Nesta semana do 26 ao 30 de marzo estamos a estudar e introducirase no tema dos climas de España e a hidrografía.
Debido a semana-xornadas "Ti podes, eles poden"( de sensibilización sobre a discapacidade), non tivemos clase de coñecemento martes e mércores,(e xunto a folga xeral de hoxe) por tanto debemos tratar este tema cun proxecto e empregando este blog e os enlaces correspondentes que vos deixo aqui publicados nas entradas dende o luns 26.
O proxecto (para facer na libreta ou en 2 folios, máximo) consiste en:
1.-Elaborar (de xeito moi curto) as definicións da páxinas 128/129 (rios de España)(Ollade esquema do enlace).Sería bo facer un similar ao do enlace!! ou copiadeo.
2.-Collede un mapa do tempo dun xornal e contade en poucas líneas cal é o tempo dese día ou semana en España.Por exemplo interpretación por comunidades: nuboso, soleado,precipitacións, temperaturas....
3.-Elaborar un mapa (con letra,colorea as vertentes cos seus respectivos ríos)dos ríos de España (ver os apuntes que vos pusen de ríos).Por exemplo:( ríos da mesma vertente co mesmo color como está no mapa do libro ou do enlace de hidrografía)
Para entregar, ver, revisar, evaluar (os máis perezosos) na semana do 9 ao 13 de abril.
Mañan venres, 30 de marzo, comentareino e aclararei dudas sobre este proxecto.
E publicarei algunhas pautas o indicacións si tedes algún problema para facelo.
Podedes preguntarme por correo. tito.info6@yahoo.es, ou a volta de vacacións de Semana Santa, xa que a data tope é o venres 13 de abril.
Que teñades unhas boas vacacións e a descansar!!que queda o derradeiro trimestre e algúns tedes que apretar para conseguir chegar a porto todos xuntos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario