domingo, 10 de junio de 2012

Breve resumo do século XIX e XX en España

A Idade Contemporánea en España comeza a finais do século XVIII,coa Revolución Francesa de 1789,
pero outros historiadores sitúan o comezo coa Guerra de Independencia con Francia.
En 1807, Francia e España firmaron un tratado que lles permitía ás tropas francesas atravesar España para ocupar Portugal.Non obstante, o exército francés incumpriu o tratado e invadiu algunhas cidades españolas.A actitude das tropas francesas causou un gran malestar entre a poboación, que estalou en 1808 no Motín de Aranxuez.Ante a presión popular, o rei Carlos IV tivo que lle ceder o trono ao seu fillo, Fernando VII.
Napoleón, o emperador de Francia, aproveitou os problemas na familia real española para substituir o rei español e nomear o seu irmán, Xosé Bonaparte, rei de España.Pero a poboación de Madrid non aceptou o rei francés e, o 2 de maio de 1808, sublevouse contra os franceses.Así comezou a Guerra de Independencia.( que tan ben retratou o pintor Goya).
A Guerra de Independencia foi unha guerra tamén civil. A poboación española dividiuse en dous grupos:
Por un lado, os patriotas pedían o regreso ao trono de Fernando VII (dentro de este grupo había absolutistas que querían todo o poder para o rei e os liberais, que querían elaborar unha Constitución para limitar o poder do rei).
Por outro lado os afrancesados eran partidiarios de ter un rei francés.
En 1810 ,en plena guerra, reuniuse en Cádiz un grupo de representantes dos patriotas que despois de longas conversacións aprobaron a 1ª Constitución española (aprobouse o 19 de marzo de 1812, festividade de San Xosé.Por iso se coñece como a Pepa).
A Constitución de Cádiz limitaba o poder do rei (dereitos,igualdade,o sufraxio=dereito a votar).
A guerra rematou en 1814 co triunfo dos españois e Fernando VII foi recoñecido rei de España de novo.
O reinado de Fernando VII: pretendía ser un rei absolutista, suprimiu a Constitución de Cádiz e perseguiu aos liberais (huiron algúns outros rebeláronse en pronunciamentos militares (levantamentos, asaltos).Grazas a este desorde moitas colonias americanas iniciaron os procesos de independencia.En 1816, independizouse a primeira colonia,Arxentina, e para 1824 xa se independizaron todas, excepto Cuba.

O trono de Isabel II: sucesora en 1833 de Fernando VII, consolidouse a monarquía constitucional ou parlamentaria coma na maioria de estados de Europa.Limitaba o poder a Constitución (1837).Ainda que había diferentes opinións a este respeto en moderados (querían darlle máis poder á raiña) e progresistas, querían darlle máis importancia á Constitución e diminuir o poder da raíña)..Continuaron os pronunciamentos militares e producironse numerosos cambios de goberno.En 1868, a poboación, cansa de tanta inestabilidade, provocou unha revolución e expulsou de España a Isabel II.

Finais do século XIX
Finalmente , tras a expulsión da raíña, accedeu ao trono un monarca estranxeiro, Amadeo de Saboia,que apenas reinou dous anos.Ante este fracaso proclamouse unha República (1ª).Tamén fracasou, por iso en 1874, decidiuse de novo restaurar a monarquía dos Borbóns.Comeza así o reinado de Alfonso XII.

Principios século XX
1.-Reinado de Alfonso XIII
En 1902, accedu ao trono Alfonso XIII,aínda que a pobación seguía descontenta co goberno.A perda de Cuba e Filipinas en 1898, últimas colonias,e as derrotas militares en Marrocos provocaron un forte malestar social.

2.-Ditadura de Primo de Rivera
En 1923, o xeneral Primo de Rivera aproveitou este descontento e deu un golpe de Estado,instaurou unha ditadura é dicir,asumiu os poderes do Estado, suprimiu a Constitución e prohibiu os partidos políticos.O rei perdeu case toda a súa importancia.
A ditadura rematou en 1930, cando o xeneral Primo de Rivera dimitiu.

3.-A II República:
En 1931, houbo eleccións tras a dimisión do xeneral Primo de Rivera.Nelas triunfaron ospartidarios de instaurar unha república.Por iso, o rei Alfonso XIII abandonou España e proclamouse a II República.
O goberno republicano emprendeu numerosas reformas, elaborou unha Constitución (1931), que por primeira vez, se recollía o dereito ao voto as mulleres.Tamén repartiu terras entre os campesiños, escolas públicas, aumento de salario aos obreiros, e os primeiros Estatutos de Autonomía.
Estas reformas trouxeron, non obstante, graves enfrontamentos entre os que estaban a favor e en contra (cada vez máis intensos e houbo incluso asesinatos de algúns políticos).

4.-A Guerra Civil.(1936-1939)
Nun ambiente de crispación, o 18 de xullo de 1936, o xeneral Francisco Franco deu un golpe de Estado para terminar co goberno da II República e deu comezo a Guerra Civil que durou ata 1939.
A poboación española dividiuse en dous bandos: republicanos apoiou o goberno da República, mentras que o bando sublevado, tamén chamado nacional, apoiou o levantamento de Franco.
Despois de máis de dous anos, o bando nacional ocupara gran parte do territorio de España. En 1939, as tropas do xeneral Franco ocuparon Barcelona,Valencia, Madrid, Cartaxena e Alacante.A guerra rematara.

5.-Ditadura de Franco
En 1939, o xeneral Franco comezou a súa ditadura.Converteuse no xefe do goberno,do Estado  e do exército.Suprimiu a Constitución e promulgou no seu lugar unhas leis en que se recoñecían algúns dereitos e se limitaban outros.Ademáis os partidos políticos e os sindicatos foron substituídos por un único partido e un único sindicato, controlados polo goberno.
Os primeiros anos de ditadura foron difíciles.A represión foi moi dura.Miles de persoas que apoiaron a república foron condenadas e moitas exiliaronse.Romperonse relacións diplomáticas cos paises e quedou illada internacionalmente España.
A poboación empobreceu, falta de alimentos de primeira necesidade.
Esta situación cambiu lentamente a partires de 1950, mellora a economía, relacións exteriores.Falta de democracia ata a morte de Franco en 1975.

No hay comentarios:

Publicar un comentario