-Século III: comeza a crise do Imperio Romano de Occidente, perda do poder do emperador.
Prodúcese a chegada dos pobos xermánicos ás provincias romanas.
-Século IV-V: Invasión ou incursión de pobos xermánicos de Centroeuropa: Suevos,Alanos,Vándalos no ano 409.Francos, e Visigodos (415-418 pacto ou foedus cos romanos e instálanse na Galia con capital Tolosa.No ano 507 instalanse no centro da Peninsula con capital en Toledo.).
O cristianismo convértese na relixión oficial dos pobos e reinos novos. O Papa é máxima autoridade relixiosa.
2.-Feudalismo: é unha nova organización social, económica e política que se inicia coa caída do Imperio Romano, prodúcese unha nova etapa histórica.
Na Alta Idade Media ( s.V ao s.X )a vida urbana entrou en decadencia, en parte pola desaparición da autoridade romana, que facía posible o desenvolvemento dun intenso comercio grazas á seguridade nos camiños e nas rutas marítimas e ao uso da moeda común.
Na Idade Media gran parte da poboación vivía no campo, en comunidades autosuficientes onde se producía todo canto se consumía. No campo buscaban a seguridade e vivían en feudos (son grandes territorios organizados cerca dun castelo.
O rei era a máxima autoridade, cedíalle os feudos aos nobres e estos convertíanse nos seus vasalos.
Os privilexiados eran: nobres e clero.
E os campesiños e artesáns formaban a xente do común.Pagaban impostos e prestaban os servicios aos seus señores.
Video Caida do Imperio romano de Hispania e invasión dos pobos bárbaros:
Os visigodos
Video resumo da Reconquista cristián da península contra ao Al-Andalus:
A partires do S.XI-XII (Baixa Idade Media) comeza o rexurdir das cidades,comercio,mercados, feiras,centro artesanais e comerciais, os gremios,catedrais,centros relixiosos e culturais.
Arte: romámico: (arco de medio punto,pranta de cruz latina...) e gótico (arco oxival e o rosetón (luz,color..)
Nas imaxes de abaixo podedes ver as diferenzas entre a Alta Idade Media (feudos,vida rural..) e Baixa I.Media (cidades,vida urbana..).
Na Idade Media prodúcese varias transformacións na sociedade, na economía e na política.
Nesta imaxe mostrase a vida nos diferentes ámbitos: Baixa I.Media
Arte Románico: pranta cruz latina, arco de medio punto,pouca luz, sobriedade....
Ex: A Catedral de Santiago de Compostela
No hay comentarios:
Publicar un comentario