Esta semana continuamos co tema 10 : Climas e rios de España para rematar xa o 2º trimestre.
Non faremos proba escrita, ou exame.
Trateremos este tema dun xeito práctico, como interpretar un climograma, mapas sobre os climas de España, elaboración de esquemas, mapas e climogramas e interpretación de mapas do tempo, isobaras,estadísticas ben a través da prensa , informativos e aplicacións, efecto invernadeiro, quecemento global (sensibilización medioambiental)....
A actividade de hoxe era nombrar, citar: o relevo e accidentes nun viaxe dende Santiago-Xixón-Bilbao-Zaragoza-Barcelona-Madrid-Santiago. E nunha viaxe Santiago-Fuente Dé.Saber localizar o relevo, golfos, cabos, depresións, serras, sistemas e orientalos segundo sexa a direccion e sentido da viaxe en coche.
Estos días correxiremos as posibles rutas e o que nos podemos atopar na viaxe.
Maña martes 27 e mércores 28, faremos un resumo-esquema sobre o clima, características e interpretación dun climograma comparando o de varias cidades de España, e elaboración dun mapa con colores dos climas de España.Para mañan non hai actividades para casa!!.
Teremos tamén mañan as 10 h a presentación das Xornadas Ti podes eles poden do departamento de orientación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario