domingo, 18 de octubre de 2015

A NUTRICIÓN PARA Nenos - 6º PRIMARIA - TEMA 2

Nocións básicas sobre a nutrición.



Outro video tamén sobre estos conceptos de nutrición, alimentación, órganos e aparatos deste proceso.
Video

miércoles, 7 de octubre de 2015

Ciencias Naturais 6º de Primaria

Neste curso 2015-16 na área de ciencias naturais de 6º de Primaria abordaremos 6 temas ou unidades didácticas, dúas por trimestre.
1ºTrimestre:
Tema 1: Os seres vivos. Clasificación: reinos dos seres vivos.Organización.A célula
Tema 2. A nutrición.

Tema 1: Os seres vivos.


Tema 2 A nutrición:
Relación dos seres vivos, seres humanos e as súas funcións vitais. Breve esquema coas funcións, órganos e aparatos.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Un hito na Historia: aterrizaxe da sonda Philae no cometa 67P!!!.

La misión de la ESA (Agencia Espacial Europea) Rosetta ha aterrizado de forma controlada su sonda Philae en un cometa. Es la primera vez en la historia que se logra una hazaña así. 
Después de una tensa espera, durante el descenso de siete horas hacia la superficie del cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko, la señal que confirma el aterrizaje exitoso ha llegado a la Tierra a las 16:03 GMT (17:03 CET). 
La confirmación se ha enviado vía la nave Rosetta a la Tierra, y ha sido recibida simultáneamente por la estación de la ESA en Malargüe, Argentina, y la estación de la NASA en Madrid. La señal fue confirmada de forma inmediata por el Centro Europeo de Operaciones Espaciales (ESOC) de la ESA en Darmstadt, Alemania, y el Centro de Control de Philae de la agencia DLR en Colonia, Alemania. 
Los primeros datos de los instrumentos de la sonda de aterrizaje se transmitieron al Centro de Ciencia, Operaciones y Navegación de Philae en Toulouse, Francia, de la agencia espacial francesa CNES. 
“Nuestra ambiciosa misión Rosetta se ha ganado un lugar en los libros de historia. No solo es la primera en entrar en órbita de un cometa; ahora se ha convertido también en la primera en colocar una sonda de aterrizaje en la superficie de un cometa”, dijo Jean-Jacques Dordain, Director General de la ESA. 
Philae’s parting image of Rosetta, taken shortly after separation
Philae’s parting image of Rosetta, taken shortly after separation
“Con Rosetta abrimos una puerta al origen del planeta Tierra, y promoviendo una comprensión mejor de nuestro futuro. La ESA y su misión Rosetta han logrado hoy algo extraordinario”. 
“Después de más de 10 años viajando a través del espacio, ahora estamos haciendo el mejor análisis científico de uno de los más antiguos remanentes de nuestro Sistema Solar”, dijo Álvaro Giménez, Director de Ciencia y Exploración Robótica de la ESA. 
“El éxito de hoy se asienta en décadas de preparación, que garantizan que Rosetta seguirá siendo un actor definitivo en la ciencia de exploración de cometas y espacial”. 
“Estamos enormemente aliviados por haber sobrevivido al aterrizaje en la superficie del cometa, especialmente teniendo en cuenta el desafío añadido que ha supuesto los fallos en el estado de la sonda”, dijo Stephan Ulamec, Philae Lander Manager, del DLR, en el Centro Aeroespacial Alemán. 
“En las próximas horas sabremos exactamente dónde y cómo hemos aterrizado, y empezaremos a obtener la mayor cantidad posible de datos científicos de la superficie de este mundo fascinante”. 
Rosetta fue lanzada el 2 de marzo de 2004 y viajó 6.400 millones de kilómetros a través del Sistema Solar antes de llegar al cometa el 6 de agosto de 2014.
 
“El viaje de Rosetta ha sido un continuo desafío operacional”, ha dicho Thomas Reiter, ESA Director of Human Spaceflight and Operations. “Ha requerido un abordaje innovador, precisión y mucha experiencia”. 
“Este éxito es testimonio del trabajo de equipo sobresaliente y de la experiencia en la operación de satélites, adquirido por la ESA a lo largo de los últimos 50 años”.  

Philae touchdown
El lugar de aterrizaje, bautizado Agilkia y localizado en el corazón del extraño cometa con forma de  doble lóbulo, se escogió solo seis semanas antes de la llegada, basándose en imágenes y datos obtenidos desde una distancia de entre 30 y 100 Km del cometa.  Estas primeras imágenes revelaron en seguida que el cometa es un mundo lleno de rocas, con acantilados y precipicios, y chorros de gas saliendo de la superficie. 
Tras un período en que Rosetta estudió de cerca la superficie, a una distancia de 10 Km, Rosetta se desplazó de nuevo a una trayectoria más alejada para prepararse para soltar a Philae. 
La liberación de la sonda se confirmó a las 09:03 GMT (10:03 CET) a una distancia de 22.5 Km del centro del cometa. Durante el descenso de siete horas, realizado sin propulsión ni sistema de guiado, Philae tomó imágenes y recogió información sobre el entorno del cometa.
Rosetta’s deployment of Philae to land on Comet 67P/Churyumov–Gerasimenko

Acceso a la página da ESA!!!.Videos en inglés.Pincha abajo en el enlace.

“Una de las mayores incertidumbres asociadas al envío de Philae fue la posición de Rosetta en el momento de la separación, que ha estado influenciada por la actividad del cometa en ese momento específico y que, a su vez, pudo afectar la trayectoria de descenso de la sonda”, dijo Sylvain Lodiot, ESA Rosetta Spacecraft Operations Manager. 
“Más aún, estamos llevando a cabo estas operaciones en un entorno sobre el que apenas hemos empezado a investigar, a 510 millones de kilómetros de distancia de la Tierra”. 
Se esperaba tocar la superficie a una velocidad de 1 metro por segundo aproximadamente. El mecanismo de tres patas debe absorber el impacto para prevenir el rebote, y unos crampones en cada pata, y dos arpones disparados en el momento del aterrizaje, deban anclar la sonda a la superficie. 
Noticia Euronews!!



jueves, 5 de junio de 2014

Tema 12 Idade Media e Moderna

Unidade coa metodoloxía de aprendizaxe cooperativa e interdisciplinar (plástica, biblioteca, lingua, inglés) .
Esta unidade estase facendo en equipos cooperativos.
As actividades son en grupo:
-Chuvia ideas: folio xiratorio (Idade Media, Moderna)
-Esquema: liña do tempo. 
-Actividades do libro páx: 161
-Organiza a información páx: 162 (tipo cuadro-resumo-chaves..)
-Elaboración de pirámides da sociedade (Medieval e Moderna)
-Visionado da película de debuxos animados "O Cid".
-Videos: Descubrimento de América, Goya, Guerra Sucesión 1701-1713-14 (Tratado de Utrech).Camiño de Santiago (reconquista).

Aquí debaixo temos algúns esquemas, resumos e imaxes para comprender mellor estas etapas da historia de España.Exemplos de esquemas e resumos para practicar!! e un montón de información para acadar os obxectivos desta unidade!!.



Guerra de Sucesión **
Foi unha Guerra de dinastías (que tivo como causa fundamental a morte sen descendencia de Carlos II de España, último representante da Casa de Habsburgo, e que deixou como principal consecuencia a instauración da Casa de Borbón no trono de España. No interior de España a Guerra de Sucesión evolucionou ata convertirse nunha guerra civil entre borbónicos, cuio principal apoio encontraronno na Coroa de Castilla, e austracistas, maioritarios na Coroa de AragónPara a Monarquía Hispánica as principais consecuencias da guerra foron a pérdida das súas posesións europeas e a desaparición da Coroa de Aragón, o que puso fin ao modelo «federal» de monarquía, ou «monarquía composta», dos Habsburgo españois.
-Exposicións dos PPT: Imprenta, descubrimento de América, Ilustración, Barroco, Século de Ouro...
-Valoración indiviual e en grupo. Avaliación dos equipos



Arte Idade Moderna: esquema de nocións moi básicas!!!






Causas dos descubrimentos xeográficos!!América-Africa-Asia (Indias)




Esquema resumo Idade Media na Península








Enlace para ver e buscar información!!
Pincha aquí debaixo!!
Historia Idade Media


Sociedade nas primeiras etapas: a pirámide social




Para comparar estas dúas épocas da Idade Media a Baixa e a Alta Idade Media:
1.-Sociedade S.VI-XI






2.-Sociedade S.XI-XIV








A idade Moderna en España!! s.XVI-XVIII




Sociedade na Idade Moderna!!





Guerra de Sucesión **. Para saber máis!!



miércoles, 23 de abril de 2014

3º trimestre curso 2013/2014. Xeografía e Historia. Temporalización.

Comezo o martes 22 de abril do 2014 o 3º trimestre deste curso escolar.
Temas a desenrolar e tratar: Xeografía e Historia de España
Tema 10: Climas e ríos
Tema 11: Prehistoria e Hª Antiga de España: faremos un traballo escrito.
Tema 12: Idade Media e Moderna de España
Tema 13: Idade Contemporánea
Tema 14 e 15: Poboación e sectores económicos de España .Continente europeo e Unión Europea ( proxecto final ).

Temporalización:
Semana do (22 ao 25 de abril) e semana do (28 de abril ao 2 de maio)
-Apuntes e elaboración de mapas físicos de climas e ríos de España.Consulta no blog e na PDI.
-Crear un cuadro das características dos climas de España.
-Seguimento a través da libreta, avaliación da mesma (ata 2 puntos), comprobación do traballo realizado.
-Pasar os apuntes dos ríos e das costas a un mapa mudo.Comprobar a correcta colocación dos datos.
-Proba escrita de 5 cuestións sobre climas e vertientes hidrográficas.Será o 30 de abril.



TEMA  10 

"CLIMAS E RÍOS DE ESPAÑA"

PARTE A: CLIMAS:

Introducción.Vocabulario da unidade.
1.-Definición de clima e tempo. É o tempo atmosférico que predomina nunha zona ao longo de varios anos.
1.1.-Características do clima :
-Temperaturas (Tª media anual, Tª máxima e mínima, diurnas e nocturnas).
-Precipitacións: co pluviómetro (l/m2).
1.2.-Factores do clima:
-A latitude: distancia dun punto da Terra ao ecuador. Tres zonas climáticas: cálida, temperada, fría.
-A altitude: distancia vertical dun punto sobre o nivel do mar.
-A distancia ao mar: suaviza as temperaturas (tarda máis tempo en arrefriar e quecer ca terra)
-O relevo: nas zonas montañas chove máis (chocan as nubes coas montañas)
1.3.- Factores do clima en España:
-Ten diferentes latitudes.Zona temperada e zona cálida
-O relevo de España: ten diferenzas de altitude.
-A distancia ao mar: ten zonas de costa e interior.
A influencia destes factores provoca a existencia de varios climas en España.na maioría do territorio existe o clima mediterráneo, no norte, é oceánico, nas zonas elevadas, de montaña, e en Canarias, subtropical.

2.-Tipos de climas:Variedades. Dominios dos climas de España (localización):
-Oceánico: no norte e noroeste (mar Cantábrico e do océano Atlántico). Temperaturas suaves (mar), baixan en inverno. Precipitacións frecuentes todo o ano.


-Mediterráneo (típico, continental e seco):

*Mediterráneo Típico:na costa do mediterráneo, Estremadura, Andalucia occidental
Temperaturas suaves en inverno e altas altas no verán. Chuvias escasas sobre todo no verán e no outono só,torrencialmente. 

*Mediterráneo de interior ou continental: Na Meseta, depresión do Ebro, interior de Cataluña, noroeste de Andalucía.
Temperaturas altas no verán e baixas no inverno (ex: en Madrid).Chuvias escasas, máis frecuentes na primavera e outono.Inverno pode nevar.

*Mediterráneo Seco: sudeste da Península.Temperaturas suaves no inverno e altas no verán.Precipitacións moi escasas. (ex: Almería (os westerns, acordádevos??)


-De montaña:a partir dos 1500 mts.temperaturas frescas no verán, e moi baixas en inverno (neve).

-Subtropical.Nas illas Canarias.temperaturas suaves todo o ano, chuvias escasas (nos cumios e norte dalgunhas illas poden ser abundantes.)




PARTE B: RIOS

RÍOS DE ESPAÑA

0.-Definición. Características:

Río: son correntes continuas de auga que desembocan no mar, lago ou noutro río.
Curso: Percorrido dun río.. Leito:zona por onde discorren as augas.Divídese en partes: curso alto, medio e curso baixo.
Caudal:é a cantidade de auga que transporta o río.
-Réxime: é a variación da cantidade de auga ao longo do ano. 
-A disminución do caudal no verán chámase estiaxe.
Vertente: superficie de terreo polo cal discorren os ríos que van a desembocar ao mesmo mar.

 

Vertentes:

1.-Vertente Cantábrica: os ríos son curtos e caudalosos, de réxime regular, xa que están proximas as montañas ao mar e o  clima da zona é Oceánico (precipitacións frecuentes).
Ríos: Eo, Navia, Nalón (Asturias), Pas (Cantabria), Nervión, Bidasoa (P.Vasco)(6)


2.-Vertente Atlántica é a máis extensa.Por tanto ten diferentes características (De Galicia a Andalucía Occidental (Huelva-Sevilla-Cádiz)).
Galicia:
2.1.-Ríos galegos: curtos e caudalosos. ( Clima Oceánico ).Exs: Miño, Sil, Ulla, Tambre, Sar, Eume, Mandeo,Avia, Limia..

2.2.-Ríos da Meseta: réxime ou caudal irregular, en verán sofren estiaxe.
*Douro: (afluentes: Pisuerga, Esla, Tormes..) desemboca en Oporto (Portugal).
*Texo: é o río máis longo da Península. Nace na Sª Albarracín e desemboca en Lisboa (Portugal).Afluentes: Xarama, Guadarrama..
*Guadiana :
2.3.-Ríos de Andalucía occidental: a maioría son curtos, e de réxime irregular e sofren longas estiaxes.
*Guadalquivir (é longo),outros ríos: Xenil, Guadalete, Guadalimar, Tinto,,


3.-Vertente Mediterránea:réxime ou caudal irregular (polo clima mediterráneo)e estiaxe en verán.Inundacións ou crecidas bruscas, en outono.
Ríos: Ebro (é o máis caudaloso e longo de España). Afluentes: Segre, Cinca, Gállego, Aragón..
Ter, Llobregat (Cataluña). O Xúcar, Turia e Segura (C.Valenciana). Guadalhorce (Andalucía).


Nalgunhas zonas do clima mediterráneo y subtropical, en que as precipitacións son irregulares provocan leitos con auga intermitente chamados torrentes, corgas ou barrancos.Por exemplo nas illas e no suroeste da Península.
-Torrentes das Baleares: (Na Borges, Muro)
-Barrancos de Canarias. Taburiente (na Palma), Masca (Tenerife), La Aldea (Gran Canaria).
-Corgas na costa mediterránea: como as de Nogalte en Murcia, La Colaita en Valencia...


jueves, 13 de febrero de 2014

Tema 7 A electricidade e o magnetismo

TEMA 7 A ELECTRICIDADE E O MAGNETISMO
1.-A electricidade. Electricidade estática. Comportamento dos corpos fronte á electricidade: materiais condutores e illantes.
2.-Corrente eléctrica: circuitos eléctricos e usos da corrente eléctrica.
3.-Magnetismo: imáns e as súas características, polos magnéticos da Terra e usos do magnetismo.
4.-Electromagnetismo: electricidade, magnetismo e usos do electromagnetismo.

Vocabulario:
Carga eléctrica: cantidade de electricidade dun corpo.Protón, neutrón, electrón...
Condutor:
Illante:
Compás:
Interruptor:
Magnetita:

Temporalización (luns 11 ao venres 21 de febreiro 2014)

Introducción:
Chuvia de ideas. Lectura páxs: 84 á 87.( 12-13 febreiro).Seguridade fronte á electricidade.
Presentar ou "lanzar"  como elaborar un circuito (ideas)*
Video Cantinflas: A electricidade


Actividades: (a partir do martes 18)
-Lectura e subraiado dos textos.Palabras clave e en negrita.
-Elaborar esquema-resumo.Guión do tema.
-Esquema páx. 94 (completar)
-Debuxo dun circuito.
-Construcción, deseño dun circuito eléctrico * (só, parellas ou en equipo cooperativo).Para antes do 7 de marzo.
-Videos.
-Elaboración dalgún experimento: cargas eléctricas, electroimán, imáns,....
-Actividades da páxina 95.Oral e na libreta (2,4,6,7,9).

Ampliación:
Campo magnético terrestre (non permanece sempre igual polo movemento do seu núcleo externo (estado líquido a 4000 ºC ten Fe e Ni) onde se orixina, e varia polas fluctuacións). A magnetosfera.
Biografías Ohm, Faraday, Oersted,..: búsqueda de información.
Lámpadas de baixo consumo.
Videos e enlaces do blog.
http://www.exploradores.org.pe/electricidad.html
Consulta de outros blogs.

Sen libros:
A electricidade: http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio6/la_electricidad/index.htm

http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1124

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/ieshuelin/departamentos/tecnologia/flashes/funcionamiento_v2.swf

Circuitos eléctricoshttp://proyectos.cnice.mec.es/arquimedes/movie.php?usuario=2&nivel=1&movie=fp005/gm001/md005/ut001/0flash/movie.swf

O magnetismohttp://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio6/el_magnetismo/index.htm

Caza do tesouro:  http://web.educastur.princast.es/cp/principe/caza_tesoro_electricidad_magnetismo/index.htm




4ª Semana de febreiro:Temporalización


-Resumo-esquema e dudas.
-Lectura "Aprender a aprender" e "Competencias". Polos Magnéticos da Terra (núcleo externo)
-Comezo de exposicións de proxectos ata o 7 de marzo.
-Repaso (elaboración de apuntes na libreta punto 2, 3 e 4) Martes 25.(ver máis abaixo)
-Proba escrita mércores 26: (4 preguntas curtas e 1 de desenrolo dun punto do tema).


INTRODUCCIÓN
A electricidade é unha enerxía que se encontra na materia. As partículas subatómicas do átomo están cargadas electricamente: os electróns negativamente (-), e os protóns positivamente (+). A relación destas cargas eléctricas explican a mesma estrutura do átomo:
Os electróns, que forman a codia do átomo, móvense constantemente xa que se evitan os uns aos outros, a causa do efecto de repulsión que producen as cargas dun mesmo signo. No núcleo este efecto vese contrarrestado pola acción dos neutróns (que non teñen carga) que evitan a repulsión dos protóns +, e manteñen o núcleo cohesionar.

Aínda que a gran distancia, os electróns permanecen arredor do núcleo circulando grazas á atracción que exercen sobre eles os protóns (cargas distintas atráense).
Nun átomo hai o mesmo número de electróns que de protóns; e diferéncianse polo número de partículas que os forman. Por exemplo, o ouro ten un protón e un electrón máis que o mercurio.

As propiedades de cada tipo de átomos (como se combinan, con quen...) depende do número de electróns que hai na súa codia.




7.1.- A electricidade. A electricidade estática 
A electricidade: É un tipo de enerxía que non se atopa directamente na natureza, o home ten que producila nas centrais eléctricas.
A electricidade estática é un tipo de electricidade que se produce cando nalgún corpo se acumulan cargas eléctricas.As cargas poden ser positivas ou negativas.Segundo o tipo de carga podemos clasificar os obxectos en:
-Neutros: se teñen o mesmo nº de cargas positivas e negativas.A maioría dos corpos son neutros.
-Cargados electricamente: ou ben positivos(máis carga positiva) ou negativos (si teñen máis cargas negativas)
Os corpos con cargas distinta atráense e si teñen a mesma carga repélense.





-Materiais conductores (permiten o paso das cargas eléctricas ex: metais) e
-Materiais illantes (non permiten o movemento de cargas eléctricas exs: madeira, plástico, o pelo, a goma, o vidro..)

2.- A corrente eléctrica
Consiste no movemento de cargas eléctricas por un material conductor. Por onde circulan esas cargas chámase circuito eléctrico.

2.1.-Circuitos eléctricos:
-Compoñentes básicos (xerador de corrente, elementos conductores, aparato ou receptor )
-Outros (interruptor, contador, elementos de protección ou diferenciais)

2.2.- Usos da corrente
-Luz, imaxe e son (tv, lámpadas, radio, ordenador, equipos música...)
-Calor: estufas, fornos, cociñas...
-Movemento: lavadoras, trens, máquinas....
-Comunicacións: teléfonos, radio, tv, radar...

3.-O magnetismo
Descuberto en Asia, a magnetita en Magnesia fai máis de 3000 anos= Propiedade de certos materiais de atraer metais como o ferro e o aceiro
3.1.-Imáns
3.2.-Características
3.3.-Os polos magnéticos da Terra: núcleo máis externo (Ni e Fe) compórtase coma un imán xigante. Detéctase cun compás (forzas de convección)
3.4.-Usos do materiais magnéticos.

4.-O electromagnetismo:
É a relación entre a corrente eléctrica e o magnetismo. A electricidade produce magnetismo.
-Electroimán:
-O magnetismo produce electricdade con xeradores electromagnéticos.
-Usos do electromagnetismo.  


domingo, 26 de enero de 2014

Esquema resumo tema 6 A enerxía ao noso redor


Video: Como se xenera a enerxía: hidroeléctrica, solar, térmica...



Unha central hidroeléctrica. 



Documental enerxía eólica



Tipos ou formas de enerxía