jueves, 24 de mayo de 2012

Apuntes da Idade Moderna en España

1.-Idade Moderna en Europa:
    Esta época abarca dende 1492, co descubrimento de América por Cristóbal Colón, ata a Revolución Francesa en 1789. (s.XV a finais do s.XVIII).

Video do descubrimento de América por Cristobal Colón




Portugal estaba a vivir unha febre expansiva polo Atlántico, polas costas africanas,Azores, Madeira,Guinea,Sahara ata chegar as Indias dobrando o cabo de Buena Esperanza (navegantes coma Bartolomé Díaz,Vasco de Gama..).Máis tarde Brasil.
Cos Reis Católicos un mariñeiro chamado Colón consegue chegar a illa de San Salvador (A Española) no Caribe o 12 de outubro con tres carabelas (A Pinta, A Niña, e a Sta.María, sairon de Palos Huelva o 3 de agosto). Pensaron que chegaran as Indias, e realmente atoparon outro continente: América.
A partires deste momento (sobre todo Castela) comeza a colonización de América dende comezos do s.XVI: Cuba,Porto Rico,Florida, México, Perú...etc.... (exploradores e conquistadores: Vasco Nuñez, Hernán Cortés, Pizarro, Magallanes, Juan Sebastián Elcano..).
En 50 anos ( mediados do s.XVI ) explorouse e conquistouse prácticamente todo o continente americano, fundando cidades e organizando un imperio. A finais deste século, atravesouse o Pacífico ata chegar a Asia,Filipinas...
No século XVII,holandeses,ingleses, franceses asentáronse en Norteamérica e no Caribe.

De América se repartían as terras, esclavos, indios aos conquistadores.Creaouse un comercio de enormes cantidades de: sucre,coiros,patatas,ouro,prata,esmeraladas,mercurio,tomate,millo,tabaco,...e levouse para América: cabalos,vacas,ovellas,ferro,cereais...).

Houbo por tanto en Europa nesta época:
-Descubrimentos xeográficos: Asia,Africa,América por parte de Inglaterra,Portugal e Castela-Aragón.
-Desenvolvemento por tanto do comercio e das cidades: novas rutas comerciais.
-Avances tecnolóxicos: brúxula,astrolabio,carabelas,imprenta.....
-Aparición das monarquías absolutas,aumento do poder da nobreza-aristocracia.
-Xurden novas correntes relixiosas: católicos,protestantes (Lutero),anglicanos,..
-O arte recibe o nome de Renacemento (volta a cultura clásica de Grecia e Roma).En España chamase tamén Plateresco ex: en Salamanca, Alcázar de Toledo, S.Lorenzo do Escorial en Madrid...Artistas coma: O Greco,Velázquez,Cervantes, Lope de Vega, Calderón da Barca..

2.-A Idade Moderna en España:
Comeza co reinado (unión Castela e Aragón) dos Reis Católicos (Isabel e Fernando)).Que unifica a Península e os reinos cristiáns, coa expulsión do reino musulmán de Granada.
Sucedelle o seu neto Carlos I da Casa dos Austrias (Maiores) (V de Alemaña) en 1516.Gobernará parte de Europa,Italia,América..).

Carlos I: O Imperio Español



Seguiulle o seu fillo Filipe II, que continuou coa política expansionista polo mundo formando o gran Imperio Español.Foi a etapa da maior hexemonía española e conquista de Portugal (1580).Dura pugna cos turcos (batalla de Lepanto, onde participou Cervantes) e Inglaterra (coa derrota da Armada Invencible en 1588).
Despois Filipe III,IV (dende 1598-1621e 1621 a 1665).
Dende 1665 ata 1700 Carlos II, que morre sen descendencia e prodúcese a Guerra de Sucesión polo trono, que pasaría a Casa dos Borbón (da Francia de Luís XIV ) con Filipe de Anjou (Filipe V) e despois outros reis: Fernando VI,Carlos III, Carlos IV,Fernando VII,.....(dende 1700-1808 Os Borbóns).
En 1704 perdese Xibraltar cos ingleses, e territorios en Italia, Paises Baixos,(Paz de Utrech),América
..pasará a gobernar G.Bretaña no panorama mundial.




Este período S.XVII e XVIII foi:

S.XVII:
-Unha etapa de crise en España polas longas,custosas guerras e batallas en diferentes frentes.
-Diminuiu a poboación coas guerras, fame,pestes,epidemias,colleitas...
-Graves rebelións políticas: Independencia de Portugal en 1640, con Cataluña,..

-A pesar da crise a nivel cultural e artístico España viviu unha época dorada culturalmente, chamada o Século de Ouro (no s.XVII) con grandes pintores:Velázquez,Zurbarán, Murillo,O Greco,Ribera.... e en literatura: Cervantes,Góngora,Quevedo,Garcilaso da Vega, Calderón de la Barca, Tirso de Molina.. É o período de desmesura, confusión,dinamismo, exaltación todo o contrario ao clásico, chamase esta expresión artistica: O Barroco: é o arte da poderosa nobreza, aristocracia da Contrarreforma, dos católicos xa que España defendeu estas ideas coas armas derramando sangue nos campos de batalla do continente.
S.XVIII
-En 1700 a guerra de Sucesión tras morrer Carlos II sen descendencia.Houbo grandes reformas, leis novas, creación das Reais Academias,Fábricas..
-Reformismo e recuperación económico e social   no s.XVIII. É o momento da Ilustración, dos intelectuais,do novos pensamentos,avances nas ciencias,reais academias,pulo cultural,nace a Real Academia Española, periódicos,estudos,sociedades, o arte Rococo (final do Barroco) e o Neoclásico.....


Guerra de Sucesión: recreada en video moi cortiño!!







O artista por excelencia desta etapa, do S.XVIII-XIX é o pintor: Goya (1746-1828): Que reflexa a época e o arte destes séculos de xeito maxistral.En tapices, retratos,grabados,comics, pinturas negras, tauromaquia, obras coma "Fusilamentos do 2 de maio", e os "Desastres da guerra", "As Majas".....Que merece un tema a parte.

O Absolutismo dos monarcas no século XVIII en España (Os Borbóns) e Europa








No hay comentarios:

Publicar un comentario