jueves, 26 de abril de 2012

Construccións romanas: o seu legado tecnolóxico

Video sobre a tecnoloxía romana e o que nos deixaron.


Grecia Antigua

Grandes civilizacións: Grecia.
Breve introducción a historia de Grecia: as cidades estado: Atenas,Esparta,Olimpia, Corintio...Fala un pouco de: o seu arte,o ideal de beleza (canon grego),atletas (olimpiadas), deuses, héroes, arquitectura, obras, filosofía, matemáticas, Socrates,Platón,Aristóteles,(cultura clásica)

Algúns deuses gregos: mitoloxía segundo Homero, vivían no monte Olimpo.
Zeus: Deus do ceo, do trono, pai dos deuses e dos homes e a sua muller: Hera
Afrodita: deusa da beleza, sexualidade femenina, do amor
Artemisa:virxen casta
Apolo: ten varios poderes, deus do orden,cura e trae plagas (dual), do sol, música..)
Urano,Kronos, Atenea (sabiduría,educación,guerra) , Poseidón (deus do mar,axitador), Hércules, Hades, Deméter (deusa da terra, plantas..).Dionisio (del vino), Hermes

A Hispania Romana dende s.III a.C.

Video sobre a chegada e conquista dos romanos alá polo finais do século III a.C.
Comezaba a Hispania Romana.


Video Prehistoria e primeiros poboadores da Peninsula

Neste video fala da prehistoria de Peninsula Ibérica: do Paleolítico(Atapuerca, Altamira) do Neolítico e da Idade dos Metais (no Levante), tamén da Protohistoria, etapa antes da chegada dos colonizadores: fenicios,gregos,cartaxineses,romanos.... Mellor escoitade o video que é moi sinxelo e de fácil comprensión.

 
E outro sobre a cova de Altamira que tivemos ocasión de estudar e ver en directo (ao museo da Neocueva) na excursión de Cantabria na visita a Santillana de Mar neste mes de abril (16 ao 20).








Prehistoria: Paleolítico e Neolítico

A prehistoria comezou fai 4.000.000 de anos coa aparición dos primeiros seres humanos.
Dividese en tres etapas: Paleolítico (pedra antiga), Neolítico(pedra nova) e Idade dos Metais.
Paleolítico en Europa: características
-Periódo. 1.000.000 de anos ata aprox. 8.000 anos a.C.(Hominidos procedentes de Africa Oriental e Asia).
-Vivían da caza, pesca e recolección de froitos.
-Eran nómadas (pequenos grupos).Habitan en covas, cabanas..
-Utilizaban ferramentas de óso,pedra (silex),madeira como: lanzas,coitelos.
-Vestimenta de peles e empregaban o lume.
-Arte rupestre: pinturas,coma as das covas de Tito Bustillo, Altamira,no norte (Cantabria,Asturias.) restos en Atapuerca (Burgos).
















Pincha neste enlace!!!: para saber máis

Prehistoria interactiva





Neolítico: comezou aprox. 8.000 anos a.C.
Características:
-Iniciouse a agricultura e gandaría. Estos avances produciron importantes cambios (revolución neolítica):
-Vida sedentaria: poboados e cultivos.Megálitos: monumentos de pedra funerarios.
-Avances tecnolóxicos: pedra pulida, cerámica, vasillas, recipientes,elaboración de alimentos (queixo,viño...)

Na península atoparonse restos: na costa de Levante,Cataluña e Andalucia.







Arquitectura prehistórica












Proba escrita tema 11

A proba escrita do tema 11 de prehistoria e historia antiga da península ibérica será o mércores 2 de maio, ás 9:30 h.
So entrará este tema.

miércoles, 25 de abril de 2012

Tareas Tema 11.Historia

Nesta semana do 23 ao 27 de abril estamos a tratar o tema 11 sobre prehistoria e Historia de España.
Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais e Historia Antiga: Grecia e Roma e a romanización da Península (Hispania).
Entre as tareas que faremos, están un proxecto por equipos. Mañan xoves 26 escolleremos o tema a traballar e poden ser:
1.-Prehistoria da Península (Paleolítico e Neolítico),
2.-Romanización de Hispania (Roma),
3.-Cultura castrexa e megalitismo en Galicia,
4.-Grecia,
5.-Outras culturas: poboadores da Península (Celtas,Iberos,Celtiberos..)Exipto,Mesopotamia,..

Comezaremos este traballo o luns 30 de abril para rematar o 4 de maio.Será puntuable (de 1 a 4) para a nota deste trimestre.
Debedes recoller a información nos días seguintes.

martes, 24 de abril de 2012

Considérase que a Prehistoria é unha especialidade científica que estuda, por medio da escavación, os datos deste período da Historia que precedeu á invención da escritura e no que os restos arqueolóxicos son a nosa principal fonte de información.
A metodoloxía de base para a obtención de datos na Prehistoria é a Arqueoloxía entre outras disciplinas ( Paleoantropoloxía, Antropoloxía,Paleontoloxía,Física nuclear...).

A prehistoria (do latín præ: 'antes de', e do grego: 'historia') é, segundo a definición clásica, o período de tempo transcorrido dende a aparición do home (Homo sapiens sapiens) ata a invención da escritura, hai máis de 5000 anos (aproximadamente no ano 3300 a. C.). Pero segundo outros autores remataría coa aparición das sociedades complexas (poboacións) que deron lugar ás primeiras civilizacións e Estados ("Revolución neolítica").

África é o berce da humanidade e actualmente é continente con máis pobos prehistóricos.

Prehistoria e historia na Península Ibérica
No estudo da Prehistoria e neste caso a da península ibérica, existe un problema fundamental que dificulta a súa investigación: a cronoloxía exacta. Sobre todo as datas relativas aos seus primeiros habitantes, a procedencia destes e o seu enlace étnico cos distintos tipos prehistóricos e a súa localización.

A historia de P.Ibérica propiamente dita, comeza coa chegada dos pobos colonizadores (fenicios, gregos, cartaxineses e, posteriormente, romanos). Estaban culturalmente máis adiantados que os habitantes peninsulares nativos e impuxeron sobre eles a súa economía, os seus costumes e as súas tradicións.

Os nosos antepasados
A hominización é o proceso evolutivo da especie humana. Dende que Darwin publicou El orixe das especies en 1859, formuláronse diversas hipóteses, aínda que hoxe se sabe que a evolución non seguiu un desenvolvemento lineal, senón que houbo variacións continentais.
A historia da presenza humana na península ibérica remóntase a uns 800.000 anos, tras o descubrimento dun dos primeiros antepasados dos seres humanos no depósito da Gran Dolina en Atapuerca (Burgos) e ao que se lle bautizou como Homo antecessor. Ademais de en Atapuerca, encontráronse restos en Cúllar (Granada), na provincia de Xaén e na zona do río Manzanares en Madrid.

Moito máis recente é a presenza do home de Neanderthal. Os seus primeiros restos, encontrados en Xibraltar, foron datados nuns 60.000 anos atrás. Hai 40.000 anos aparecen os primeiros restos na península do Homo sapiens.


Na Península Ibérica: (debemos ter en conta)
Á hora de estudar a historia de España, é preciso ter en conta algunhas das características orográficas e climáticas que influíron no desenvolvemento histórico español.

O carácter peninsular explica unha historia condicionada polo mar, do que chegaron grandes influencias e intercambios culturais. Por outro lado, o illamento respecto ao Norte de Europa causado pola fronteira natural dos Pireneos, en ocasións contribuíu a orixinar unha relativa separación entre a evolución na península ibérica e a do resto de Europa. Ademais, a súa situación xeográfica constituíu o eslabón que une Europa e o Norte de África, formando un nexo de interconexión entre os factores histórico-culturais procedentes dos continentes africano e europeo.
En canto á xeografía interior, estivo determinada por un relevo complexo e un clima moi variable


Paleolítico dividese en tres etapas:
  • Paleolítico Inferior, del 1.500.000 al 100.000 a. C.
  • Paleolítico Medio, del 100.000 al 35.000 a. C.
  • Paleolítico Superior, del 35.000 al 10.000 a. C.
Comezamos o 3º trimestre.!!
Está dedicado a historia de España.
O primeiro tema, o 11, trata da Prehistoria, e Historia Antiga da Península Ibérica.
Aqui deixovos este enlace sobre Roma, a vida no Imperio Romano.
Vida Romana

sábado, 7 de abril de 2012

APUNTES: Ríos de España

Estos son os ríos que tedes que estudar neste tema 10.
Tedes tamén o enlace na entrada publicada no blog o 29 de marzo que pon hidrografía (hai un esquema e a mesma vez enlaces para mapas de rios e vertentes).

Vertente Atlántica:
A.- norte: de leste a oeste
01.-Bidasoa (Guipuscoa)
02.-Nervión (Bilbao)
03.-Pas e Deva (en Cantabria)
04.-Nalón, Narcea e Navia (Asturias).
05.-Eo, Eume, Tambre,Ulla, Miño (Sil).(norte a sur en Galicia).Estudámolos o ano pasado!!!.

B.- Cunca do Douro:
06.-Douro: Afluentes: Pisuerga,Carrión, Esla,Órbigo,Tormes

C.-Cunca do Texo:
07.-Texo: afluentes: Henares, Jarama, Alberche,Tiétar,Alagón

D.-Cunca do Guadiana:
08.-Guadiana

E.-Cunca do Guadalquivir:
09.-Tinto
10.-Guadalquivir:(Genil,Guadalimar,Guadiato)
11.-Guadalete

Vertente Mediterránea: (sur a norte e de oeste a leste)
1.-Guadalhorce
2.-Segura (Sangonera) en Murcia.
3.-Júcar (Cabriel) e Turia en Valencia.

F.-Cunca do Ebro
4.-Ebro:Aragón,Gállego,Cinca e Segre (de Pirineos) e Jalón e Guadalope (S.Ibérico).

5.-Llobregat en Barcelona.
6.-Ter en Xirona