martes, 26 de noviembre de 2013

Tema 4 A Reprodución

Algún vocabulario da unidade:
-Carácter sexual primario: característica que diferencia o aparato reproductor masculino do feminino.
-Carácter sexual secundario: característica externa que diferencia homes de mulleres.
-Puberdade: etapa do desenvolvemento en que se desenrolan os caracteres sexuais secundarios.
-Cigoto: célula resultante da unión do óvulo e do espermatozoide despois da fecundación.
-Flaxelo: prolongación celular longa en forma de látego que lle permite á célula a súa mobilidade.
-Cesárea: operación cirúrxica que se realiza a matriz uterina para extraer o bebé.
-Acné: enfermidade da pel caracterizada por unha inflamación crónica das glándulas sebáceas que adoita producirse na puberdade.
-Banco de células: lugar en que se almacenan células sanguíneas procedentes do cordón umbilical, para o seu posterior uso clínico.
-Ecografía: técnica médica de exploración mediante ondas electromagnéticas ou acústicas, que rexistra o eco producido na súa propagación.
Descubertos a finais do s.XIX uns sons moi agudos que non podían ser percibidos polo oído humano.Aproveitando este descubrimento, a mediados do século XX deseñáronse aparatos de sonar pequenos, aparatos de ecografía, e aplicáronse en medicina.Os resultados foron  asombrosos: podíanse ver os vasos sanguíneos, detectar tumores, pedras no ril, controlar o desenvolvemento do feto etc....

Non se inclúe aquí aqueles termos que xurden durante a chuvia de ideas, preguntas, inquietudes ou na exposición e estudo do tema. Ex: embarazos e partos múltiples, cambios na puberdade (naturalidade deste proceso (cambio físico e psicolóxico), xa que todos pasamos por este proceso, a importancia do aseo diario....)

A Reprodución:
4.1.-A reprodución: Caracteres sexuais primarios e secundarios. Células reproductoras.
4.2.-Os aparatos reprodcutores (feminino e masculino). A fecundación.
4.3.-O embarazo e o parto: Desenvolvemento do embrión, do feto e o parto.


Actividades: Temporalización (4º semana novembro)
-Lectura comprensiva e literal da unidade, páxinas 44, 45, 46, 47. Chuvia de ideas previas e posta en común.
-Elaboración esquemas conceptuais página: 44, 45, 46,
-Exercicios: nº 1 e 2 páxina 47. Realización de debuxos do espermatozoide e óvulo, e dos aparatos reproductores masculino e feminino (xunto co esquemas).

Ampliación:
Os cambios da puberdade, asi como os que se producen ao longo do ciclo menstrual están controlados por determinadas hormonas: a testosterona, no home, e os estróxenos e a proxesterona, na muller. Estas prodúcense nos órganos sexuais: os testículos e os ovarios respectivamente.
O papel que desempeñan as hormonas no metabolismo é moi importante: non só dirixen estes cambios irreversibles, senón que a súa diferente concentración ao longo dos días, dos meses, das épocas do ano e incluso da vida produce tamén importantes cambios no estado de ánimo, na eficacia coa que se asimilan os nutrientes, do desexo sexual, nas relación emocionais.... En definitiva, as hormonas son un dos principais factores que determinan a forma en que unha persoa vive a súa vida.

(Relación coas fases lunares, a lúa, as mareas, o crecemento, na agricultura, cultivos, podas, creenzas populares?que hai de certo?.Saber popular: comentar avós.....


ALGÚNS DEBUXOS:

 








Aparato reproductor masculino:
-Parte externa: escroto ( no seu interior están os testículos (espermatozoides) e o pene

-Parte interna: conductos deferentes, vesículas seminais, uretra, próstata, vexiga).







Para saber máis!!!!
Todas e cada unha das partes que se mencionaron anteriormente teñen un papel fundamental na reproducción humana; sen elas, ésta non sería posible. Os casos de esterilidade permanente dos homes danse por algunha disfunción nalgunha destas partes, facendo imposible poder chegar a ter unha reproducción.
Algúns homes teñen, ademáis, o que se chama unha producción baixa de espermatozoides, o cal  atribúese tamén a un mal traballo dos testículos, os cales producen espermatozoides pero en poca cantidade. Este feito por sí mesmo non implica que non poida haber reproducción, pero si disminúe moito as posibilidades de que esta se produza. As causas de esta baixa producción de espermatozoides se deben ao abuso do consumo de bebidas alcohólicas, abuso das drogas ou o tabaquismo.
Por outro lado, os homes tamén poden sufrir os que se coñecen como “espermatozoides vagos”, o cal fai tamén que a reproducción sexa moi difícil de levar a cabo. Ámbalas situacións son físicas e  debese ter en conta que os homes, ao igual que as mulleres, están fortemente dominados polo seu sistema nervioso e psicolóxicamente. Esto conlevará que situacións de estrés, moito traballo, cansancio, etc., afecten á producción de espermatozoides ou de semen. Neste caso, pero, non se trata de ningún síndrome de esterilidade, xa que con relax e tempo, arréglase. Os espermatozoides vagos o a producción baixa deles, non é temporal e, ainda que se poden probar algúns tratamentos, soe ser irreversible.






No hay comentarios:

Publicar un comentario