Estos contidos relacionados coa descrición dos aparatos reprodutores atraerán vivamente a vosa curiosidade, cuxa sexualidade estades empezando a espertar pola inminente entrada na pubertade (entre os 11 e 15 anos).Por elo trataremos tamén algúns contidos transversais sobre as relacións, gustos e a necesidade de establecer relacións baseadas nun trato igualitario,etc..(Por exemplo o 25 de novembro: "Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero (o asesinato das irmáns Miraval na Rep.Dominicana polo Xeneral Trujillo en 1960)", o respeto...)
A groso modo trataremos:
A reproducción humana:
1.-Caracteres sexuais: primarios e secundarios e celulas reprodutoras.
2.-Aparatos reprodutores: masculino e feminino e a fecundación.
3.-Embarazo e parto: desenvolvemento do embrión,desenvolvemento do feto e o parto.
Ampliaremos información sobre ou:
-Embarazos múltiples, xemelgos(univitelinos, bivitelinos) ,parecidos psicolóxicos,e non só físicos,e os estudos o longo da historia.
-Falaremos da sexualidade sen vergoña, naturalidade e con carácter científico,de emocións e implicacións coa axuda dos pais e nais.Empregando o diálogo, para evitar falsas crenzas e errores nas relacións.
-O papel no metabolismo, das hormonas producidas nos órganos sexuais: testosterona no home (testículos), e os estróxenos e a proxesterona na muller (ovarios).Según época,concentración,producen estados de ánimo,desexo,..en definitiva, as hormonas son un dos principais factores que determinan a forma en que unha persoa vive a súa vida.
Vocabulario para buscar e coñecer:
Carácter sexual primario: característica que diferencia o aparato reprodutor masculino e feminino.Carácter sexual secundario: característica externa que diferencia homes e mulleres.
Cesárea: operación cirúrxica que se realiza abrindo a matriz uterina para extraer o bebé.
Cigoto: célula resultante da unión do óvulo e do espermatozoide despois da fecundación.
Flaxelo: prolongación celular lorga en forma de látego que lle permite á célula a súa mobilidade.
Pubertade: etapa do desenvolvemento en que se desenvolven os caracteres sexuais secundarios.
acné: enfermidade da pel caracterizada por unha inflamación crónica das glándulas sebáceas que adoita producirse na pubertade.
banco de células: lugar en que se almacenan células sanguíneas procedentes de cordón umbilical, para o seu posterior uso clínico.
Ecografía: técnica médica de exploración mediante ondas electromagnéticas ou acústicas, que rexistra o eco producido na súa propagación.(O seu mecanismo e similar a como os morcegos perciben os obstáculos na escuridade mediante a emisión de ultrasóns e a detección do seu eco).
A reproducción humana é unha función vital mediante a cal os seres humanos orixinan outros similares a eles.
É de tipo sexual, é dicir precisa da unión de células sexuais masculina e feminina.Ademáis somos vivíparos (interna) e mamíferos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario