Mostrando entradas con la etiqueta Tema 7 Apuntes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 7 Apuntes. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de febrero de 2014

Tema 7 A electricidade e o magnetismo

TEMA 7 A ELECTRICIDADE E O MAGNETISMO
1.-A electricidade. Electricidade estática. Comportamento dos corpos fronte á electricidade: materiais condutores e illantes.
2.-Corrente eléctrica: circuitos eléctricos e usos da corrente eléctrica.
3.-Magnetismo: imáns e as súas características, polos magnéticos da Terra e usos do magnetismo.
4.-Electromagnetismo: electricidade, magnetismo e usos do electromagnetismo.

Vocabulario:
Carga eléctrica: cantidade de electricidade dun corpo.Protón, neutrón, electrón...
Condutor:
Illante:
Compás:
Interruptor:
Magnetita:

Temporalización (luns 11 ao venres 21 de febreiro 2014)

Introducción:
Chuvia de ideas. Lectura páxs: 84 á 87.( 12-13 febreiro).Seguridade fronte á electricidade.
Presentar ou "lanzar"  como elaborar un circuito (ideas)*
Video Cantinflas: A electricidade


Actividades: (a partir do martes 18)
-Lectura e subraiado dos textos.Palabras clave e en negrita.
-Elaborar esquema-resumo.Guión do tema.
-Esquema páx. 94 (completar)
-Debuxo dun circuito.
-Construcción, deseño dun circuito eléctrico * (só, parellas ou en equipo cooperativo).Para antes do 7 de marzo.
-Videos.
-Elaboración dalgún experimento: cargas eléctricas, electroimán, imáns,....
-Actividades da páxina 95.Oral e na libreta (2,4,6,7,9).

Ampliación:
Campo magnético terrestre (non permanece sempre igual polo movemento do seu núcleo externo (estado líquido a 4000 ºC ten Fe e Ni) onde se orixina, e varia polas fluctuacións). A magnetosfera.
Biografías Ohm, Faraday, Oersted,..: búsqueda de información.
Lámpadas de baixo consumo.
Videos e enlaces do blog.
http://www.exploradores.org.pe/electricidad.html
Consulta de outros blogs.

Sen libros:
A electricidade: http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio6/la_electricidad/index.htm

http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1124

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/ieshuelin/departamentos/tecnologia/flashes/funcionamiento_v2.swf

Circuitos eléctricoshttp://proyectos.cnice.mec.es/arquimedes/movie.php?usuario=2&nivel=1&movie=fp005/gm001/md005/ut001/0flash/movie.swf

O magnetismohttp://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio6/el_magnetismo/index.htm

Caza do tesouro:  http://web.educastur.princast.es/cp/principe/caza_tesoro_electricidad_magnetismo/index.htm




4ª Semana de febreiro:Temporalización


-Resumo-esquema e dudas.
-Lectura "Aprender a aprender" e "Competencias". Polos Magnéticos da Terra (núcleo externo)
-Comezo de exposicións de proxectos ata o 7 de marzo.
-Repaso (elaboración de apuntes na libreta punto 2, 3 e 4) Martes 25.(ver máis abaixo)
-Proba escrita mércores 26: (4 preguntas curtas e 1 de desenrolo dun punto do tema).


INTRODUCCIÓN
A electricidade é unha enerxía que se encontra na materia. As partículas subatómicas do átomo están cargadas electricamente: os electróns negativamente (-), e os protóns positivamente (+). A relación destas cargas eléctricas explican a mesma estrutura do átomo:
Os electróns, que forman a codia do átomo, móvense constantemente xa que se evitan os uns aos outros, a causa do efecto de repulsión que producen as cargas dun mesmo signo. No núcleo este efecto vese contrarrestado pola acción dos neutróns (que non teñen carga) que evitan a repulsión dos protóns +, e manteñen o núcleo cohesionar.

Aínda que a gran distancia, os electróns permanecen arredor do núcleo circulando grazas á atracción que exercen sobre eles os protóns (cargas distintas atráense).
Nun átomo hai o mesmo número de electróns que de protóns; e diferéncianse polo número de partículas que os forman. Por exemplo, o ouro ten un protón e un electrón máis que o mercurio.

As propiedades de cada tipo de átomos (como se combinan, con quen...) depende do número de electróns que hai na súa codia.




7.1.- A electricidade. A electricidade estática 
A electricidade: É un tipo de enerxía que non se atopa directamente na natureza, o home ten que producila nas centrais eléctricas.
A electricidade estática é un tipo de electricidade que se produce cando nalgún corpo se acumulan cargas eléctricas.As cargas poden ser positivas ou negativas.Segundo o tipo de carga podemos clasificar os obxectos en:
-Neutros: se teñen o mesmo nº de cargas positivas e negativas.A maioría dos corpos son neutros.
-Cargados electricamente: ou ben positivos(máis carga positiva) ou negativos (si teñen máis cargas negativas)
Os corpos con cargas distinta atráense e si teñen a mesma carga repélense.





-Materiais conductores (permiten o paso das cargas eléctricas ex: metais) e
-Materiais illantes (non permiten o movemento de cargas eléctricas exs: madeira, plástico, o pelo, a goma, o vidro..)

2.- A corrente eléctrica
Consiste no movemento de cargas eléctricas por un material conductor. Por onde circulan esas cargas chámase circuito eléctrico.

2.1.-Circuitos eléctricos:
-Compoñentes básicos (xerador de corrente, elementos conductores, aparato ou receptor )
-Outros (interruptor, contador, elementos de protección ou diferenciais)

2.2.- Usos da corrente
-Luz, imaxe e son (tv, lámpadas, radio, ordenador, equipos música...)
-Calor: estufas, fornos, cociñas...
-Movemento: lavadoras, trens, máquinas....
-Comunicacións: teléfonos, radio, tv, radar...

3.-O magnetismo
Descuberto en Asia, a magnetita en Magnesia fai máis de 3000 anos= Propiedade de certos materiais de atraer metais como o ferro e o aceiro
3.1.-Imáns
3.2.-Características
3.3.-Os polos magnéticos da Terra: núcleo máis externo (Ni e Fe) compórtase coma un imán xigante. Detéctase cun compás (forzas de convección)
3.4.-Usos do materiais magnéticos.

4.-O electromagnetismo:
É a relación entre a corrente eléctrica e o magnetismo. A electricidade produce magnetismo.
-Electroimán:
-O magnetismo produce electricdade con xeradores electromagnéticos.
-Usos do electromagnetismo.  


jueves, 23 de febrero de 2012

Tema 7 A electricidade e o magnetismo

Esta unidade e a continuación do estudo da electricidade como forma de enerxía.
A electricidade estática é un tipo de electricidade que se produce cando nalgún corpo se acumulan cargas eléctricas.
As cargas eléctricas poden ser positivas ou negativas.Segundo a a cantidade dun tipo de carga ou doutro, podemos clasificar os obxectos de dúas maneiras:
-Neutros: teñen o mesmo número de positivas e negativas.(a maioría)
-Cargados electricamente: Máis positivas(carga electrica positiva), e negativo (si ten máis carga negativa).
Coa mesma carga repélense, con distinta carga electrica, atraénse.

Máis adiante falárase das cargas positivas dos núcleos dos átomos (estructura atómica da materia) e a negativa dos electróns.

Estas cargas poden moverse polos obxectos e por iso decimos que os materiais poden ser conductores(permiten o paso de carga electrica) ou illantes senón permiten o paso das cargas polo seu interior.

A corrente eléctrica é o movemento das cargas eléctricas a través dun material conductor.
Necesitase un circuito eléctrico para que exista coorente e as cargas circulen, formado por distintos compoñentes:
-Xerador de corrente. PROPORCIONA ENERXÍA, ex. unha pila
-Fios conductores: materias metálicos por onde circula a corrente.
-Aparatos ou receptores: que utlizan a corrente para transformala noutro tipo de enerxía.
-Interruptor: abre ou pecha o circuito.
-Contador: indica a cantidade de enerxía.
-Elementos de protección ou diferenciais: interrompen de forma automática o paso da corrente nun accidente.
Usos da corrente:
-Luz.
-Imaxe
-Sonido
-Calor
-Movemento: trens, lavadoras,batedores...
-Comunicacións:radio, teléfonos,tv...

O magnetismo: a electricidade e o magnetismo están relacionados entre si.A relación que existe entre ambos chámase electromagnetismo.
Os fenómenos magnéticos eran xa coñecidos polos antigos gregos. Parece ser que foron observados por 1ª vez na cidade de Magnesia, en Asia Menor, da que tomou o nome o termo magnetismo.Sabían que certas pedras atraían o ferro e que os anacos de ferro atraídos, atraían a súa vez outros. Estas denomináronse imáns naturais.

O magnetismo produce electricidade (xeradores electromagnéticos) de dous tipos:
-o movemento dun imán entre un cable envolto en espiral ou bobina.(dinamos das bicis).
-os que aproveitan o movemento dunha bobina entre dous imáns.

Usos do electromagnetismo:
É a obtención de electricidade nas centrais eléctricas mediante xeradores electromagnéticos.formados por imáns moi grandes e potentes.Para movelos aproveitase a enerxía cinética (nas hidroeléctricas a auga), e nos eólicos o vento.