Mostrando entradas con la etiqueta Historia Medieval. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia Medieval. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de mayo de 2012

Arte Medieval: O Gótico

Naceu este arte en Francia s.XII.Grazas as transformacións económico-políticas deste século,o crecente desenrolo dos núcleos urbanos (igrexias máis grandes por ex: León, Burgos,Toledo). É un arte fundamentalmente relixioso ao o igual co románico.
Algúns trazos arquitectónicos son:
-Arco oxival
-Bóvedas de crucería (xa empregada anteriormente)
-Rosetón: vidrieras de cores que permiten a entrada de máis luz.
-Os contrafortes externos que se alexan dos muros cos arbotantes e pináculos: danlle máis altura as edificacións frente as iglesias rurales pequenas e oscuras do románico.

En escultura destacar: O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago con figuras máis humanas, naturais e de beleza ideal.



Vidrieras: luz







En contraposición co Románico:que ten estas características:
Elementos de la arquitectura románica
Materiais utilizados para a construcción: pedra de sillería, sillares.
Muros robustos de sillería, reforzados por contrafortes.
Arcos de medio punto e abocinados.
Bóveda de cañón e de crucería.
Escased de vanos, polo que o interior e moi oscuro.
No interior: grosos pilares con columnas adosadas.
As plantas:
*Basilical de tres ou cinco naves (forma rectangular). De influencia  romana.
*Poligonais, coma a da igrexia de Eunate (Navarra).
*De cruz latina: planta basilical á que se lle añade unha nave transversal chamado transepto.




martes, 22 de mayo de 2012

Arte da Idade Media: o Románico



A Catedral de Santiago na época medieval estaba asi construída, máis tarde añadiuse a parte da etapa do Barroco (XVII-XVIII)

Apuntes de Historia Medieval de España 6º

1.- Inicio da Idade Media en Europa: grandes trazos (características).
-Século III: comeza a crise do Imperio Romano de Occidente, perda do poder do emperador.
Prodúcese a chegada dos pobos xermánicos ás provincias romanas.
-Século IV-V: Invasión ou incursión de pobos xermánicos de Centroeuropa: Suevos,Alanos,Vándalos no ano 409.Francos, e Visigodos (415-418 pacto ou foedus cos romanos e instálanse na Galia con capital Tolosa.No ano 507 instalanse no centro da Peninsula con capital en Toledo.).

O cristianismo convértese na relixión oficial dos pobos e reinos novos. O Papa é máxima autoridade relixiosa.

2.-Feudalismo: é unha nova organización social, económica e política que se inicia coa caída do Imperio Romano, prodúcese unha nova etapa histórica.
Na Alta Idade Media ( s.V ao s.X )a vida urbana entrou en decadencia, en parte pola desaparición da autoridade romana, que facía posible o desenvolvemento dun intenso comercio grazas á seguridade nos camiños e nas rutas marítimas e ao uso da moeda común.
Na Idade Media gran parte da poboación vivía no campo, en comunidades autosuficientes onde se producía todo canto se consumía. No campo buscaban a seguridade e vivían en feudos (son grandes territorios organizados cerca dun castelo.
O rei era a máxima autoridade, cedíalle os feudos aos nobres e estos convertíanse nos seus vasalos.
Os privilexiados eran: nobres e clero.
E os campesiños e artesáns formaban a xente do común.Pagaban impostos e prestaban os servicios aos seus señores.


Video Caida do Imperio romano de Hispania e invasión dos pobos bárbaros: 
Os visigodos




Video resumo da Reconquista cristián da península contra ao Al-Andalus:






A partires do S.XI-XII (Baixa Idade Media) comeza o rexurdir das cidades,comercio,mercados, feiras,centro artesanais e comerciais, os gremios,catedrais,centros relixiosos e culturais.
Arte: romámico: (arco de medio punto,pranta de cruz latina...) e gótico (arco oxival e o rosetón (luz,color..)





Nas imaxes de abaixo podedes ver as diferenzas entre a Alta Idade Media (feudos,vida rural..) e Baixa I.Media (cidades,vida urbana..).


Na Idade Media prodúcese varias transformacións na sociedade, na economía e na política.
Nesta imaxe mostrase a vida nos diferentes ámbitos: Baixa I.Media



Arte Románico: pranta cruz latina, arco de medio punto,pouca luz, sobriedade....
Ex: A Catedral de Santiago de Compostela
















viernes, 4 de mayo de 2012

Visigodos e musulmáns

Video sobre a chegada de visigodos e musulmáns, representa a Alta Idade Media na Peninsula entre os séculos V e VI.
Houbo grandes transformacións políticas, sociais e económicas.
Invasións dos pobos (cultura) xermánicos e árabes.








miércoles, 2 de mayo de 2012

Tema 12: Historia Medieval e Moderna

Historia Medieval de España
Breve introducción
A historia medieval de España abarca dende a caída do Imperio romano de Occidente no século V (aínda que non deixa de ser un período de transición) ata o fin desta idade, que tradicionalmente se considera finalizada a mediados do século XV en Europa e en España marca un ano significativo o de 1492 co descubrimento do novo mundo (América) e a conquista de Granada expulsando da Península Ibérica aos musulmáns.
Tras a caída do Imperio Romano de occidente ata o s. VII España estivo integrada na Hispania wisigothorum (Reino de Toledo, reino visigodo). Partes dela dominábanas os suevos, vándalos e alanos.A España visigoda xuntou esforzos para unificala conforme á herdanza romana e conseguiu unificala finalmente co rei Suintila.


Tras a caída do Reino de Toledo polas tropas musulmás(invasión musulmana) ,nas batallas coma a de Guadalete e Cæsar Augusta (Zaragoza). Tras isto xurdiron núcleos cristiáns (reconquista) de oposición ao dominio islámico na península, como o Reino de Asturias que se fixo forte tras a batalla de Covadonga, xurdiría do reino de Asturias o reino castelán, que en principio se denominaba Condado de Castella. Xurdiron núcleos máis ao leste como o Reino de Navarra, e algúns núcleos de resistencia nos Pireneos, como Aragón, Pallars, os condados cataláns... (que serían absorbidos pola marca hispánica que representaba un protectorado e bastión cristián na península comandado polo Imperio carolinxio).

Tras isto Castela fíxose forte e independendizouse do entón Reino Astur-leonés reinando Ramiro II. Máis tarde se configurarían en España unha serie de reinos: Castela, León, Aragón e Navarra, sendo Castela o máis importante estendéndose a súa lingua (o castelán) por toda Hispania.
No s. VIII comeza unha nova mentalidade de reconquista, inspirado en recuperar a antiga Hispania visigoda, aínda que, en realidade, estes núcleos cando estaban os visigodos no poder estaban en contra deste. Dende a Hispania visigoda conseguiuse a volver unir a Hispania case na súa totalidade en 1492 coa conquista de Granada e despois de antes unirse en matrimonio os Reis Católicos. Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón.Carlos I e despois Felipe II herdaría entre multitude de territorios extrapeninsulares a Portugal uníndose así de novo totalmente a Hispania. Portugal volveríase independendizar nas simultáneas revoltas de Cataluña e Portugal.




Con estas mapas podedes ver a evolución da invasión dos pobos de centroeuropa e declive do Imperi romano dende o s.IV d.C. ata a entrada e expulsión dos musulmáns.

Mapa do Imperio Romano no S.IV-V d.C.,comezo das invasións dos pobos Xermánicos 




Invasión pobos xermánicos na peninsula s. VI d.C. : visigodos, suevos, alanos, vándalos.....



Mapa da Península Ibérica co asentamento dos pobos xermánicos S.VI d.C