido de carbono (CO2).
De todo este labor encárgase o sangue, que está a circular constantemente. Ademais, o aparato circulatorio ten outras destacadas funcións: intervén nas defensas do organismo, regula a temperatura corporal, transporta hormonas, etc.

O sangue:
O sangue é o fluído que circula por todo o organismo a través do sistema circulatorio, formado polo corazón e un sistema de tubos ou vasos, os vasos sanguíneos.(arterias,veas,capilares sanguineos..)

O sangue describe dous circuítos complementarios chamados circulación maior ou xeral e menor ou pulmonar...

O sangue é un tecido líquido, composto por auga e substancias orgánicas e inorgánicas (sales minerais) disoltas, que forman o plasma sanguíneo e tres tipos de elementos, formes ou células sanguíneas: glóbulos vermellos, glóbulos brancos e plaquetas. Unha gota de sangue contén aproximadamente uns 5 millóns de glóbulos vermellos, de 5.000 a 10.000 glóbulos brancos e ao redor de 250.000 plaquetas



Para saber máis:

O plasma sanguíneo é a parte líquida do sangue. É salgado, de cor amarelenta e nel flotan os demais compoñentes do sangue, tamén leva os alimentos e as substancias de refugallo recollidas das células. O plasma cando se coagula o sangue, orixina o soro sanguíneo.

Os glóbulos vermellos, tamén denominados eritrocitos ou hemacias( hematíes en castelán), encárganse da distribución do osíxeno molecular (O2). Teñen forma de disco bicóncavo e son tan pequenos que en cada milímetro cúbico hai catro a cinco millóns, medindo unhas sete micróns de diámetro. Non teñen núcleo, polo que se consideran células mortas. As hemacias teñen un pigmento avermellado chamado hemoglobina que lles serve para transportar o osíxeno dende os pulmóns ás células. Unha insuficiente fabricación de hemoglobina ou de glóbulos vermellos por parte do organismo, dá lugar a unha anemia, de etioloxía variable, pois pode deberse a un déficit nutricional, a un defecto xenético ou a diversas causas máis.






Os glóbulos brancos ou leucocitos teñen unha destacada función no Sistema Inmunolóxico ao efectuar traballos de limpeza (fagocitos) e defensa (linfocitos). Son maiores que as hemacias, pero menos numerosos (uns sete mil por milímetro cúbico), son células vivas que se trasladan, sáense dos capilares e dedícanse a destruír os microbios e as células mortas que encontran polo organismo. Tamén producen anticorpos que neutralizan os microbios que producen as enfermidades infecciosas.

As plaquetas son fragmentos de células moi pequenos, serven para taponar as feridas e evitar hemorraxias.

O aparator excretor

A excreción é a eliminación dos residuos tóxicos que producen as células do noso corpo. Neste sentido, tamén os pulmóns son, ao igual que os dous riles, importantes órganos excretores, xa que eliminan un residuo tóxico, o CO2 (dióxido de carbono).
O sangue transporta outros residuos tóxicos distintos ao CO2 ata os riles e estes concéntranos ata formar un líquido ao que chamamos ouriños.




O Aparato UrinarioÉ o conxunto de órganos que producen e excretan ouriños, o principal líquido de refugallo do organismo. Esta pasa polos uréteres ata a vexiga, onde se almacena ata a micción (mexar).

Despois de almacenarse na vexiga os ouriños pasan por un conduto denominado uretra ata o exterior do organismo. A saída dos ouriños prodúcese pola relaxación involuntaria dun músculo: o esfínter vesical que se localiza entre a vexiga e a uretra, e tamén pola apertura voluntaria dun esfínter na uretra.

Non hai máis que unha diferenza entre o Aparato Urinario feminino e masculino: a uretra masculina é algo máis longa e é, ao mesmo tempo, unha vía urinaria e unha vía xenital. En cambio, a uretra feminina é un conduto exclusivamente urinario, sendo independente dos condutos xenitais








LÁMINA PARA SABER MÁIS:
Si tedes curiosidade e queredes ver como funciona e as partes dos aparatos excretores e urinarios
ollade esta lámina:

 A primeira e segunda (corte frontal e transversal) corresponde a un home.





A terceira ao aparato excretor e urinario  femenino





Tareas: do 14 ao 20 de decembro 2011

Hoxe mércores 14 de decembro volvo a recordar as tareas para o venres 16. Esta tarea foi posta o martes 13. Consiste en buscar e sintetizar información sobre o SANGUE, nun mínimo de 10  líneas, ata 15 ou 20 líneas como máximo.
Para luns 19, acordamos facer a proba do tema 5: "A nutrición: aparatos dixestivo,respiratorio,excretor e circulatorio", é dicir dende a páxina 56 ata a 60.

Para a volta de vacacións, repito outra vez, proxecto sobre o corazón,sangue,doazóns etc..que xa repartiremos por grupos aleatorios.

viernes, 9 de diciembre de 2011

Tema 5: A nutrición Tareas e actividades

Este tema, que comezamos a finais de novembro,vai a constar de dúas partes.
Unha primeira: cunha proba escrita onde vai a entrar: a nutrición, aparato dixestivo, a respiración, aparato respiratorio,a excreción e aparato excretor, e que faremos na semana do 12 ao 16 de decembro.
Unha segunda coa preparación dun proxecto para expoñer en xaneiro a volta das vacacións de nadal.
Faremos os grupos de 5 a sorteo.
Proxecto-exposición: a circulación, o aparato circulatorio e a nutrición.Constará de 3 ou 4 sesións, unha primeira na aula para organiza-lo traballo, guión, reparto de tareas, diálogo,boceto etc.
Unha sesión para consensuar, boceto do proxecto.Unha terceira para elaborar o proxecto e unha cuarta para a exposición e consulta do proxecto.
A calificación de estas dúas partes pasarán a formar parte da 2º avaliación.


Actividades:
1.-Resumo-esqemas conceptuais do aparato dixestivo,respiratorio,excretor e o seus correspondentes debuxos.Para o mércores 7, venres 9, luns 12,
2.-Actividades: 1 e 2, páxinas 57, 59, para mércores 7, luns 12.
Estas actividades serán puntuadas para esta avaliación e deben estar feitas nas datas sinaladas e na libreta, para que teñan o seu valor correspondente.
Repito o dito dende setembro sobre as normas: 3 días sen presentar as tareas, actividades,exercicios ou deberes, será sancionado cun punto menos na calificación correspondente a avaliación.!!!
E ollo coas faltas de ortografía, que dende novembro tamén repercutirán negativamente nas calificacións das probas!!!.

Tema 5: Nutrición. 1.- Aparato dixestivo

Na nutrición o corpo humano emprega 4 aparatos, que son o conxunto de órganos que realizan a mesma función.E son: aparato dixestivo, aparato respiratorio, aparato circulatorio e o aparato excretor.

Non significa o mesmo alimentación ca nutrición.A alimentación: é un proceso voluntario e consciente a través do cal as personas proporcionanse sustancias aptas para o consumo, as modifica partíndoas, cociñándoas, introducíndoas na boca, masticándoas e deglutindoas. É a partir deste momento que acaba a alimentación e comeza a nutrición.
A nutrición, propiamente dita, é o conxunto de procesos mediante os cales o organismo recibe, transforma e utiliza as sustancias nutritivas que conten os alimentos.A nutrición consiste nunha función máis complexa e non é voluntaria.
Esta é unha imaxe sinxela do aparato dixestivo.




 Aparato respiratorio: partes, imaxe












domingo, 27 de noviembre de 2011

Video o milagre da vida


Este video é interesante xa que fai un resumo das semanas do embarazo e as súas fases.
As imáxes son moitas a través de ecografías en 2D.
Hoxe en día as ecografías xa están en 3D ou 4D.


Outro video: este con ten moita máis información e literatura nas imáxes.

http://www.youtube.com/watch?v=1WnA73AfEQg&feature=related

Desenrolo Fetal, semana a semana


Este video dura sobre 10 minutos no que se describe o desenrolo fetal semana a semana, imáxenes do interior do ventre materno ata o parto.

Fala tamén da importancia que ten o vinculo afectivo nai- fillo durante o embarazo.



miércoles, 23 de noviembre de 2011

Actividades para venres 25 novembro e proba o 29

Seguindo co obxectivo de Aprender a aprender coas Tics e o emprego de esquemas-resumos conceptuais, tedes que facer un da páxina 48 e 49, do tema 4, "Embarazo e parto".
Recordade que o que está en negrita debe aparecer no esquema!!,e algunha palabra que vos sexa fácil para recordar ou comprender o resumo ou ideas principais.
Leede varías veces o texto, detidamente e subraiade o que sexa importante.
O venres 25, debedes traelo para revisalo.

O exame, control ou proba de este tema 4 será o martes 29 de novembro, ás 9:30 h. De acordo?.

martes, 15 de noviembre de 2011

Tema 4: A reproducción humana

Neste tema lembraremos as características da reproducción sexual, coñecemos as características dos aparatos reprodutores feminino e masculino, e descubrimos os procesos de fecundación, embarazo e parto.Asi mesmo, lembramos a importancia de non esquecer os nosos hábitos saudables durante a pubertade.
Estos contidos relacionados coa descrición dos aparatos reprodutores atraerán vivamente a vosa curiosidade, cuxa sexualidade estades empezando a espertar pola inminente entrada na pubertade (entre os 11 e 15 anos).Por elo trataremos tamén algúns contidos transversais sobre as relacións, gustos e a necesidade de establecer relacións baseadas nun trato igualitario,etc..(Por exemplo o 25 de novembro: "Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero (o asesinato das irmáns Miraval na Rep.Dominicana polo Xeneral Trujillo en 1960)", o respeto...)

A groso modo trataremos:

A reproducción humana:
1.-Caracteres sexuais: primarios e secundarios e celulas reprodutoras.
2.-Aparatos reprodutores: masculino e feminino e a fecundación.
3.-Embarazo e parto: desenvolvemento do embrión,desenvolvemento do feto e o parto.

Ampliaremos información sobre ou:
-Embarazos múltiples, xemelgos(univitelinos, bivitelinos) ,parecidos psicolóxicos,e non só físicos,e os estudos o longo da historia.

-Falaremos da sexualidade sen vergoña, naturalidade e con carácter científico,de emocións e implicacións coa axuda dos pais e nais.Empregando o diálogo, para evitar falsas crenzas e errores nas relacións.

-O papel no metabolismo, das hormonas producidas nos órganos sexuais: testosterona no home (testículos), e os estróxenos e a proxesterona na muller (ovarios).Según época,concentración,producen estados de ánimo,desexo,..en definitiva, as hormonas son un dos principais factores que determinan a forma en que unha persoa vive a súa vida.

Vocabulario para buscar e coñecer:
Carácter sexual primario: característica que diferencia o aparato reprodutor masculino e feminino.
Carácter sexual secundario: característica externa que diferencia homes e mulleres.
Cesárea: operación cirúrxica que se realiza abrindo a matriz uterina para extraer o bebé.
Cigoto: célula resultante da unión do óvulo e do espermatozoide despois da fecundación.
Flaxelo: prolongación celular lorga en forma de látego que lle permite á célula a súa mobilidade.
Pubertade: etapa do desenvolvemento  en que se desenvolven os caracteres sexuais secundarios.
acné: enfermidade da pel caracterizada por unha inflamación crónica das glándulas sebáceas que adoita producirse na pubertade. 
banco de células: lugar en que se almacenan células sanguíneas procedentes de cordón umbilical, para o seu posterior uso clínico.
Ecografía: técnica médica de exploración mediante ondas electromagnéticas ou acústicas, que rexistra o eco producido na súa propagación.(O seu mecanismo e similar a como os morcegos perciben os obstáculos na escuridade mediante a emisión de ultrasóns e a detección do seu eco).


A reproducción humana é unha función vital mediante a cal os seres humanos orixinan outros similares a eles.
É de tipo sexual, é dicir precisa da unión de  células sexuais masculina e feminina.Ademáis somos vivíparos (interna) e mamíferos.

A reproducción humana. Tema 4

Hol@ a todos de novo!!
Deixovos aqui un enlace para un xogo, xa que hoxe comezamos o Tema 4 deste curso 2011-12 sobre a reproducción humana, aparatos reproductor: masculino e feminino para ver, repasar, memorizar dun xeito lúdico.
Espero vos sirva e vos axude a comprender e estudar este tema.
Esta en castelán, pero podedes ver no libro o nome en galego ou empregar o enlace que temos no blog o traductor castelán - galego.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/56/html/datos/02_cono/act/act/u02/unidad_2.htm

martes, 8 de noviembre de 2011

Músculos Básicos

Para saber máis!!!


Cada unha das nosas articulacións dispón de, polo menos, un músculo que produce a súa flexión e doutro que produce a súa extensión;é o caso dos biceps, que producen a flexión do cóbado, e dos tríceps, que producen a súa extensión.No adestramento físico e no quecemento é moi importante traballar tanto os músculos flexores das articulacións coma os seus antagonistas, os extensores.Este traballo,necesario para compensar a tensión á que se encontran sometidas as articulacións, cobra especial importancia no caso da columna vertebral. Os músculos flexores son os abdominais, e os extensores, os lumbares, trapecios e dorsais.


Clasificación dos músculos según a súa distribución:


1.-Músculos da cabeza: maseteres (mastigar), bucinadores (labios), orbiculares (ollos)


2.-Músculos do tronco: manteñen a postura.
    2.1.-Pescozo: esternocleidomastoideos (xiran e agachan a cabeza), esplenios (levántana)
    2.2.-Parte anterior do tronco: abdominais e pectorais (flexionan o tronco),os intercostais (na respiración)
    2.3.-Parte posterior do tronco: trapecios (unen cabeza e os ombros ás costas), dorsais (levantan e xiran o tronco).


3.-Músculos das extremidades:


    3.1.-Extremidades superiores: Biceps (flexionan os brazos), triceps (estírannos),deltoides (levántanos), Extensores (estiran os dedos) e os flexores (dóbranos.)
    3.2.-Extremidades inferiores: cuadriceps ,glúteos, xemelgos

Principais ósos do esqueleto

Para este curso teremos que recoñecer e saber estes ósos.
Clasificación segundo a súa distribución:
1.-Ósos da cabeza:
     1.1.-Ósos do cranio: o frontal, dous temporais, dous parietais,e o occipital que protexen ó encefalo.

     1.2.-Ósos da cara: os nasais,os pómulos,e os maxilares.

2.-Ósos do tronco:
     2.1.-A columna vertebral: formada por vértebras,protexen a médula espiñal,e cos músculos manteñen a postura do corpo.

     2.2.-A caixa torácica: formada polas costelas e o esterno, protexe pulmóns e o corazón.

3.-Ósos das extremidades:

     3.1.-Extremidades superiores:
         3.1.1.-Brazo: úmero
         3.1.2.-Antebrazo: cúbito e radio
         3.1.3.-Pulso: ósos do carpo
         3.1.4.-Man: metacarpo
         3.1.5.-Dedos: falanxes, falanxinas (1ª falanxe,2ª falanxe)

     A clavícula e a omoplata forman a unión co tronco.

     3.2.-Extremidades inferiores:
         3.2.1.-Coxa: está o fémur
         3.2.2.-Perna: tibia e peroné
         3.2.3.-Nocello: ósos do carpo
         3.2.4.-O pé: metatarsos
         3.2.5.-Dedos: falanxes, falanxinas,falanxetas

      A cadeira é a unión co tronco e está formada por dous coxais, composto cada un por tres ósos: o ilio,o isquión e a pube.

Para saber máis!!!
"O esqueleto interno dos vertebrados ten unha longa historia evolutiva.Os primeiros vertebrados foron os peixes, descendentes de cordados primitivos,cunha notacorda,un cordón cartilaxinoso que percorría o seu corpo lonxitudinalmente.Algúns puntos da notacorda sufriron unha osificación, converténdose nas vértebras.Nos vertebrados actuais,as vértebras forman a columna vertebral, eo notocorda quedou fragmentada, formando os discos intervertebrais. A osificación na notacorda foi probablemente un proceso moi vantaxoso pola maior eficacia na inserción de músculos, o desenvolvemento dos dentes, e o depósito de calcio en forma de sales non perigosos".

Tareas para a semana do 7 ao 11 de novembro 2011

Estamos a traballar no tema 3: O aparato locomotor e as súas funcións. Onde os contidos principais son os ósos, músculos,articulacións e tendóns.
O martes 8, e o mércores 9 dedicarémolo ao concurso-xogo ¿Queres saber máis?  Participan 5 grupos de 5 alumn@s.
Consistirá en elaborar cada grupo 25 preguntas (5 cuestións cada un dos integrantes do grupo) e farán 20 preguntas a cada un do resto dos integrantes dos grupos. 
 Exemplo:
O grupo 1( composto por a,b,c,d,e, onde cada un ten 4 preguntas para facer ao resto: total 20): pregunta: a grupo 2 (composto f,g,h,i,j)
a pregunta a f
b pregunta a g
c pregunta a h
d pregunta a i
e pregunta a j
continuan asi co resto dos grupos. Cando remate o grupo 1, comeza a súa serie o grupo 2, ata que todo o grupo pregunte a todos.
Acerto 1 ponto.Pode pedir comodín,consiste en que os seus compañeiros lle axuden a responder,aconsellen ou informen, si acertan vale medio ponto.Pódense empregar dous comodíns en cada serie de preguntas.Gaña o equipo que máis pontos sumen.
Debedes consultar o libro, e o blog para elaborar as preguntas que deben versar sobre o tema 3: ósos, músculos,articulacións e tendóns e a súas funcións.

O venres 11 remataremos o concurso-xogo e comezaremos co tema 4: A reprodución humana

O luns 14, haberá o exame do tema 3.

lunes, 31 de octubre de 2011

Un pouco de teoría: MÚSCULOS



Músculos das extremidades superiores


O músculo é un tecido contráctil que forma parte do corpo humano e doutros animais. Está conformado por tecido muscular. Os músculos relaciónanse co esqueleto ou ben forman parte da estrutura de diversos órganos e aparatos.

Os músculos están envolvidos por unha membrana de tecido conxuntivo chamada fascia. A unidade funcional e estrutural do músculo é a fibra muscular. O corpo humano contén aproximadamente 650 músculos.


As funcións do músculo son:
- Produce movemento.
- Generan enerxía mecánica pola transformación da enerxía química (biotransformadores).
- Da estabilidade articular.
- Sirve como protección.
- Mantemento da postura.
- Es o sentido da postura ou posición no espazo, grazas a terminacións nerviosas incluídas no tecido muscular.
- Información do estado fisiolóxico do corpo, por exemplo un cólico renal provoca contraccións fortes do músculo liso xerando unha forte dor, signo do propio cólico.
- Achega de calor, pola súa abundante irrigación, pola fricción e polo consumo de enerxía.
- Estimulante dos vasos linfáticos e sanguíneos. Por exemplo, a contracción dos músculos da perna bombean axudando ao sangue venoso e a linfa a que se dirixan en contra da gravidade durante a marcha.


A súa clasificación non varia ao dos ósos xa que se clasifican en longos, curtos e anchos. Ademais, os seus nomes non varían moito do óso ao que pertencen.

Anchos e planos: son os que tes no tórax e no abdome. Protexen
os órganos delicados e interveñen nos movementos da respiración.

Longos ou fusiformes: forman parte do aparato locomotor (brazos e pernas).

Curtos ou orbiculares: son pequenos músculos con funcións particulares (boca, ollos, etc.).

Circulares: teñen forma de anel e pechan diferentes condutos do corpo (vexiga dos ouriños).


                                                                                                   
 
Tipos de músculos

Músculos extremidades inferiores
      

O tecido muscular está formado por uns filamentos alargados o u fibras, polo que poden diferenciarse dous tipos de músculos:

De fibra estriada: Son robustos e potentes, xa que forman parte do aparato locomotor. Son músculos voluntarios, é dicir, que podes contraer mediante unha orde do cerebro, excepto o corazón, un músculo involuntario formado por un tipo de fibra estriada especial, o miocardio.
De fibra lisa: Están constituidos por células musculares sen estrias.
A súa característica principal é que son involuntarios, é dicir, que non os podes contraer á vontade, polo que forman parte de numerosos conductos do corpo: as paredes do esófago, do estómago e do intestino, as venas e as  arterias, etc.






PARA SABER MÁIS:

Descrición e forma dos músculos:

Cada músculo estriado componse de dúas partes: unha parte vermella, branda e contráctil que constitúe a parte muscular, e unha parte esbrancuxada, forte e non contráctil que constitúe o tendón. Os tendóns varían na súa forma e disposición, dependendo da súa unión ás fibras musculares (que á súa vez se dispoñerán segundo a función do músculo).

Os tendóns son de cor branca nacarada e están constituídos por fibras elásticas que forman grupos, a súa vez recubertos por tecido conxuntivo laxo que separa entre se estes grupos ou fascículos. Pola súa forma, os músculos clasifícanse en: longos, anchos e curtos. Os músculos longos son aqueles nos que a dimensión segundo a dirección das súas fibras supera a dos outros diámetros. Estes, á súa vez, poden ser fusiformes ou aplanados, segundo o diámetro transversal sexa maior na súa parte media que nos extremes (así, o bíceps é un músculo longo e fusiforme, mentres que o recto do abdome é longo e aplanado).

Os músculos anchos son aqueles nos que todos os diámetros teñen aproximadamente a mesma lonxitude (o número ancho das costas). Os músculos curtos son aqueles que, independentemente da súa forma, teñen moi pouca lonxitude (os da cabeza e cara).
Función dos músculos:

Os músculos, debido á súa capacidade de contracción, fan posible que o esqueleto se mova. Así, as extremidades poden realizar movementos de flexi6n ou extensión, de rotación (pronación e supinación), de aproximación (adución) ou ao contrario (abdución). Como vimos, a maior parte dos músculos están provistos de tendóns, mediante os cales adoitan inserirse sobre os ósos. Segundo o tipo de inserción, é dicir, se o fan mediante máis dun extremo ou cabeza, divídense en bíceps (dúas cabezas), tríceps (tres cabezas) e cuadríceps (catro cabezas).

Dependendo de se están formados por máis dun corpo muscular, divídense en digástricos e poligástricos (dous ou máis corpos, respectivamente). Se toman a súa inserción Terminal por máis dun extremo ou cola, os músculos serán bicaudais, tricaudales ou policaudais, segundo o fagan por dous, tres ou máis extremos.
Situación dos músculos:

Segundo a súa situación os músculos divídense en superficiais e profundos:

1-Os músculos superficiais:
Están situados inmediatamente por debaixo da pel e, se ben no ser humano son rudimentarios e escasos, están inseridos, por un dos seus extremos, na capa profunda da pel. Algún destes músculos está na cabeza, cara, colo e man.

A maioría dos músculos profundos insiren os seus extremos sobre os ósos do esqueleto. Algúns fano nos órganos dos sentidos (músculos que moven os ollos) e outros están situados máis profundamente, relacionándose coa larinxe, a lingua, etcétera.



O músculo está composto por proteinas como son a miosina, e a actina.
Son as máis abundantes (cerca do 90 %) ,filamentos fibrosos e están implicadas na contracción e relaxación do músculo e forman os microfilamentos de este. A actina forma os filamentos delgados das fibras musculares e a miosina os filamentos grosos.
Existen dos tipos de fibras musculares estriadas: as bermellas son de contracción rápida e as blancas máis lenta. 
Cando o músculo se contrae se acorta

As proteínas están formadas por elementos máis pequenos chamados aminoácidos.
Existen 20 tipos de aminoácidos, deles os 8 son moi importantes e denomínanse aminoácidos esenciais porque non poden ser fabricados polo organismo, e se deben inxerir os alimentos que os conteñen da dieta.

As proteínas encárganse de fabricar os tecidos e ademais de mantelos, repoñelos cando se estragan, forman encimas, hormonas, neurotransmisores, encárganse da defensa inmunitaria, etc. Son elementos moi versátiles e necesarios.
Onde as encontramos?
A cultura da rúa asocia as proteínas ás carnes, isto débese ao termo "valor biolóxico ou nutritivo", dicimos que as proteínas de maior valor biolóxico son as animais, fronte ás proteínas vexetais de menor valor biolóxico. É necesario explicar un pouco isto, o valor biolóxico dunha proteína é a riqueza desta en aminoácidos esenciais.

O alimento con valor 100 é o leite materno, séguelle o ovo cun valor de 95, e o leite de vaca, peixe e carne con 75. Se miramos os vexetais temos as patacas con 75 e a soia, pan e arroz e legumes con 60.

Cal é o problema? Se é mellor a carne, por que non se recomenda? Pois porque a carne tamén é rica en graxas saturadas, das que soben o colesterol, e non é cuestión de pasarse, por iso a dieta mediterránea é sa, porque combina elementos protéicos de menor valor biolóxico como os legumes que non teñen todos os aminoácidos esenciais con outros como o arroz que complementan os que faltan. Así te comes unhas lentellas con arroz, tan sas, e esquéceseche o filete de todos os días.


La OMS (Organización Mundial da Saúde) recomenda un 30% da dieta sexan proteinas.


domingo, 30 de octubre de 2011

Video sobre o sistema óseo


Aqui podedes ver este video sobre o sistema óseo, e moi sinxelo e curto pero moi interesante e clarificador para 6º de Ed.Primaria.

En pantalla grande no enlace de abaixo.
<iframe width="420" height="315" src="http://www.youtube.com/embed/h03tFvQNKT8" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Ósos: para saber máis!!!!

Ósos e as súas funcións:

O esqueleto humano adulto está constituido por 202 ósos (206 si consideramos por separado as 5 vértebras sacras, que realmente están fundidas nun só óso; e ata 209 ou máis si incluimos ademáis as vértebras coxíseas, que tamén están fundidas nun só óso), a maioría deles pares, cun membro de cada par en cada lado do corpo. Os ósos impares son: as vértebras, o esternón, o frontal, o occipital, a mandíbula, o esfenoides, o etmoides, o vómer e o hioides.

Entre paréntesis e en negrita móstrase o número total de ósos de cada tipo no esqueleto humano:

• 1 Cabeza ósea (25)
• 2 Tronco e pescozo (53)
• 2.1 Columna vertebral (26)
• 2.2 Ósos do tórax (25)
• 2.3 Ósos da pelvis (2)
• 3 Esqueleto apendicular (124)
• 3.1 Membro ou extremidade superior (64)
o 3.1.1 Man: carpo e metacarpo (26)
o 3.1.2 Man: dedos (falanxes) (28)
• 3.2 Membro ou extremidade inferior (52)
o 3.2.1 Pe: tarso e metatarso (24)
o 3.2.2 Pe: dedos (falanxes) (28)

Algunas características dos ósos:
Son duros. Están formados por unha sustancia blanda chamada osteína e por unha sustancia dura formada por sales minerais de calcio e fósforo. Os ósos largos teñen na súa parte media un canal central recheo de médula amarela, e as cabezas son esponxosas e están cheas de médula ósea bermella.
 
Función dos ósos :
-Dar consistencia ao corpo.Protección dos órganos.
-Ser o apoio dos músculos e producir os movementos.
-Sirven como centro de maduración de eritrocitos (glóbulos bermellos). (Véase "cómo se produce a sangue")


Hai varios tipos de ósos :
Largos, como os do brazo o a perna.
Cortos, como os da moneca ou as vértebras
Planos, como os da cabeza



Para saber moito máis, e si queres aprender a aprender aquí vos deixo esta páxina en castelán que é moi moi interesante!!!!!!.
Mirade este enlace: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~29701428/salud/osteo.htm

miércoles, 26 de octubre de 2011

Respostas Avaliación Tema 2: Relación e coordinación

Estas son as solucións das actividades de avaliación:
1.- Relaciona con frechas: sería así:
-Vemos un amigo....................................Estimulo visual externo
-Dóenos unha moa..................................Estimulo interno
-Quitamos a man ao tocar algo quente.....Movemento reflexo 
-Segregamos saliva ao cheirar algo..........Resposta glandular
-Trememos ao sentir frio.........................Resposta muscular

2.-Escribe o nome do órgano receptor correspondente:
-Estimulos táctiles: pel                             Estimulos auditivos: oidos
-Estimulos visuais: ollos                           Estimulos olfativos: nariz
-Estimulos gustativos: lingua

3.- Escribe os números nos debuxos onde corresponda:
Eran uns debuxos dun oído e dun ollo.
Números do oído por orde de esquerda a dereita: 6,10,9,3,2
Números do ollo de arriba a abaixo: 1,4,8,5,7 

4.-Debuxo esquemático dunha neurona:
Debería aparecer: corpo celular (núcleo),dentrita e axón

5.-Completa:
O sistema nervioso está composto por nervios e por centros nerviosos.
Os nervios constitúen o sistema nervioso períférico, e os centros nerviosos forman o sistema nervioso central.

6.-¿Qué parte do sistema nervioso está representado neste debuxo?.Indica nome,compoñentes e funcións de cada un de eles:
a.-O cerebro: intervén nas accións voluntarias, na aprendizaxe e na memoria.
b.-O cerebelo: coordina os movementos do noso corpo e intervén no equilibrio.
c.-O bulbo raquídeo: controla as funcións básicas do organismo, como a respiración ou os latexos cardiacos.(movementos reflexos ou involuntarios)

7.-Tipos de nervios forman o sistema periférico.Explica a súa función.
O sistema nervioso periférico está formado polos nervios sensitivos e os nervios motores.
Os sensitivos conducen a información dende os receptores ata o sistema central.
Os motores levan a información desde o sistema nervioso central ata os músculos e as glándulas.

8.-Amalia ve o seu estoxo,estira a man para collelo.Explica o estimulo e a resposta,e explica que compoñentes do sistema nervioso interviñeron.
Cando ve o estoxo,está percibindo un estímulo visual,que é conducido polo nervio óptico,un nervio sensitivo que pertence ao sistema nervioso periférico. O cerebro,que forma parte do sistema nervioso central,elabora a resposta: coller o estoxo; e envía a través dos nervios motores, que tamén forman parte do sistema nervioso periférico,as orde aos músculos correspondentes do brazo e á man para que realicen os movementos. 

Unha nova ferramenta para aprender: o blog

Hola alumn@s!!
Dende este mes de outubro vamos a empregar unha nova ferramenta para a área de Coñecemento do Medio.
Xa sabedes que hoxe en día están en boga o emprego das Tics (técnicas de informacion e comunicación social) e por suposto no colexio tamén e máis concretamente nas dúas áreas que imparto eu: Ed.Fisica e Coñecemento do Medio.
Imos utilizar os BLOGS, coma este, para transmitir información, compartir, estudar,e todo o que se vos ocurra para facer destas áreas algo ameno, actual e motivador, de acordo?
Aqui publicaremos todo o referente os temas de este ano: APUNTES, ESQUEMAS,IMAXES,VIDEOS,ACTIVIDADES,etc.
Espero a vosa colaboración e participación.
Sin máis, espero vos guste e anime a seguir profundizando no Coñecemento a través da REDE, para asi tratar o obxectivo deste ano: APRENDER A APRENDER, que tanto difunde e persiste a nova educación basada nas Competencias Básicas que debedes ir adquirindo e que xa vos irei contando.
ANIMO!!!!