martes, 5 de junio de 2012

Para saber máis!!: Historia e memoria

A Guerra Civil é un dos acontecementos decisivos da Historia Contemporánea de España.
Seguramente tedes algún familiar que vos pode contar acontecementos, vivencias desta época.Como?por exemplo co exercicio da memoria, preguntando a súa experiencia ou a vida neses tempos.
Podemos ter unha imaxe, unha idea,ou concepto da nosa historia máis recente a través da memoria colectiva.
Tamén pódese estudar unha época a través da iconografía por exemplo: fotografía,moda,peiteados que non axudan a situar no tempo.Ollade algunha das fotografías que tedes na casa, de avós,tíos,pais e nais etc..
Recordovos que a Historia é o coñecemento do pasado a través de fontes, como os documentos, os restos arqueolóxicos, as obras de arte ou as fotografías como contaba anteriormente.Os datos que proporcionan as fontes permítenlles aos historiadores reconstruir como se organizaban as sociedades.
A memoria colectiva,porén, é a forma que ten unha sociedade de representar o seu propio pasado, a través das súas vivencias ou impresións dos acontecementos que viviu.
A Historia e a memoria aliméntanse mutuamente: a memoria inflúe nos historiadores á hora de reconstruír o pasado, sobre todo o máis próximo no tempo; e o coñecemento histórico, a través de libros, inflúe na imaxe que un conxunto de persoas ten sobre o pasado e o presente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario