domingo, 10 de junio de 2012
Sistema político actual español
A Constitución foi aprobada o 6 de decembro de 1978.Nela recoñecese que a soberanía reside no pobo e por iso todos os cidadáns e cidadás españois maiores de 18 teñen dereito a votar e a elixir os seus representantes. (como curiosidade: na Constitución de 1837 tamén existía este dereito, durou moi pouco).
Ademáis, a Constitución garante os dereitos e liberdades fundamentais e a igualdade ante a lei de todos os españois.Tamén establece as institucións ou poderes do Estado:
-O rei: coroa, é o xefe de Estado: cargo vitalicio e hereditario.Funcións: representar a España pero non goberna.
-As Cortes Xerais: é o nome que recibe o Parlamento español, formado por dúas cámaras: Senado e Congreso dos Deputados. Exercen o poder lexislativo.
Os deputados e senadores son elixidos nas eleccións xerais cada catro anos.Elaboran e aproban as leis,controlan as actividades do goberno e aproban os orzamentos xerais do Estado.
-O Goberno é o encargado da facer cumprir as leis e de gobernar.Exerce o poder executivo.
O presidente do Goberno é elixido polo Congreso dos Deputados, e coordina e designa aos ministros.
-Os xuíces e mais os tribunais de xustiza teñen a función de asegurar que as persoas e as institucións obedezan e cumpran as leis. Exercen o poder xudicial.
A Constitución recoñece ás rexións e nacionalidades que integran España o dereito á autonomía, isto é, a ter un goberno, unhas institucións e un Estatuto de Autonomía, que é a lei básica que regula as competencias da Comunidade.
España consta de 17 Comunidades Autónomas, e de dúas cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Para repensar!!.: actualmente somos unha comunidade autónoma de Europa?ou unha provincia de Alemaña (coa crise actual)?.
Polo tanto o noso estado español funciona así:
Temos un organigrama que ben se pode ver nesta imaxe:
E nos diferentes niveis: Estado, Autonomía e provincias: a organización é a seguinte que se pode observar e comprender nesta imaxe:
O Mapa Político de España queda así actualmente: coas 17 Comunidades e 50 provincias e dúas cidade Autónomas:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario