1.-Inicios: comeza a finais do século XVIII (1789).
2.-Acontecementos máis importantes:
2.1.-Revolucións políticas: contra as monarquías absolutas. Exemplo: A Revolución Francesa (1789, a xente do común esixiu os mesmos dereitos ca os grupos privilexiados,ademáis estaban cansados das guerras (Independencia de EE.UU),crise económica,deudas do Estado,subida de impostos, do trigo...)
2.2.-Revolución Industrial: A invención da máquina de vapor e a súa aplicación permitiu a aparición das 1ª fábricas, aumento da producción e unido ao desenvolvemento do ferrocarril fixo florecer o comercio.Foron en definitiva uns avances económicos e sociais como veremos máis adiante.
Transformouse a vida rural e artesanal en urbana e industrial ou mecanizada, aumento de excedentes e tamén de poboación.
Cales foron por tanto as grandes transformacións do século XIX debido as revolucións políticas e industriais?
1.-Aparición de réximes políticos parlamentarios: representantes dos cidadáns nos parlamentos, o rei ten menos poder.Aparecen nalgúns países o goberno da república, elexidos os seus gobernantes por votación.
2.-O avance da industrialización: fábricas por talleres, máquinas,man de obra do rural emigra as cidades (obreiros).
3.-Cambios na sociedade: diferencias no reparto da riqueza, había privilexiados (ricos,eran os donos das fábricas, das terras, banqueiros, burgueses...Clases altas.).As clases baixas agrupaban a campesiños, obreiros das fábricas).Aparecen os partidos políticos, sindicatos...para pedir melloras e dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario