Mostrando entradas con la etiqueta Tareas Tema 3. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tareas Tema 3. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de noviembre de 2013

Proba sobre os músculos

Lista de músculos que debedes estudar e saber situar na imaxe muda ou silueta (lámina)que vos facilitarei. A proba será o venres 15.
En calquera das imaxes de abaixo son válidas para realizar o estudo dos músculos e a súa ubicación.

Recordade que temos unha parte anterior e outra parte posterior.!!!








domingo, 3 de noviembre de 2013

Tareas Tema 3

-Temporalización Tema 3: (curso 6º,ano 2013).
Comezo do tema: mañan 4 de novembro ata o 15 de novembro do 2013.
-Tareas: 
*Introducción ao tema "O aparato locomotor"
*Esquema do aparato locomotor:
*Imaxes e debuxos: consulta de webs e blogs.Vista de aplicacións. Consulta. Xogos interactivos.
*En equipo: Concurso "Quen sabe máis?". Elaboración de preguntas e respostas sobre o aparato locomotor.5 ou 4 preguntas,todos contra todos. Comodíns. Puntuación.Ver tareas tema 3 (ano 2011).
*Elaboración para el proxecto final de Ed.Física, en word o PPT, (informática).Relación transversal.
*Non haberá proba escrita (control ou exame) neste tema, só para aqueles que necesiten compensar algunha nota negativa. Xa o explicarei na aula.

martes, 8 de noviembre de 2011

Tareas para a semana do 7 ao 11 de novembro 2011

Estamos a traballar no tema 3: O aparato locomotor e as súas funcións. Onde os contidos principais son os ósos, músculos,articulacións e tendóns.
O martes 8, e o mércores 9 dedicarémolo ao concurso-xogo ¿Queres saber máis?  Participan 5 grupos de 5 alumn@s.
Consistirá en elaborar cada grupo 25 preguntas (5 cuestións cada un dos integrantes do grupo) e farán 20 preguntas a cada un do resto dos integrantes dos grupos. 
 Exemplo:
O grupo 1( composto por a,b,c,d,e, onde cada un ten 4 preguntas para facer ao resto: total 20): pregunta: a grupo 2 (composto f,g,h,i,j)
a pregunta a f
b pregunta a g
c pregunta a h
d pregunta a i
e pregunta a j
continuan asi co resto dos grupos. Cando remate o grupo 1, comeza a súa serie o grupo 2, ata que todo o grupo pregunte a todos.
Acerto 1 ponto.Pode pedir comodín,consiste en que os seus compañeiros lle axuden a responder,aconsellen ou informen, si acertan vale medio ponto.Pódense empregar dous comodíns en cada serie de preguntas.Gaña o equipo que máis pontos sumen.
Debedes consultar o libro, e o blog para elaborar as preguntas que deben versar sobre o tema 3: ósos, músculos,articulacións e tendóns e a súas funcións.

O venres 11 remataremos o concurso-xogo e comezaremos co tema 4: A reprodución humana

O luns 14, haberá o exame do tema 3.