domingo, 10 de junio de 2012

Sistema político actual español




A Constitución foi aprobada o 6 de decembro de 1978.Nela recoñecese que a soberanía reside no pobo e por iso todos os cidadáns e cidadás españois maiores de 18 teñen dereito a votar e a elixir os seus representantes. (como curiosidade: na Constitución de 1837 tamén existía este dereito, durou moi pouco).
Ademáis, a Constitución garante os dereitos e liberdades fundamentais e a igualdade ante a lei de todos os españois.Tamén establece as institucións ou poderes do Estado:
-O rei: coroa, é o xefe de Estado: cargo vitalicio e hereditario.Funcións: representar a España pero non goberna.
-As Cortes Xerais: é o nome que recibe o Parlamento español, formado por dúas cámaras: Senado e Congreso dos Deputados. Exercen o poder lexislativo.
Os deputados e senadores son elixidos nas eleccións xerais cada catro anos.Elaboran e aproban as leis,controlan as actividades do goberno e aproban os orzamentos xerais do Estado.
-O Goberno é o encargado da facer cumprir as leis e de gobernar.Exerce o poder executivo.
O presidente do Goberno é elixido polo Congreso dos Deputados, e coordina e designa aos ministros.
-Os xuíces e mais os tribunais de xustiza teñen a función de asegurar que as persoas e as institucións obedezan e cumpran as leis. Exercen o poder xudicial.

A Constitución recoñece ás rexións e nacionalidades que integran España o dereito á autonomía, isto é, a ter un goberno, unhas institucións e un Estatuto de Autonomía, que é a lei básica que regula as competencias da Comunidade.
España consta de 17 Comunidades Autónomas, e de dúas cidades autónomas de Ceuta e Melilla.


Para repensar!!.: actualmente somos unha comunidade autónoma de Europa?ou unha provincia de Alemaña (coa crise actual)?.


Polo tanto o noso estado español funciona así:


Temos un organigrama que ben se pode ver nesta imaxe:





E nos diferentes niveis: Estado, Autonomía e provincias: a organización é a seguinte que se pode observar e comprender nesta imaxe:






O Mapa Político de España queda así actualmente: coas 17 Comunidades e 50 provincias e dúas cidade Autónomas:

Proba do Tema 13: Hª Contemporánea

Finalmente a proba escrita será o mércores 13 de xuño, como vos acordástedes.
Terá unhas 8 preguntas curtas, e tres máis longas (de desenrolar).
Será a derradeira proba escrita como tal para esta avaliación, xa que despois de esta haberá que elaborar o proxecto final como xa falamos e que tamén decideremos estos días cal debedes facer cada grupo.Incluiremos os temas 14 (poboación española, actividades económicas (sectores)) e 15 (Europa, Unión Europea) tamén.

Recordovos as tarefas para presentar mañan, luns 11 de xuño!!!!
-Resumo-esquema conceptual da páxina 174-175, O sistema político español e as Comunidades autónomas e españolas.
-División de poderes: copiar recadro.

martes, 5 de junio de 2012

Historia Contemporánea

Historia Contemporánea:
1.-Inicios: comeza a finais do século XVIII (1789).
2.-Acontecementos máis importantes:
2.1.-Revolucións políticas: contra as monarquías absolutas. Exemplo: A Revolución Francesa (1789, a xente do común esixiu os mesmos dereitos ca os grupos privilexiados,ademáis estaban cansados das guerras (Independencia de EE.UU),crise económica,deudas do Estado,subida de impostos, do trigo...)
 2.2.-Revolución Industrial: A invención da máquina de vapor e a súa aplicación permitiu a aparición das 1ª fábricas, aumento da producción e unido ao desenvolvemento do ferrocarril fixo florecer o comercio.Foron en definitiva uns avances económicos e sociais como veremos máis adiante.
Transformouse a vida rural e artesanal en urbana e industrial ou mecanizada, aumento de excedentes e tamén de poboación.



Cales foron por tanto as grandes transformacións do século XIX debido as revolucións políticas e industriais?
1.-Aparición de réximes políticos parlamentarios: representantes dos cidadáns nos parlamentos, o rei ten menos poder.Aparecen nalgúns países o goberno da república, elexidos os seus gobernantes por votación.
2.-O avance da industrialización: fábricas por talleres, máquinas,man de obra do rural emigra as cidades (obreiros).
3.-Cambios na sociedade: diferencias no reparto da riqueza, había privilexiados (ricos,eran os donos das fábricas, das terras, banqueiros, burgueses...Clases altas.).As clases baixas agrupaban a campesiños, obreiros das fábricas).Aparecen os partidos políticos, sindicatos...para pedir melloras e dereitos.

Para saber máis!!: Historia e memoria

A Guerra Civil é un dos acontecementos decisivos da Historia Contemporánea de España.
Seguramente tedes algún familiar que vos pode contar acontecementos, vivencias desta época.Como?por exemplo co exercicio da memoria, preguntando a súa experiencia ou a vida neses tempos.
Podemos ter unha imaxe, unha idea,ou concepto da nosa historia máis recente a través da memoria colectiva.
Tamén pódese estudar unha época a través da iconografía por exemplo: fotografía,moda,peiteados que non axudan a situar no tempo.Ollade algunha das fotografías que tedes na casa, de avós,tíos,pais e nais etc..
Recordovos que a Historia é o coñecemento do pasado a través de fontes, como os documentos, os restos arqueolóxicos, as obras de arte ou as fotografías como contaba anteriormente.Os datos que proporcionan as fontes permítenlles aos historiadores reconstruir como se organizaban as sociedades.
A memoria colectiva,porén, é a forma que ten unha sociedade de representar o seu propio pasado, a través das súas vivencias ou impresións dos acontecementos que viviu.
A Historia e a memoria aliméntanse mutuamente: a memoria inflúe nos historiadores á hora de reconstruír o pasado, sobre todo o máis próximo no tempo; e o coñecemento histórico, a través de libros, inflúe na imaxe que un conxunto de persoas ten sobre o pasado e o presente.

lunes, 4 de junio de 2012

Picasso

Cuadro de Picasso, "Guernica " pintado en 1937, en plena Guerra Civil española e que nos vai a servir para o estudio desta época, un episodio atroz e que xa veremos está relacionado co exército alemán de Hitler.Tamén claro está e vai a ser un medio para elaborar o proxecto final, ben coma actividade (intelixencia visual e plástica,) etc..
Xa vos comentarei estes días na aula.

O voso blog para o proxecto final

Hola
Nestes días abrin este blog educativo para vos. Xa vos dixen que utilizaríamos a novas tecnoloxías dixitais e esta ferramento como recurso, por iso este blog nos servirá de nexo de unión e aprendizaxe.
Direivos como funciona, usuario,contraseña, publicación de articulos, entradas,videos etc..
Aqui podedes e debedes publicar o vosos traballos.
Compartiremos os proxectos.
Espero que sexa útil, funcional e válido para os vosos futuros aprendizaxes dun xeito ameno e diferente.E polo menos que vos motive e guste!!.

http://ciamariasantiago6a.blogspot.com.es/

ciamariasantiago6a@gmail.com

Contraseña:  

Tema 13.Tarefa grupos de 3

Hola rapaces!!
Como sabedes e para recordarvos a tarefa desta unidade nº 13, que
vai sobre a Historia Contemporánea de España, hoxe fixemos os grupos base de 3, excepto un que é de 4.
A partires de hoxe vamos a elaborar o proxecto que pode escoller cada grupo.Estos días dareivos os temas,cuestións, suxerencias,pistas etc ..para que sexades capaces de presentar, expoñer e mostrar aos demáis o voso proxecto (finalidade).
Entre os temas relacionados coa unidade 13 están:
1.-Revolución Industrial en España s.XIX. O ferrocarril,inventos, zonas industriais.
2.-Diferentes reximenes no s.XIX-XX en España.Monarquías, repúblicas,parlamentarismo,...
3.-Constitucións 1812/ 1837/1845/1869/1876/1931/1978. Constitucionalismo español: tensións sociais e políticas, convulsións políticas.Diferencias,o por qué? etc..Elaborar tamén un decálogo básico de dereitos da persoa en toda a súa extensión humana e humanizadora.
4.-Picasso: estudo da súa obra en relación co tempo histórico, ideoloxía, etapas (azul,rosa,cubista,surrealismo,,. Ex: Guernica (bombardeo por la legión Cóndor).Unha das actividades seracelaborar un cadro (emprego das técnicas e estilo picassiano).
5.-Guerra Civil, Ditadura de Franco:memorias, encuesta,na familia (recordos),claves..Actividades tipo:entrevista algún familiar.fotos da época (pequena exposición),películas (cine español),...
6.-II Guerra Mundial.Imáxenes,aviación,novos avances,bomba atómica,(videos).Guerra Fría
7.-A democracia: partidos políticos (legalización partido Comunista),Xoán Carlos I,.
8.-Unión Europea, A OTAN,o EURO...
9.-Ciencia en España dende o s.XIX-XX. Ramón y Cajal, e foráneos: Pasteur,Einstein

Poderemos empregar a ordenadores da sala de informática (faremos algunha sesión ali) ,programas que estivemos tratando este ano: word,PPT,Movie maker, tamén Youtube, blogs, música , video, cine (películas) etc..
Iremos perfilando este proxecto interdisciplinar nestes días para darlle forma.
O que quero conseguir dalgún xeito e que desperte en vós a curiosidade,o por qué das cousas e outro tipo de intelixencias para ser máis competentes relacionadas co obxectivo deste ano Aprender a aprender!!.