martes, 24 de abril de 2012

Considérase que a Prehistoria é unha especialidade científica que estuda, por medio da escavación, os datos deste período da Historia que precedeu á invención da escritura e no que os restos arqueolóxicos son a nosa principal fonte de información.
A metodoloxía de base para a obtención de datos na Prehistoria é a Arqueoloxía entre outras disciplinas ( Paleoantropoloxía, Antropoloxía,Paleontoloxía,Física nuclear...).

A prehistoria (do latín præ: 'antes de', e do grego: 'historia') é, segundo a definición clásica, o período de tempo transcorrido dende a aparición do home (Homo sapiens sapiens) ata a invención da escritura, hai máis de 5000 anos (aproximadamente no ano 3300 a. C.). Pero segundo outros autores remataría coa aparición das sociedades complexas (poboacións) que deron lugar ás primeiras civilizacións e Estados ("Revolución neolítica").

África é o berce da humanidade e actualmente é continente con máis pobos prehistóricos.

Prehistoria e historia na Península Ibérica
No estudo da Prehistoria e neste caso a da península ibérica, existe un problema fundamental que dificulta a súa investigación: a cronoloxía exacta. Sobre todo as datas relativas aos seus primeiros habitantes, a procedencia destes e o seu enlace étnico cos distintos tipos prehistóricos e a súa localización.

A historia de P.Ibérica propiamente dita, comeza coa chegada dos pobos colonizadores (fenicios, gregos, cartaxineses e, posteriormente, romanos). Estaban culturalmente máis adiantados que os habitantes peninsulares nativos e impuxeron sobre eles a súa economía, os seus costumes e as súas tradicións.

Os nosos antepasados
A hominización é o proceso evolutivo da especie humana. Dende que Darwin publicou El orixe das especies en 1859, formuláronse diversas hipóteses, aínda que hoxe se sabe que a evolución non seguiu un desenvolvemento lineal, senón que houbo variacións continentais.
A historia da presenza humana na península ibérica remóntase a uns 800.000 anos, tras o descubrimento dun dos primeiros antepasados dos seres humanos no depósito da Gran Dolina en Atapuerca (Burgos) e ao que se lle bautizou como Homo antecessor. Ademais de en Atapuerca, encontráronse restos en Cúllar (Granada), na provincia de Xaén e na zona do río Manzanares en Madrid.

Moito máis recente é a presenza do home de Neanderthal. Os seus primeiros restos, encontrados en Xibraltar, foron datados nuns 60.000 anos atrás. Hai 40.000 anos aparecen os primeiros restos na península do Homo sapiens.


Na Península Ibérica: (debemos ter en conta)
Á hora de estudar a historia de España, é preciso ter en conta algunhas das características orográficas e climáticas que influíron no desenvolvemento histórico español.

O carácter peninsular explica unha historia condicionada polo mar, do que chegaron grandes influencias e intercambios culturais. Por outro lado, o illamento respecto ao Norte de Europa causado pola fronteira natural dos Pireneos, en ocasións contribuíu a orixinar unha relativa separación entre a evolución na península ibérica e a do resto de Europa. Ademais, a súa situación xeográfica constituíu o eslabón que une Europa e o Norte de África, formando un nexo de interconexión entre os factores histórico-culturais procedentes dos continentes africano e europeo.
En canto á xeografía interior, estivo determinada por un relevo complexo e un clima moi variable


Paleolítico dividese en tres etapas:
  • Paleolítico Inferior, del 1.500.000 al 100.000 a. C.
  • Paleolítico Medio, del 100.000 al 35.000 a. C.
  • Paleolítico Superior, del 35.000 al 10.000 a. C.

No hay comentarios:

Publicar un comentario