Hola rapaces!!
Como sabedes e para recordarvos a tarefa desta unidade nº 13, que
vai sobre a Historia Contemporánea de España, hoxe fixemos os grupos base de 3, excepto un que é de 4.
A partires de hoxe vamos a elaborar o proxecto que pode escoller cada grupo.Estos días dareivos os temas,cuestións, suxerencias,pistas etc ..para que sexades capaces de presentar, expoñer e mostrar aos demáis o voso proxecto (finalidade).
Entre os temas relacionados coa unidade 13 están:
1.-Revolución Industrial en España s.XIX. O ferrocarril,inventos, zonas industriais.
2.-Diferentes reximenes no s.XIX-XX en España.Monarquías, repúblicas,parlamentarismo,...
3.-Constitucións 1812/ 1837/1845/1869/1876/1931/1978. Constitucionalismo español: tensións sociais e políticas, convulsións políticas.Diferencias,o por qué? etc..Elaborar tamén un decálogo básico de dereitos da persoa en toda a súa extensión humana e humanizadora.
4.-Picasso: estudo da súa obra en relación co tempo histórico, ideoloxía, etapas (azul,rosa,cubista,surrealismo,,. Ex: Guernica (bombardeo por la legión Cóndor).Unha das actividades seracelaborar un cadro (emprego das técnicas e estilo picassiano).
5.-Guerra Civil, Ditadura de Franco:memorias, encuesta,na familia (recordos),claves..Actividades tipo:entrevista algún familiar.fotos da época (pequena exposición),películas (cine español),...
6.-II Guerra Mundial.Imáxenes,aviación,novos avances,bomba atómica,(videos).Guerra Fría
7.-A democracia: partidos políticos (legalización partido Comunista),Xoán Carlos I,.
8.-Unión Europea, A OTAN,o EURO...
9.-Ciencia en España dende o s.XIX-XX. Ramón y Cajal, e foráneos: Pasteur,Einstein
Poderemos empregar a ordenadores da sala de informática (faremos algunha sesión ali) ,programas que estivemos tratando este ano: word,PPT,Movie maker, tamén Youtube, blogs, música , video, cine (películas) etc..
Iremos perfilando este proxecto interdisciplinar nestes días para darlle forma.
O que quero conseguir dalgún xeito e que desperte en vós a curiosidade,o por qué das cousas e outro tipo de intelixencias para ser máis competentes relacionadas co obxectivo deste ano Aprender a aprender!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario