Historia Medieval de España
Breve introducción
A historia medieval de España abarca dende a caída do Imperio romano de Occidente no século V (aínda que non deixa de ser un período de transición) ata o fin desta idade, que tradicionalmente se considera finalizada a mediados do século XV en Europa e en España marca un ano significativo o de 1492 co descubrimento do novo mundo (América) e a conquista de Granada expulsando da Península Ibérica aos musulmáns.
Tras a caída do Imperio Romano de occidente ata o s. VII España estivo integrada na Hispania wisigothorum (Reino de Toledo, reino visigodo). Partes dela dominábanas os suevos, vándalos e alanos.A España visigoda xuntou esforzos para unificala conforme á herdanza romana e conseguiu unificala finalmente co rei Suintila.
Tras a caída do Reino de Toledo polas tropas musulmás(invasión musulmana) ,nas batallas coma a de Guadalete e Cæsar Augusta (Zaragoza). Tras isto xurdiron núcleos cristiáns (reconquista) de oposición ao dominio islámico na península, como o Reino de Asturias que se fixo forte tras a batalla de Covadonga, xurdiría do reino de Asturias o reino castelán, que en principio se denominaba Condado de Castella. Xurdiron núcleos máis ao leste como o Reino de Navarra, e algúns núcleos de resistencia nos Pireneos, como Aragón, Pallars, os condados cataláns... (que serían absorbidos pola marca hispánica que representaba un protectorado e bastión cristián na península comandado polo Imperio carolinxio).
Tras isto Castela fíxose forte e independendizouse do entón Reino Astur-leonés reinando Ramiro II. Máis tarde se configurarían en España unha serie de reinos: Castela, León, Aragón e Navarra, sendo Castela o máis importante estendéndose a súa lingua (o castelán) por toda Hispania.
No s. VIII comeza unha nova mentalidade de reconquista, inspirado en recuperar a antiga Hispania visigoda, aínda que, en realidade, estes núcleos cando estaban os visigodos no poder estaban en contra deste. Dende a Hispania visigoda conseguiuse a volver unir a Hispania case na súa totalidade en 1492 coa conquista de Granada e despois de antes unirse en matrimonio os Reis Católicos. Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón.Carlos I e despois Felipe II herdaría entre multitude de territorios extrapeninsulares a Portugal uníndose así de novo totalmente a Hispania. Portugal volveríase independendizar nas simultáneas revoltas de Cataluña e Portugal.
Con estas mapas podedes ver a evolución da invasión dos pobos de centroeuropa e declive do Imperi romano dende o s.IV d.C. ata a entrada e expulsión dos musulmáns.
Mapa do Imperio Romano no S.IV-V d.C.,comezo das invasións dos pobos Xermánicos
Invasión pobos xermánicos na peninsula s. VI d.C. : visigodos, suevos, alanos, vándalos.....
Mapa da Península Ibérica co asentamento dos pobos xermánicos S.VI d.C
No hay comentarios:
Publicar un comentario